Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.619

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia.

A iniciativa e o protagonismo da sociedade fixeron posible a propia existencia e estructuración do feito deportivo. Os clubs, as asociacións veciñais, os pequenos grupos dos colexios e os propios cidadáns estructurárono.

Esta lei debe facilitarlles fundamentalmente os medios necesarios para a plena efectividade deste feito e este dereito ós distintos axentes sociais establecendo ó mesmo tempo unha política deportiva clara e concisa. Esta política debe sustentarse en dous grandes apartados:

1) Dun lado, a infraestructura, o ensino e o fomento da actividade deportiva.

2) Doutro, a delimitación das competencias das administracións públicas e as funcións das entidades deportivas.

En canto ó primeiro apartado, preténdese chegar a un acordo entre as institucións en relación coa política de instalacións deportivas partindo do coñecemento exacto da realidade galega mediante un censo actualizado. Establecerase unha planificación, programación e construcción de instalacións deportivas dotadas dos equipamentos necesarios no territorio da Comunidade Autónoma e prevendo a inclusión nos plans e nas normas de ordenación urbanística das reservas de espacio necesarias e suficientes para este fin; considerando conveniente o aproveitamento adecuado do medio natural e dos espacios libres que sexan máis idóneos para as actividades deportivas.

No relativo ó ensino do deporte, á súa promoción, á ordenación e á investigación deportiva establécese a colaboración coas universidades galegas e asúmense competencias relativas á formación de técnicos en colaboración coas distintas federacións, sen prexuízo do disposto na lexislación do Estado.

O deporte, actividade espontánea, libre e voluntaria do individuo, é un ingrediente fundamental na formación integral do ser humano e constitúe, así mesmo, un elemento determinante na constitución do benestar social, a mellora da calidade de vida e a utilización constructiva do tempo libre.

Esta lei pretende fomenta-la actividade deportiva como un hábito de saúde, benestar e correcta utilización do ocio, así como conseguir unha maior equidade na prestación de subvencións económicas e un sistema de funcionamento plural aberto a tódolos deportes e a tódolos cidadáns. Os poderes públicos da Comunidade Autónoma garantirán o libre acceso de todo cidadán en igualdade de condicións e oportunidades ó coñecemento e á práctica deportiva. Así

mesmo, o concepto de «actividade deportiva xeral» interprétase e desenvólvese tratando de impulsa-lo deporte de competición, o de participación e o de alto nivel, ó mesmo tempo que as prácticas deportivas especiais, considerando como tales as realizadas por persoas nas que concorran circunstancias diferenciadoras por razón de idade, condición física ou psíquica ou situación persoal.

Respecto do segundo apartado, competencias das administracións públicas galegas e funcións das entidades deportivas, a Administración autonómica asume a súa responsabilidade e tutela sobre o deporte.

Esta lei parte de que a raíz da Constitución de 1978 é ás comunidades autónomas ás que lles corresponden as competencias en canto ó feito deportivo na súa totalidade no seu propio ámbito territorial e, por iso, correspóndelles determinar en qué consisten as competencias concretas das restantes entidades e administracións en materia deportiva, sen prexuízo do disposto pola lexislación estatal sobre a materia.

Unha vez que a Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a competencia exclusiva e plena no sector deportivo e o municipio e a provincia teñen reservado un campo de actuación nel a través da Lei de bases do réxime local, a Comunidade Autónoma está plenamente facultada para utilizar na súa lexislación os criterios de redistribución de competencias que coide oportunos, o cal se levará a cabo a través desta lei, establecéndose claramente as competencias que lles correspondan ás provincias e ós concellos dentro da política deportiva xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e á cal as ditas entidades locais deberán someterse no exercicio das súas competencias na materia.

É especialmente importante establecer unha coordinación entre a Xunta e as entidades locais en materia de instalacións e actividades deportivas.

O exercicio da competencia da Comunidade Autónoma levarase a cabo de acordo cos principios de coordinación, colaboración, descentralización e eficacia en relación coas demais administracións públicas e cos entes deportivos.

Así mesmo, a Administración autonómica promoverá e impulsará as medidas de prevención, control e represión relativas ó uso de substancias prohibidas na práctica deportiva e no referente á violencia no deporte e en espectáculos deportivos.

Aténdese especialmente a dotar das funcións necesarias as distintas entidades deportivas recoñecendo a importancia que lle corresponde ó deportista como suxeito fundamental do feito e do dereito deportivo, á vez que suxeito de atención preferente nesta lei, polo que a Administración promoverá e coidará que os deportistas no exercicio da súa actividade conten cos medios necesarios para dispoñer dos servicios médicos e de asesoramento que permitan, por unha banda, un adecuado control sanitario de deportistas

e instalacións, ademais da protección a aqueles mediante un sistema de previsión ou Seguridade Social, e, por outra banda, a cobertura de dereitos esixibles a través dos mecanismos de impugnación de acordos e reclamación ante as distintas instancias deportivas.

Preténdese dota-los clubs e as federacións deportivas da estructura, dos medios e do asesoramento necesario para o desenvolvemento do seu importante labor dentro da organización xeral do deporte de Galicia.

Dentro das competencias exercidas pola Administración autonómica en materia deportiva, ocupa lugar preferente nesta lei o Comité de Xustiza Deportiva, coa pretensión de completar en tódolos seus aspectos as competencias públicas na materia, de acordo cos principios contidos nesta lei.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1993, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei xeral do deporte de Galicia.

Título I

Obxecto e principios xerais

Artigo 1

A finalidade desta lei é a ordenación, promoción e coordinación da actividade deportiva en Galicia conforme a competencia exclusiva na materia atribuída á Comunidade Autónoma no artigo 27.22 do seu Estatuto de autonomía.

Conforme a dita finalidade, esta lei ten por obxecto o fomento, a implantación e a divulgación da actividade deportiva en Galicia, a tódolos niveis, como un medio de logra-lo dereito de todo cidadán, sen ningunha discriminación, ó exercicio e desenvolvemento das súas facultades físicas e intelectuais mediante o libre acceso á práctica do deporte.

Artigo 2

Os poderes públicos da Comunidade Autónoma garantirán o libre acceso de todo cidadán, en igualdade de condicións e oportunidades, ó coñecemento e á práctica da actividade deportiva conforme os principios inspiradores desta lei e das normas reguladoras das respectivas actividades.

A actividade deportiva desenvolverase consonte os principios de liberdade, igualdade e participación democrática.

Artigo 3

1. A Administración autonómica promoverá o deporte de mera actividade ou participación procurando a súa realización tanto de maneira individual coma asociada.

2. A Administración da Comunidade Autónoma promoverá adecuadamente as prácticas deportivas

especiais, considerándose como tales, para os efectos desta lei, a actividade deportiva desenvolvida por persoas nas que concorran circunstancias especiais por razón de idade, condición física, psíquica ou situación persoal que esixan da Administración pública unha consideración e atención diferenciada do resto dos practicantes da actividade deportiva para facilita-la súa plena integración social.

3. A Administración da Comunidade Autónoma fomentará os deportes autóctonos tradicionais de Galicia.

4. A Administración da Comunidade Autónoma promoverá o deporte de competición, en colaboración coas federacións deportivas.

