Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día catro de agosto de mil novecentos noventa e sete, o proxecto técnico da obra de abastecemento de augas ó concello de Oza dos Ríos (ampliación do abastecemento actual e substitución da toma ou captación), cun orzamento total, IVE incluído, que ascende á cantidade de 202.000.659 pesetas, exponse ó público polo prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG para efectos de reclamacións.

Oza dos Ríos, 5 de agosto de 1997.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde

6706