Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1997 pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto da rede da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 19 de febreiro de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto da red da Coruña. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 16 de setembro en Cambre; 17 de setembro en Arteixo; 18 de setembro na Coruña e 19, 22 e 23 de setembro en Culleredo.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagas, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 14 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

RELACIÓNS DE TITULARES DESCOÑECIDOS

-Termo municipal de Cambre

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-CM-221Descoñecido 157010204Pradería16-09/10.00
C-CM-223Descoñecido 4040010149Pradería16-09/10.00
C-CM-225Descoñecido 4242010149T. labor16-09/10.00
C-CM-235Descoñecido 595751119Pasto16-09/10.00
C-CM-262Descoñecido 65511199Pasto16-09/10.00
C-CM-277Descoñecido 25250144T. labor16-09/10.00
C-CM-292Descoñecido 858301327Monte alto16-09/10.00
C-CM-293Descoñecido 161751326T. labor16-09/10.00
C-CM-298Descoñecido 333251328Pasto16-09/10.00
C-CM-300Descoñecido 242751330Monte alto16-09/10.00
C-CM-305Descoñecido12012001335Monte alto16-09/10.00
C-CM-237Descoñecido231231011, 21, 23

26, 27, 28

32, 272, 273

T. labor16-09/10.00

-Termo municipal de Arteixo

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-AX-70Descoñecido 14847119Monte alto17-09/10.00
C-AX-78Descoñecido 301807126, 27T. labor17-09/10.00
C-AX-113Descoñecido 03071117Pradería17-09/10.00
C-AX-129Descoñecido 808007749Monte alto17-09/10.00
C-AX-135Descoñecido11077069118T. labor17-09/10.00

-Termo municipal da Coruña

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-C-2Descoñecido151235824Pasto18-09/10.00
C-C-2/1Descoñecido30390812Pasto18-09/10.00
C-C-10Descoñecido 845812Pasto18-09/10.00
C-C-16Descoñecido596657266Pasto18-09/10.00
C-C-30Descoñecido557457425Pasto18-09/10.00
C-C-35Descoñecido708957513Pasto18-09/10.00
C-C-37Descoñecido545557528Pasto18-09/10.00
C-C-39Descoñecido 0107531T. labor18-09/10.00
C-C-40Descoñecido223357532T. labor18-09/10.00
C-C-43Descoñecido223407535T. labor18-09/10.00
C-C-45Descoñecido 8457557Pradería18-09/10.00
C-C-49Descoñecido 0807563Pradería18-09/10.00
C-C-53Descoñecido452857568T. labor18-09/10.00
C-C-65Descoñecido102007700T. labor18-09/10.00
C-C-69Descoñecido283707695T. labor18-09/10.00

-Termo municipal de Culleredo

Predio nº

Titular

Afección

SP(ml)OT(m)

Dat. Cat.

Pol.Par.

Natureza

Día/hora

C-CU-115Descoñecido 253251818Pasto23-09/10.00
C-CU-153Descoñecido 33330 5203Pradería23-09/10.00
C-CU-169Descoñecido 38456 42T. labor23-09/10.00
C-CU-171Descoñecido 50470 21Pradería23-09/10.00
C-CU-178Descoñecido1621660 215T. labor23-09/10.00

6618