5. A Administración autonómica colaborará coa Administración do Estado e coas federacións correspondentes na preparación e no apoio técnico, científico e médico ós deportistas de alto nivel da Comunidade Autónoma, procurará a compatibilidade da súa intensa dedicación ó deporte con outras situacións de traballo ou estudio e favorecerá a súa plena integración profesional ó remataren a súa etapa de deportistas de alto nivel.

Artigo 4

1. A Administración autonómica divulgará os beneficios inherentes á práctica deportiva.

2. Así mesmo, a Administración autonómica procurará a formación de dirixentes, técnicos e voluntarios na promoción e organización da actividade deportiva.

3. A Administración autonómica colaborará coas universidades galegas e outras entidades públicas e privadas para promover, impulsar e coordina-la investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico do deporte.

Artigo 5

1. A Administración autonómica promocionará o ensino e a práctica da actividade deportiva na idade escolar.

2. Tódolos centros docentes, públicos ou privados, deberán dispoñer de instalacións deportivas para atende-la práctica da actividade deportiva, na forma que se determine regulamentariamente.

Artigo 6

1. A Administración deportiva da Comunidade Autónoma fomentará a construcción e óptima utilización das instalacións deportivas, potenciando o seu carácter polivalente para a obtención da máxima rendibilidade social e posibilitando a práctica xeneralizada da actividade deportiva.

2. A Administración deportiva da Comunidade Autónoma planificará e executará, directamente ou en colaboración con outras administracións, a construcción de instalacións deportivas propias ou a mellora das xa existentes no territorio de Galicia,

e deberá ser informada da construcción ou mellora nas doutra titularidade.

3. A Administración deportiva da Comunidade Autónoma determinará os requisitos técnicos das instalacións, asegurando o cumprimento da normativa específica para a accesibilidade, de xeito que non dificulte a libre circulación de persoas con minusvalidez física ou en idade avanzada. Así mesmo deberán proxectarse e construírse de xeito que se impidan ou limiten ó máximo as posibles accións de violencia, de acordo coa lexislación vixente e cos convenios internacionais.

Artigo 7

1. A Administración deportiva da Comunidade Autónoma coidará da incorporación nos instrumentos de ordenación urbanística das reservas de espacios necesarios para o desenvolvemento e a práctica da actividade deportiva.

2. Promocionará a protección e o respecto ó medio natural, concebido tamén como un espacio para o lecer e para a práctica da actividade física.

Artigo 8

A Administración autonómica procurará as condicións necesarias para aplicárlle-las máximas vantaxes fiscais no ámbito da Comunidade Autónoma ás entidades que realicen actividades de promoción deportiva.

Título II

Das competencias das administracións públicas

Capítulo I

Competencias da Comunidade Autónoma

Artigo 9

Para os efectos desta lei, enténdese por Administración deportiva os órganos da Comunidade Autónoma de Galicia competentes en materia de deporte.

Corresponderalle á Administración deportiva da Comunidade Autónoma o exercicio das facultades que lle veñen recoñecidas no Estatuto de autonomía e as funcións previstas nesta lei, así como a coordinación e cooperación coa Administración do Estado e mais coas corporacións locais en materia deportiva.

Para o mellor exercicio das súas competencias, a Administración autonómica poderá establecer convenios de colaboración coas demais administracións públicas e entidades públicas e privadas vinculadas á actividade deportiva.

Artigo 10

Será competencia exclusiva da Administración autonómica a autorización e, se é o caso, a denegación motivada da constitución das asociacións deportivas ás que se refire o título III desta lei,

así como a aprobación dos seus estatutos e regulamentos.

Será competencia exclusiva da Administración deportiva de Galicia a formulación dos programas de carácter xeral en materia deportiva de ámbito galego ós que deberán aterse as demais administracións e entes públicos e privados nas súas actuacións na materia, sen prexuízo das competencias propias destes.

Será tamén competencia exclusiva da Administración autonómica o recoñecemento de modalidades deportivas.

Artigo 11

1. Será competencia da Administración autonómica:

a) Autoriza-la realización de actividades deportivas e o desenvolvemento de competicións que afecten as competencias propias das federacións deportivas galegas no ámbito da Comunidade Autónoma. Tamén será competencia súa a cualificación das competicións oficiais e a denominación de «campionato galego», «copa de Galicia» ou expresións de contido similar.

As competicións ou actividades das federacións deportivas galegas entenderanse autorizadas por inscrición destas no Rexistro correspondente, agás prohibición expresa, que deberá ser motivada.

b) Efectuar convocatorias de ámbito autonómico para outorgar premios, distincións ou axudas á realización de actividades promotoras do deporte encamiñadas a mellora-la presencia do deporte galego nas distintas competicións ou manifestacións deportivas.

c) Concedérlle-las subvencións económicas que procedan, sen prexuízo das que establezan outras administracións públicas, ás federacións e demais asociacións deportivas, garantindo a través das oportunas inspeccións que a actuación delas se axuste ós fins previstos nesta lei e controlando e avaliando a execución dos programas subvencionados.

d) Promove-la cobertura asistencial e fixa-los requisitos de carácter médico-deportivo que deberán ser observados polas federacións deportivas galegas para o outorgamento de licencias ós seus deportistas, promovendo a adecuada protección asistencial mediante convenios entre as federacións coas entidades mutualistas ou coas institucións sanitarias galegas que garantan a asistencia sanitaria dos practicantes con independencia do deporte que realicen.

e) Adopta-las medidas de prevención, control e represión do uso de substancias prohibidas e métodos non regulamentarios, destinados a aumentar artificialmente a capacidade física dos deportistas ou a modifica-los resultados das competicións.

f) Aplica-las medidas necesarias para evita-la violencia no deporte.

Nas alíneas e) e f) colaborará coa Administración do Estado, sen prexuízo do desenvolvemento regulamentario correspondente.

2. Será competencia da Administración deportiva de Galicia determina-la formación e acreditación necesaria para dirixir ou adestrar deportistas ou equipos que participen en competicións oficiais no ámbito de Galicia, sen menoscabo do disposto na lexislación do Estado en materia da súa competencia.

Capítulo II

Competencias dos entes locais

Sección 1ª

Provincias

Artigo 12

Corréspondelles ás deputacións provinciais no ámbito do seu territorio:

1) Fomentar, promover e difundi-la actividade deportiva no seu ámbito territorial, facilitando ó máximo a realización de actividades deportivas, en coordinación cos programas xerais da Comunidade Autónoma.

2) Participar na elaboración e execución dos programas xerais da Administración deportiva autonómica que teñan por obxecto a construcción e mellora das instalacións deportivas de uso público.

3) Coordinar dentro do programa xeral da Administración autonómica a utilización das instalacións deportivas públicas de titularidade provincial.

4) Exercer cantas funcións e competencias lles estean atribuídas en virtude da normativa estatal, desta lei e das normas que a desenvolven, así como tódalas que lles poidan ser transferidas ou delegadas, dentro dos programas xerais aprobados pola Administración autonómica.

5) Executar, se é o caso, por delegación os programas xerais que na materia obxecto desta lei aprobe a Administración autonómica correspondente ó seu ámbito territorial.

6) Colaborar cos concellos na promoción e no fomento da actividade deportiva, en especial no deporte en idade escolar.

7) Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local, comarcal ou provincial.

