Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 229/1997, do 25 de agosto, polo que se establece o modelo de xestión e administración baixo a fórmula de fundación pública, dos hospitais Virxe da Xunqueira e A Barbanza.

Advertidos erros no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia número 165, do 28 de agosto de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.298, no artigo 6.a, onde di: «a) O réxime xurídico será o previsto nos respectivos estatutos», debe dicir: «a) O réxime xurídico será o previsto nos respectivos estatutos das fundacións».

-No anexo I, artigo 1.3, onde di: «3) O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten de aplicación.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.», debe dicir: «3) O domicilio da fundación establécese no Hospital Virxe da Xunqueira, concello de Cee, provincia da Coruña.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten de aplicación.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.».

-Na páxina 8.303, anexo I, artigo 20.3, onde di: «3.- Tamén e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes na mesma área de saúde, poderán desempeña-lo seu traballo na fundación os facultativos especialistas de área procedentes do complexo hospitalario de referencia, na forma que estableza a súa xerencia en coordinación coa dirección da fundación», debe dicir: «3.Tamén e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación».

-No anexo II, artigo 10.2, onde di: «2.O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1. Presidente: o director-xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Vocais natos:

-O director médico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O director de xestión (ou director operativo) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O xerente da área de atención primaria.

-O director da fundación...», debe dicir: «2.- O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1. Presidente: O xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Vocais natos:

-O director médico ou director operativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O xerente da área de atención primaria.

-O director da fundación...».

-Na páxina 8.305, no artigo 10.2, onde di:

«b) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

c) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que lles preste

servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa licenciado en dereito», debe dicir:

«c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que lles preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa licenciado en dereito».

-Na páxina 8.307, no anexo II, artigo 20.3, onde di:

«3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos ordinarios públicos existentes na mesma área de saúde, poderán desempeña-lo seu traballo na fundación os facultativos especialistas de área procedentes do complexo hospitalario de referencia, na forma que estableza a súa xerencia en coordinación coa dirección da fundación.», debe dicir: «3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación».

6482