Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1997 pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto ramal da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 19 de

febreiro de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto do ramal da Coruña. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles

gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución,

podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 16 de setembro en Abegondo, Carral e Cambre.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagas, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 14 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

RELACIÓNS DE TITULARES DESCOÑECIDOS

-Termo municipal de Abegondo

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-AG-510Descoñecido1895962Monte alto16-09/09.00

-Termo municipal de Carral

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-CR-53Descoñecido355304137T. labor16-09/09.30

-Termo municipal de Cambre

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-CM-32Descoñecido9898075477Monte baixo16-09/10.00
C-CM-45Descoñecido101307925Monte alto16-09/10.00

6751