Sección 2ª

Concellos

Artigo 13

Correspóndelles ós concellos no seu respectivo termo municipal:

1) Fomentar e promociona-la actividade deportiva no seu territorio respectivo, nos termos da lexislación vixente e desta lei.

2) Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fóra

das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal.

3) Promover e tutelar e, se é o caso, executar no ámbito da súa competencia os programas xerais do deporte en idade escolar da Administración autonómica, mediante a colaboración con esta, así como con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.

4) Construír instalacións deportivas de carácter comunitario de conformidade co Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos, velar pola plena utilización das existentes no seu termo, procurando a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso delas, e coida-las súas condicións de hixiene e seguridade.

5) Levar un censo actualizado de instalacións deportivas no seu termo.

6) Velar para que nos plans de ordenación urbanística se establezan as reservas de espacios e cualificacións de zonas para a práctica do deporte e a instalación de equipamentos deportivos nos instrumentos de ordenación urbanística.

7) Cooperar con outros entes públicos ou privados para levar a cabo o cumprimento dos programas xerais que estableza a Administración autonómica e, en xeral, o cumprimento das finalidades previstas na lei.

8) Fomenta-la creación de asociacións deportivas, especialmente nos centros de ensino, nos barrios e nos centros de traballo.

9) Calquera outra facultade atribuída legal ou regulamentariamente que contribúa ós fins ou obxectivos desta lei.

Capítulo III

Disposicións comúns

Artigo 14

As entidades locais mencionadas neste título coordinarán as súas actividades en materia deportiva coas das asociacións deportivas galegas co obxecto de non interferi-la actividade destas nos programas xerais aprobados pola Administración autonómica.

Título III

Suxeitos da actividade deportiva

Capítulo I

Deportista

Artigo 15

1. Terá a consideración de deportista, para os efectos desta lei, toda persoa que practique algunha modalidade deportiva aínda cando non participe en competicións ou non forme parte dunha asociación deportiva.

2. Promoverase e facilitarase a integración de tódalas persoas que practiquen a actividade deportiva nas asociacións recollidas nesta lei para unha maior

efectividade dos programas de fomento e desenvolvemento do deporte e para a mellor asistencia e protección dos deportistas.

3. Terán a consideración de deportistas de alto nivel aqueles deportistas que figuren nas relacións ás que se refire o artigo 46.3.

Artigo 16

1. Os deportistas poderán ser afeccionados ou profesionais. Á súa vez os deportistas afeccionados poderán ser federados ou non.

2. Os deportistas federados dispoñerán da licencia federativa outorgada pola correspondente federación deportiva galega. Os non federados que se inscriban obterán a correspondente licencia acreditativa da súa condición do Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia. A expedición da licencia terá carácter regrado e non poderá denegarse cando o solicitante reúna os requisitos establecidos.

3. As ligas profesionais deberán estar integradas por deportistas profesionais.

Capítulo II

Asociacións deportivas

Sección 1ª

Disposicións comúns

Artigo 17

1. Para os efectos desta lei, as asociacións deportivas clasíficanse en clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares, federacións deportivas galegas e, se é o caso, sociedades anónimas deportivas, ligas profesionais e entidades de fomento deportivo.

2. As asociacións deportivas incluirán nas súas actividades programas de asistencia e protección ós deportistas integrados nelas ou que interveñan en actividades por elas organizadas.

Artigo 18

Para garanti-lo cumprimento dos obxectivos das asociacións deportivas galegas, a Administración autonómica poderá levar a cabo as seguintes actuacións:

a) Inspecciona-los libros e documentos das asociacións na forma e nos supostos que se establezan regulamentariamente, co obxecto de garanti-lo cumprimento das funcións que se lle encomendan nesta lei.

b) Convoca-los seus órganos colexiados por instancia de parte interesada cando estes non fosen estatutariamente convocados polos órganos de goberno das asociacións.

c) Convoca-las eleccións para constituí-los órganos de goberno das asociacións ó remate do mandato de cada un deles, na forma que se determine estatutariamente, se non fosen oportunamente convocadas.

d) Suspender ou anula-los acordos adoptados polos órganos de goberno das asociacións deportivas

que sexan contrarios ás disposicións desta lei, así como ás súas disposicións de desenvolvemento ou ós seus propios estatutos e regulamentos.

Artigo 19

Tódalas asociacións deportivas constituídas ó abeiro do disposto nesta lei deberán levar unha contabilidade susceptible de xustifica-la exactitude dos resultados das operacións económicas realizadas.

As asociacións deportivas de Galicia están acollidas ó réxime de orzamento e patrimonio propios e deben someter anualmente a súa contabilidade e mailo seu estado económico a unha auditoría ou verificación contable, nos casos en que así o dispoña a Administración autonómica.

Non poderán aprobar orzamentos deficitarios sen a autorización expresa da Administración autonómica.

Artigo 20

As asociacións deportivas de Galicia aplicarán os seus recursos ó cumprimento dos seus fins, de acordo co establecido nos seus estatutos, e en especial:

a) Poderán fomentar manifestacións de carácter físico-deportivo e organizar actividades ou competicións deportivas dirixidas ó público en xeral. Os beneficios económicos, se os houbese, destinaranse ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Poderán gravar e allear bens, mobles ou inmobles, e tomar diñeiro a préstamo, sempre e cando os ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade nin a actividade que constitúe o seu obxecto.

c) Poderán exercer complementariamente actividades comerciais, industriais, profesionais ou de servicios coa condición de que os posibles beneficios se apliquen ó fomento da actividade deportiva. En ningún caso poderán repartir beneficios entre os seus membros.

Artigo 21

As asociacións deportivas constituídas ó abeiro desta lei adaptarán a súa actuación e o seu funcionamento ás disposicións normativas aplicables. A ausencia deste requisito determinará a cancelación da inscrición rexistral. Co obxecto de facilita-lo cumprimento desta esixencia, a Administración autonómica procuraralles ás asociacións deportivas inscritas o asesoramento xurídico necesario.

Sección 2ª

Clubs deportivos

Artigo 22

Son clubs deportivos, para os efectos desta lei, as asociacións privadas con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integradas por persoas físicas, que teñan por obxecto exclusivo ou principal a práctica dunha ou varias modalidades deportivas polos asociados, así como a participación en actividades e competicións oficiais.

Artigo 23

1. Para a constitución dun club deportivo, os seus fundadores deberán solicita-la ratificación dos estatutos e inscribir no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia a acta fundacional e os estatutos. A acta fundacional deberá ser outorgada, polo menos, por cinco persoas físicas con capacidade de obrar e deberá facer consta-la vontade destas de constituíren un club deportivo e a aprobación dos seus estatutos.

Os clubs que interveñan en competicións oficiais de ámbito autonómico, estatal ou internacional deberán protocolizar perante notario a acta fundacional e os estatutos.

2. Os clubs elaborarán e aprobarán os seus estatutos, que se formularán conforme os principios de representatividade e participación. A organización interna destes deberá ser democrática.

3. Os clubs deportivos rexeranse no que se refire á súa constitución, organización e funcionamento por esta lei, polas disposicións que a desenvolven e polos seus estatutos e regulamentos. Con carácter supletorio, seranlles aplicables ós clubs os estatutos e regulamentos da federación galega á que estivesen adscritos.

4. Os clubs deportivos que adquiran o dereito a participar en competicións de carácter profesional e ámbito galego deberán transformarse en sociedades anónimas deportivas.

Artigo 24

Para participar en competicións de carácter oficial, os clubs deberán afiliarse ás federacións deportivas galegas correspondentes.

As federacións deportivas galegas esixiranlles ós clubs que desexen afiliarse a elas a súa inscrición previa no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, sen prexuízo dos demais requisitos que federativamente lles correspondan.

Artigo 25

Os estatutos dos clubs deportivos deberán conter como mínimo as seguintes mencións:

a) Denominación, actividade deportiva que constitúa o seu obxecto e domicilio do club, que terá que estar radicado en Galicia.

b) Nomes, DNI e domicilio dos fundadores.

c) Requisitos e procedemento de adquisición e perda da condición de socios e dereitos e deberes destes.

d) Órganos de goberno e representación, e o seu réxime de elección, funcionamento e cesamento, que deberá axustarse a principios democráticos. Os clubs deberán contar necesariamente cos seguintes órganos: presidente e Asemblea Xeral, os cales, independentemente das funcións estatutarias que se lles asignen, deberán te-las competencias que se establezan nas normas de desenvolvemento desta lei.

e) Réxime de adopción de acordos e medios para a súa impugnación. Necesariamente deberá facerse mención da posibilidade de impugna-los acordos perante os órganos competentes das federacións e perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

f) Réxime de responsabilidade dos directivos e dos socios. En calquera caso, os directivos responderán fronte ós socios, ó club ou a terceiros por culpa ou neglixencia grave.

g) Réxime documental, que deberá conter rexistro de socios, libro de actas e libros contables.

h) Réxime disciplinario.

i) Réxime económico-financeiro e patrimonial.

j) Procedemento de reforma dos seus estatutos.

k) Procedemento de disolución e destino dos bens, que en todo caso se aplicarán a fins análogos de carácter deportivo.

Artigo 26

Cando entidades públicas ou privadas pretendan desenvolver entre as súas actividades o fomento e a práctica da actividade deportiva, poderán acceder ó Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e gozar dos dereitos e beneficios deportivos a eles reservados mediante o cumprimento dos requisitos documentais esixidos para os clubs deportivos neste título, coas seguintes modificacións:

a) Estatutos propios ou certificación da entidade da que dependan que acrediten a súa natureza xurídica ou, se é o caso, a indicación do acordo da súa creación.

b) Nome da persoa física que exercerá dentro deles as funcións que para os presidentes de clubs deportivos se establezan nesta lei e nas súas normas regulamentarias.

c) Réxime de orzamento propio.

Para os efectos desta lei terán a consideración de clubs as entidades indicadas.

Sección 3ª

Agrupacións deportivas escolares

Artigo 27

1. Son agrupacións deportivas escolares as asociacións deportivas formadas por persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, dedicadas exclusivamente á actividade deportiva en idade escolar.

2. As agrupacións deportivas escolares terán personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento das súas funcións.

3. O ámbito territorial e as normas de constitución, composición, funcionamento e réxime xurídico determinaranse regulamentariamente e deberán estar inspiradas nos principios de representación e democracia; en todo caso, coordinarán a súa actuación coas federacións deportivas galegas correspondentes á modalidade deportiva de que se trate.

4. Seralles aplicable con carácter xeral o réxime de constitución, organización e funcionamento establecido nesta lei para os clubs deportivos, coas seguintes particularidades:

a) O seu obxecto deberá referirse á actividade do deporte en idade escolar.

b) O seu ámbito territorial poderá abranguer un ou varios municipios.

c) Poderán formar parte delas os centros escolares, asociacións de pais de alumnos, concellos, deputacións, federacións deportivas galegas, clubs deportivos e outros colectivos interesados.

Sección 4ª

Federacións deportivas galegas

Artigo 28

1. As federacións deportivas galegas son entidades privadas con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, cun ámbito de actuación que se estende ó territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, no desenvolvemento das competencias que lles son propias. Están integradas por clubs, deportistas, técnicos, xuíces, árbitros e outros colectivos interesados estatutariamente establecidos que promoven, practican ou contribúen ó desenvolvemento dunha mesma modalidade ou especialidade deportiva.

2. Resérvase expresamente a denominación de federación deportiva galega para as asociacións reguladas nesta sección.

3. As federacións deportivas galegas exercen, ademais das súas propias atribucións, por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando en tal caso como axentes colaboradores da Comunidade Autónoma galega.

4. Tamén poderán realizar actividades non incompatibles co seu obxecto social de carácter industrial, comercial ou de servicios e destina-los seus bens ou recursos ós mesmos obxectivos e sen que en ningún caso poidan repartirse beneficios entre os seus membros.

Artigo 29

Só poderá recoñecerse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma unha federación deportiva galega por cada modalidade deportiva, requiríndose para a súa constitución a existencia e práctica habitual e previa da dita modalidade que non estea xa asumida por unha federación deportiva galega.

Exceptúanse do disposto no parágrafo anterior as federacións deportivas de diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, que poderán ter carácter polideportivo.

As federacións españolas deberán ser representadas polas federacións deportivas galegas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co obxecto de obteren o recoñecemento, o apoio e a

protección das autoridades e dos organismos públicos en Galicia, nos termos establecidos nesta lei.

As federacións deportivas galegas, para efectos da súa participación en actividades ou competicións deportivas de ámbito estatal ou internacional, deberán formar parte das federacións deportivas españolas correspondentes á súa actividade, por medio dos oportunos acordos, e seranlles aplicables as normas e os regulamentos das federacións deportivas españolas ou internacionais cando actúen en competicións oficiais de carácter estatal ou internacional.

Artigo 30

1. As federacións deportivas galegas regularán a súa estructura e o seu funcionamento de acordo cos principios de representación e participación democrática e rexeranse por esta lei, polas súas normas de desenvolvemento, polos seus propios estatutos e regulamentos debidamente aprobados e polas demais disposicións legais ou federativas que resulten aplicables.

2. As federacións deportivas galegas terán a consideración de entidades de utilidade pública nos termos establecidos na lexislación.

Artigo 31

1. Correspóndelle á Administración deportiva de Galicia autorizar e revoga-la constitución das federacións deportivas galegas e a aprobación dos seus estatutos e regulamentos.

2. A constitución dunha nova federación deportiva poderá producirse:

a) Por creación ex novo.

b) Por segregación doutra.

c) Por fusión de dúas ou máis preexistentes.

3. Para a constitución dunha nova federación deportiva requirirase a autorización da Administración, que a concederá ou denegará motivadamente baseándose nos seguintes criterios:

a) Interese xeral da actividade.

b) Suficiente implantación en Galicia.

c) Existencia da modalidade deportiva oficialmente recoñecida.

d) Viabilidade económica da nova federación.

4. a) Para a constitución dunha nova federación deportiva ex novo, a iniciativa poderá corresponderlles a representantes de como mínimo trinta clubs deportivos con domicilio social polo menos en tres provincias galegas, constituídos en Xunta Promotora, na que se xustifiquen os requisitos ós que se refire o apartado anterior e a non inclusión da práctica deportiva correspondente en ningunha das federacións existentes. Esta proposta terá o carácter de acta fundacional e deberá outorgarse perante notario.

b) No caso de constitución dunha nova federación por segregación doutra será necesario o informe da federación da que se pretende a segregación e contar

con actividades deportivas que teñan implantación e identidade suficientes para se converter en modalidade deportiva autónoma.

c) No caso de constitución dunha nova federación por fusión doutras será necesario o acordo das federacións fusionadas.

5. En todo caso, para a constitución dunha federación será necesario contar con estatutos axustados á normativa legal e inscribirse no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia. Esta inscrición será condición previa e necesaria para a integración da federación deportiva galega de que se trate na federación española correspondente.

6. Os estatutos das federacións deportivas galegas e as súas modificacións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, logo da súa aprobación pola Administración deportiva galega no prazo máximo de dous meses. As demais normas regulamentarias que rexen o funcionamento da federación depositaranse na Administración deportiva de Galicia.

7. O recoñecemento dunha federación deportiva galega pola Administración deportiva de Galicia confírelle a esta a representación desa modalidade deportiva en tódolos ámbitos.

8. A revogación da autorización das federacións deportivas galegas corresponderalle á Administración deportiva de Galicia pola desaparición dos motivos que deron lugar á súa autorización e inscrición.

Artigo 32

Corresponderanlles ás federacións deportivas galegas como competencia exclusiva na súa respectiva modalidade deportiva as seguintes funcións:

a) Elabora-los programas de promoción xeral da súa modalidade deportiva no ámbito da Comunidade Autónoma.

b) Elabora-las normas técnicas da súa modalidade deportiva e dirixir e regula-las actividades propias desta.

c) Desenvolver programas de especialización da súa modalidade deportiva.

d) Deseñar, elaborar e executa-los plans de preparación dos deportistas de alto nivel na súa respectiva modalidade deportiva e as listas destes en colaboración coa Administración deportiva de Galicia e, se é o caso, coa federación española correspondente.

e) Colaborar coa Administración autonómica e cooperar coas correspondentes federacións deportivas españolas, se é o caso, na formación de técnicos deportivos da súa especialidade.

f) Organizar e dirixi-las competicións de carácter oficial que se desenvolvan no seu ámbito territorial, de acordo coas normas e cos regulamentos autonómicos, nacionais e internacionais que sexan aplicables. Expedirán, para estes efectos, as correspondentes licencias deportivas.

g) Exerce-la potestade disciplinaria nos termos establecidos nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, así como nos seus propios estatutos e regulamentos.

h) Resolver en vía de recurso as impugnacións contra os acordos dos órganos dos clubs deportivos que delas dependan.

i) Exerce-lo control das subvencións oficiais que se lles asignen ós clubs deportivos que delas dependan na forma que regulamentariamente se determine.

j) Designa-los deportistas da súa modalidade que integrarán a selección galega, para a cal os clubs deberán poñer á disposición da federación os deportistas elixidos.

k) Representar a Galicia en actividades e competicións deportivas de carácter estatal ou supraestatal organizando as seleccións autonómicas.

l) Colaborar coa Administración deportiva de Galicia, os entes locais e as agrupacións deportivas escolares na organización e no desenvolvemento dos programas xerais do deporte na idade escolar.

m) Executa-las resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

n) Colaborar coa Administración deportiva de Galicia e outros órganos competentes da Administración autonómica na prevención, no control e na represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos no deporte e na prevención e no control da violencia no deporte.

ñ) Poderán, ademais das súas propias atribucións, executar por delegación da Administración autonómica programas de promoción da súa modalidade deportiva.

o) Aqueloutras funcións que poida encomendárlle-la Administración deportiva da Comunidade Autónoma.

Artigo 33

Co fin de garanti-lo cumprimento efectivo das funcións atribuídas ás federacións deportivas galegas, a Administración deportiva de Galicia poderá levar a cabo as seguintes actuacións:

1) Suspender motivadamente, de forma cautelar e provisional, o presidente ou os membros dos órganos federativos, cando se incoe contra eles expediente disciplinario por presuntas infraccións moi graves e susceptibles de sanción tipificadas como tales nesta lei ou estean incursos en procedemento penal que leve aparellada privación de liberdade.

2) Nos casos de notoria inactividade ou abandono de funcións por parte dunha federación ou dos seus órganos que supoña incumprimento grave dos seus deberes legais ou estatutarios, a Administración deportiva de Galicia poderá asumi-las funcións da federación para que se restaure o funcionamento legal e regular dela. Para tales efectos, se fose necesario, nomearase unha comisión xestora e convo

caranse eleccións. De non ser posible o seu nomeamento ou non alcanza-la súa finalidade, disolverase a federación e cancelarase a inscrición rexistral.

Artigo 34

Os estatutos das federacións deportivas galegas deberán conter e regular, polo menos, as seguintes materias:

a) A denominación da federación.

b) O domicilio, que deberá fixarse dentro do territorio de Galicia.

c) A modalidade e as especialidades deportivas das que se atenda o desenvolvemento específico.

d) Os requisitos de afiliación e os dereitos e deberes dos afiliados.

e) A estructura territorial, que poderá ser mediante delegacións de ámbito comarcal ou calquera outro.

f) A composición, o funcionamento e a competencia dos órganos de goberno e representación.

g) O procedemento de elección do presidente, da Asemblea Xeral e da Comisión delegada da federación.

h) As causas de cesamento dos órganos de goberno e representación, entre as que se incluirá a moción de censura ó presidente, que será constructiva.

i) O réxime de adopción de acordos e a súa impugnación.

j) O réxime documental da federación, que abranguerá, como mínimo, o libro-rexistro de clubs deportivos e, se é o caso, deportistas, o libro de actas dos órganos de goberno e representación, os libros de contabilidade e o libro inventario de bens mobles e inmobles, todos eles debidamente dilixenciados polo Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

k) O réxime económico-financeiro, que deberá precisa-lo carácter, a procedencia, a administración e o destino de tódolos seus recursos.

l) O réxime disciplinario.

m) O procedemento para a reforma dos seus estatutos, que deberán ser aprobados pola Administración deportiva de Galicia.

n) As causas de extinción ou disolución da federación, así como o destino ó que haxa que aplica-lo seu patrimonio en tales supostos.

Artigo 35

1. Son órganos de goberno e representación a Asemblea Xeral e o presidente. Na Asemblea Xeral deberá constituírse unha Comisión delegada de asistencia a ela. Os estatutos poderán prever outros órganos complementarios de goberno para asistir ó presidente.

2. A Asemblea Xeral é o máximo órgano de representación e goberno. Nela estarán representados os diferentes estamentos deportivos que compoñen a

federación. A determinación dos membros de cada estamento que forman parte da Asemblea Xeral farase con base nunha elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto por e entre os integrantes maiores de idade de cada colectivo.

3. A Asemblea Xeral elixirá entre os seus membros a Comisión delegada.

4. O presidente é o órgano executivo da federación, posúe a representación legal e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

Será elixido mediante sufraxio libre, igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral.

En ningún caso poderá ser ó mesmo tempo presidente doutra federación e dun club.

5. Os demais órganos e comités que poidan crearse, de acordo cos estatutos e as normas que lles sexan aplicables, serán designados e removidos libremente polo presidente da federación.

6. O mandato dos membros da Asemblea Xeral e do presidente é de catro anos, renovándose nos anos nos que se realicen os xogos olímpicos de inverno.

Artigo 36

En caso de disolución dunha federación, o seu patrimonio terá o destino que se determinase nos seus estatutos. No non previsto neles a Administración deportiva de Galicia daralle o destino que corresponda.

Sección 5ª

Ligas profesionais e sociedades anónimas deportivas

Artigo 37

1. Os clubs deportivos dunha mesma modalidade poderán constituír ligas profesionais integradas exclusiva e obrigatoriamente por tódolos clubs participantes nelas. Deberán ser autorizadas pola Administración autonómica.

2. Os clubs deportivos integrantes dunha liga profesional deberán adopta-la forma xurídica de sociedade anónima deportiva, nos termos establecidos na lexislación vixente.

3. As ligas profesionais terán personalidade xurídica propia e gozarán de autonomía para a súa organización interna e funcionamento, e poderán establecer convenios coa federación deportiva galega correspondente. A súa constitución, organización e funcionamento estableceranse regulamentariamente.

4. A constitución, os estatutos e os regulamentos das ligas profesionais serán aprobados pola Administración autonómica.

Artigo 38

Serán competencias das ligas profesionais:

a) Organiza-las súas propias competicións.

b) Desempeñar respecto dos seus asociados as funcións de control, tutela e supervisión, así como as establecidas nesta lei e nas disposicións de desenvolvemento.

c) Exerce-la potestade disciplinaria nos termos previstos nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, estatutos e regulamentos.

Artigo 39

1. As sociedades anónimas deportivas constituídas de conformidade coa Lei l0/1990, do 15 de outubro, do deporte, e con domicilio social dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia poderán gozar, se é o caso, dos beneficios específicos derivados desta lei e das súas normas de desenvolvemento, logo do seu acceso ó Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, mediante a súa adscrición ó censo correspondente do mencionado Rexistro.

2. As sociedades anónimas deportivas con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que participen en competicións oficiais non profesionais terán a consideración de clubs deportivos para os efectos de participación nos órganos das federacións deportivas galegas.

3. Regulamentariamente determinarase o procedemento de adscrición e a documentación necesaria para que esta se poida realizar.

Sección 6ª

Entidades de fomento deportivo

Artigo 40

1. Son entidades de fomento deportivo de ámbito autonómico as asociacións constituídas por persoas físicas que teñan por finalidade exclusiva a promoción e organización de actividades deportivas con fins lúdicos, formativos, recreativos ou sociais, e que en ningún caso entren en concorrencia coa actividade propia das federacións deportivas galegas.

2. Para proceder ó seu recoñecemento requirirase que non teñan finalidade de lucro, un número non menor de 6.000 asociados, funcionamento interno democrático e que a adhesión dos membros sexa enteiramente libre, e deberán ser plenamente independentes de calquera organización política, sindical, económica ou relixiosa.

Capítulo III

Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas

de Galicia

Artigo 41

1. Créase o Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, adscrito á Administración deportiva de Galicia, que ten por obxecto a inscrición das asociacións deportivas e dos deportistas regulados nesta lei.

2. No caso de asociacións deportivas, a inscrición afectará os datos e actos que regulamentariamente se determinen e, en todo caso, comprenderá:

a) A acta de constitución.

b) Os estatutos.

c) Os órganos directivos, os promotores e os representantes legais.

d) En todo caso deberán inscribirse as licencias expedidas polas federacións ós deportistas integrantes delas.

Artigo 42

1. A organización, o réxime interno e o funcionamento do Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia determinaranse por vía de regulamento.

2. O Rexistro estructurarase en diferentes seccións para as diferentes clases de asociacións e deportistas, conforme o que se determine por regulamento.

3. Os deportistas non federados poderán solicitarlle a licencia correspondente ó Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia na forma que regulamentariamente se determine.

4. A inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia das asociacións deportivas e entidades reguladas na lei determinará o seu recoñecemento legal e é un requisito indispensable para optaren ás axudas, ás subvencións e ó asesoramento da Administración autonómica, así como para a participación nas competicións oficiais.

5. A inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia non validará os actos que sexan nulos nin os datos que sexan incorrectos de acordo coas leis.

Artigo 43

1. O nome e os símbolos das asociacións inscritas gozarán de protección rexistral. O Rexistro dará fe dos datos que nel se conteñen. Estas garantías enténdense referidas ó ámbito da práctica deportiva, sen prexuízo dos dereitos establecidos nas leis xerais.

2. As asociacións deportivas non poderán utilizar unha denominación idéntica á doutras xa rexistradas ou que poida inducir a confusión, nin poderán usa-los símbolos ou emblemas doutras entidades e asociacións.

Capítulo IV

Axudas e subvencións ás asociacións deportivas

Artigo 44

A Administración autonómica poderá dispoñe-los sistemas de axudas económicas ás asociacións deportivas, establecendo os mecanismos de control precisos para a efectiva aplicación daquelas para o fin para o que foron concedidas.

Artigo 45

Para a concesión das axudas e subvencións a que se refire este capítulo teranse en conta a cualificación deportiva obtida polos destinatarios ou solicitantes delas, a clase de competición na que interviñesen ou pretendan intervir, o número de participantes, o material deportivo de utilización nece

saria, as persoas necesarias para a súa organización e cantos outros aspectos se determinen nas normas regulamentarias.

Título IV

Actividade deportiva

Capítulo I

Disposición xeral

Artigo 46

1. Considérase actividade deportiva para os efectos desta lei a práctica das modalidades deportivas realizadas por calquera das persoas ou dos membros das asociacións ás que se refire o título III.

2. Tódolos deportistas que realicen actividade deportiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos desta lei gozarán da protección e asistencia dos órganos correspondentes da Administración autonómica, e singularmente da asistencia médico-sanitaria en caso de lesión ou accidente deportivo, a través do sistema de sanidade pública ou, se é o caso, mediante os oportunos convenios con entidades privadas.

As asociacións deportivas non poderán esixir cantidade ningunha en concepto de dereitos de formación ou retención nin calquera outro tipo de compensación económica polos deportistas menores de dezaseis anos.

3. A Comunidade Autónoma de Galicia coordinará a súa actuación coa Administración deportiva do Estado para a promoción e o apoio ó deporte de alto nivel no ámbito territorial que lle é propio, establecendo programas de preparación conxuntos para coordina-la asignación de beneficios e axudas.

Ademais das medidas que, en coordinación coas demais administracións públicas, se adopten para a mellor protección e asistencia dos deportistas de alto nivel, considerarase a dita cualificación como mérito avaliable tanto para as probas de selección para prazas relacionadas coa actividade deportiva correspondente coma nos concursos para a provisión de postos de traballo relacionados con aquela actividade, sempre que en ámbolos casos estea prevista a valoración de méritos específicos.

Independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha cualificación propia de deportistas de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, ós que lles serán aplicables os beneficios que se establecerán regulamentariamente.

4. A Comunidade Autónoma de Galicia establecerá os mecanismos necesarios de colaboración entre os distintos órganos da Comunidade e a Administración local para lle facilita-la realización efectiva do deporte á poboación, en especial á de idade escolar,

coordinando para tal efecto a actuación dos órganos con competencias en deporte, educación, sanidade e obras públicas.

Capítulo II

Actividade deportiva competitiva

Sección 1ª

Competicións

Artigo 47

As competicións deportivas que se desenvolvan en territorio de Galicia clasifícanse:

a) Polo seu ámbito territorial, en internacionais, estatais, interautonómicas, autonómicas, provinciais, comarcais e locais.

b) Pola súa natureza, en oficiais e non oficiais. As oficiais poden ser de carácter profesional ou non profesional.

Artigo 48

1. Para que unha competición teña o carácter de oficial no ámbito autonómico deberá ser cualificada como tal pola Administración deportiva de Galicia. Entenderase concedida a correspondente cualificación ás competicións organizadas polas federacións deportivas galegas, no ámbito da súa competencia, agás denegación expresa, que deberá ser motivada.

2. Será necesario estar en posesión da correspondente licencia deportiva expedida pola federación deportiva galega correspondente para participar nas competicións de carácter oficial organizadas por ela. Noutro caso será necesario estar en posesión da licencia deportiva expedida polo Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

Artigo 49

As competicións de carácter profesional deberán ser cualificadas como tales pola Administración deportiva de Galicia. Tal cualificación deberá conter, así mesmo, as condicións de uso das instalacións deportivas de titularidade pública, que serán fixadas regulamentariamente.

Artigo 50

1. A organización das competicións oficiais de ámbito autonómico dunha determinada modalidade deportiva corresponderalles exclusivamente ás federacións deportivas galegas, que terán dereito preferente para tal fin ó uso das instalacións deportivas públicas autonómicas, nas condicións que se establezan regulamentariamente, sen prexuízo do establecido no artigo 60.3.

2. No caso de non existir federación deportiva galega á que estivese atribuída a dita modalidade deportiva, ou ben de que aquela non organizase competicións para determinadas categorías, a organización poderalle corresponder a outra das asociacións previstas na lei ou á Administración deportiva de Galicia.

Sección 2ª

Actividade de adestramento

Artigo 51

A actividade de adestramento consiste nos exercicios sistemáticos e regulares de preparación física e técnica para o logro dunha maior eficiencia na práctica de diversas especialidades deportivas, coa finalidade de participar en competicións deportivas de carácter oficial.

Esta actividade será obxecto de atención preferente, aínda que subordinada á de competición en relación co uso de instalacións públicas.

Capítulo III

Actividade deportiva non competitiva

Artigo 52

A Administración autonómica, en colaboración coas diferentes administracións locais e coas entidades e asociacións deportivas, promoverá o deporte como hábito de saúde e facilitará a actividade deportiva libre e espontánea ofrecéndolle o máximo de opcións ó maior número de persoas para poder ocupar adecuadamente o tempo libre.

Consecuentemente, para os efectos desta lei, entenderase a actividade deportiva non competitiva como a realizada por persoas de maneira individual ou colectiva coa única finalidade de lograr unha maior calidade de vida e benestar social.

Título V

Instalacións deportivas

Capítulo I

Rexistro de Instalacións e Equipamentos

Deportivos de Galicia

Artigo 53

Créase o Rexistro de Instalacións e Equipamentos Deportivos de Galicia, que terá como finalidade incluír e controla-los espacios naturais de uso deportivo, as instalacións e os equipamentos deportivos na Comunidade Autónoma e facilita-la elaboración dos plans xerais de instalacións e equipamentos deportivos.

Artigo 54

1. A Administración deportiva da Comunidade Autónoma, coa colaboración dos concellos, das deputacións e das asociacións deportivas, realizará un censo detallado das infraestructuras deportivas de Galicia. Para estes efectos entenderase como infraestructura deportiva todo espacio aberto ou pechado, con independencia da súa localización, dotado das condicións suficientes para a práctica dunha actividade deportiva. O censo plasmarase no Rexistro de Instalacións e Equipamentos Deportivos de Galicia.

2. Para estes efectos, tanto os entes públicos coma as asociacións deportivas e as entidades privadas

titulares de instalacións de uso público da Comunidade Autónoma de Galicia deberán facilitarlle á Administración deportiva autonómica tódolos datos necesarios para a elaboración e actualización do censo.

Artigo 55

Os datos das infraestructuras que se inclúan no censo reflectirán, cando menos:

-A localización territorial.

-A titularidade delas.

-O estado de conservación e os servicios con que contan.

-O aforo e a accesibilidade para persoas diminuídas.

-As modalidades deportivas que se poden desenvolver.

Capítulo II

Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos

Artigo 56

1. Co obxecto de garantir unha adecuada utilización dos recursos que as administracións públicas destinen á promoción do deporte, elaborarase o Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia.

2. Correspóndelle á Administración autonómica a redacción e aprobación do dito plan. A aprobación levará implícita a declaración de utilidade pública ou interese social das obras e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo a súa execución, para os efectos de expropiación forzosa ou imposición de servidumes.

3. O dito plan determinará os criterios xerais de actuación e a localización xeográfica das instalacións e dos equipamentos deportivos de interese xeral ou federativo, establecerá as determinacións e a tipoloxía técnica deles e sinalará as etapas necesarias para a súa execución.

4. Conforme o título I desta lei, este plan establecerá como acción preferente dotar tódolos concellos de, polo menos, as instalacións deportivas máis elementais, procurando situalas nos centros de ensino ou nas súas proximidades.

Artigo 57

1. As entidades locais, os clubs, as federacións galegas e outros organismos públicos e privados, vinculados á actividade deportiva, deberán facilitarlle á Administración autonómica a documentación e información pertinentes para a redacción do Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia.

2. Os clubs, as federacións galegas ou outros organismos públicos e privados, vinculados á actividade deportiva, participarán na súa elaboración e coidarán do seu cumprimento na forma que se determine regulamentariamente.

3. En canto ás entidades locais, aplicarase o disposto no artigo 59 desta lei.

Artigo 58

As determinacións do Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia concretaranse en:

a) Os estudios e plans de información e estimacións dos recursos dispoñibles.

b) A memoria explicativa do plan coa definición das actuacións prioritarias en relación cos obxectivos perseguidos e as necesidades territoriais.

c) O estudio económico e financeiro da valoración das actuacións territoriais prioritarias e das de carácter ordinario.

d) Os plans e as normas técnicas que definan e regulen as actuacións.

e) As características técnicas e os requisitos de idoneidade das instalacións.

f) O censo das instalacións e dos equipamentos deportivos.

g) As garantías de protección ambiental e paisaxística dos terreos e localización elixidos.

h) Os mecanismos de avaliación da execución anual do plan.

Artigo 59

1. A Administración autonómica redactará o Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia co informe previo das entidades locais cando o territorio destas se vexa afectado polas previsións do plan, e para tal fin crearase para o dito territorio unha comisión paritaria composta por membros da Administración autonómica e das administracións locais.

2. A execución do Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos deberá ser previamente aprobada polo Pleno das corporacións locais na parte que as afecta, e estas facilitarán para tal fin os terreos e o financiamento necesarios que, de acordo co plan, lles corresponda.

Capítulo III

Requisitos das instalacións

Artigo 60

1. Compételle á Administración autonómica efectua-lo seguimento e control da execución dos proxectos de instalacións deportivas subvencionadas por ela, co fin de garanti-lo cumprimento dos programas de actuación aprobados.

2. As instalacións deportivas deberán cumpri-las disposicións reguladoras dos seguintes aspectos:

a) Tipoloxía das instalacións.

b) Características técnicas, condicións e dimensións.

c) Hixiene e seguridade e prevención de accións violentas.

d) Acceso e utilización polas persoas con minusvalidez.

Os concellos velarán polo cumprimento da citada normativa en tódalas instalacións de uso público que estean no seu termo municipal. O seu cumprimento comprobarase no acto de concesión da licencia de obras ou da súa actividade, que non se poderá outorgar se infrinxise o disposto na normativa de referencia. Unha vez outorgadas as ditas licencias, inscribiranse no censo municipal e comunicaránselle ó Rexistro de Instalacións e Equipamentos Deportivos de Galicia para a súa inclusión no censo autonómico.

3. As instalacións dos centros docentes públicos proxectaranse de forma que se favoreza a súa utilización deportiva polivalente e deberán ser postas á disposición dos municipios, das asociacións deportivas e dos deportistas, respectando en todo caso o normal desenvolvemento das actividades docentes.

Artigo 61

1. As instalacións nas que no seu financiamento e planificación participe a Administración autonómica incluídas no Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos deberán utilizarse de forma que se favoreza o seu uso deportivo polivalente en coordinación coas asociacións deportivas que teñan unha actividade relacionada co uso das instalacións.

2. Os titulares destas instalacións deberán permitirlle o seu uso á Comunidade Autónoma para facer posible a práctica xeral da actividade deportiva, na forma que se determine regulamentariamente.

Título VI

Formación e investigación deportiva

Artigo 62

1. Para o desenvolvemento da formación de técnicos deportivos, a Administración autonómica colaborará coa Administración do Estado nas materias que lle corresponden a este como competencia exclusiva. Sen prexuízo do anterior, a Administración autonómica elaborará os programas das ensinanzas de técnicos de acordo coas competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma.

2. A Administración autonómica establecerá programas de formación e perfeccionamento de técnicos en materia deportiva en colaboración coas federacións deportivas galegas.

3. Estes programas de formación e perfeccionamento poderán ser realizados directamente pola Administración deportiva de Galicia ou ben serlles adxudicada a súa realización á Escola Galega do Deporte ou a entidades privadas na forma que se estableza por regulamento.

Artigo 63

A Escola Galega do Deporte, adscrita á Administración deportiva de Galicia, será o centro rector das ensinanzas deportivas no ámbito de Galicia e tamén o centro de documentación deportiva. A súa estructura, organización e funcionamento determinaranse regulamentariamente.

Será competencia da Administración autonómica de Galicia a regulación, dentro do ámbito desta lei, das titulacións do ámbito deportivo de Galicia, establecendo os programas, os niveis e o réxime de acceso que corresponda para cada unha. Expedirá as titulacións correspondentes, sen prexuízo dos acordos ós que se puidese chegar coas federacións deportivas galegas para as súas modalidades deportivas propias.

Artigo 64

As asociacións deportivas e os demais organismos referidos neste título colaborarán coa Administración autonómica na formación e cualificación de xuíces ou árbitros, técnicos e adestradores de cada unha das respectivas modalidades deportivas, realizando, para tal efecto, os cursos de formación e capacitación necesarios.

Título VII

Da xustiza deportiva

Artigo 65

No marco desta lei, a xustiza deportiva esténdese a:

a) Cuestións disciplinarias, entendendo por tales:

-Infraccións das regras de xogo ou competición.

-Acceso á competición.

-Infraccións das normas xerais de conducta deportiva establecidas nesta lei, nas normas que a desenvolven e nos estatutos ou regulamentos das asociacións deportivas.

-Concesión de licencias.

b) A impugnación dos actos e acordos que en materia electoral adopten as asociacións deportivas.

c) A impugnación dos actos e acordos dos órganos de goberno e representación das asociacións deportivas.

Artigo 66

1. Enténdese por infraccións das regras do xogo ou da competición para os efectos desta lei as accións ou omisións que durante o curso do xogo ou da competición vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento.

2. Son infraccións das normas xerais de conducta deportiva as accións ou omisións que supoñan un quebrantamento por parte de calquera das persoas suxeitas ó ámbito de aplicación desta lei de calquera norma de aplicación no deporte non incluída no apar

tado anterior ou dos principios xerais da conducta deportiva.

3. Independentemente do anterior, considéranse expresamente comprendidos no ámbito da xustiza deportiva os acordos ou actos adoptados ou realizados polos órganos de goberno das asociacións deportivas que supoñan vulneración das normas ou dos acordos de aplicación ou infracción do disposto na lei ou nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 67

1. Créase o Comité Galego de Xustiza Deportiva como órgano supremo da xustiza deportiva no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega, adscrito á Administración deportiva de Galicia, que, actuando con total independencia, decide en última instancia en vía administrativa as cuestións da súa competencia. As súas resolucións serán directamente impugnables perante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa.

2. O Comité Galego de Xustiza Deportiva coñecerá das materias ás que se refire o artigo 65 desta lei. Estará integrado por un presidente e catro vocais, todos eles licenciados en dereito. Tres deles serán designados pola Administración deportiva de Galicia e os outros dous polas federacións deportivas galegas, por un período de catro anos, a través do procedemento que se establecerá regulamentariamente. De entre eles elixirase o presidente. Estará asistido por un secretario, que terá a condición de funcionario.

3. Son da competencia do Comité Galego de Xustiza Deportiva o coñecemento e a resolución dos recursos interpostos contra os actos e acordos dos órganos de goberno dos clubs e das federacións deportivas galegas nos supostos, nas formas e nos termos que se determinen por regulamento.

4. Tamén terá competencia para resolver respecto de calquera outra acción ou omisión que pola súa transcendencia na actividade deportiva considere oportuno trata-la Administración deportiva de Galicia.

Artigo 68

1. Enténdese por postestade disciplinaria a facultade de investigar e, se é o caso, impoñerlles sancións ós suxeitos que interveñan na organización deportiva con ocasión de infraccións das regras de xogo ou competición e das normas xerais deportivas.

2. O exercicio da potestade disciplinaria deportiva corresponderalles:

a) Ós xuíces ou árbitros, durante o desenvolvemento dos encontros ou das probas, con suxeición ás regras establecidas nos regulamentos de cada modalidade deportiva.

b) Ós clubs deportivos e ás asociacións deportivas, sobre os seus socios ou asociados, deportistas, técnicos, directivos e administradores, de acordo co establecido nos seus estatutos.

c) Ás federacións deportivas de Galicia, sobre tódalas persoas que forman parte da súa estructura orgánica, comprendéndose para estes efectos os clubs deportivos e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e árbitros e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, en condición de federados, desenvolvan a modalidade deportiva correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma.

d) Ás ligas profesionais de carácter autonómico, sobre as sociedades deportivas que participan en competicións oficiais de carácter profesional e sobre os seus directivos ou administradores.

e) Ó Comité Galego de Xustiza Deportiva, sobre as mesmas persoas e entidades cás federacións deportivas galegas, sobre estas mesmas e os seus directivos e sobre as ligas profesionais.

Artigo 69

Facúltanse as federacións deportivas galegas e os clubs deportivos e demais asociacións para que determinen por regulamento as infraccións e sancións que han aplicar a consecuencia da vulneración das regras de xogo ou competición e das normas xerais da conducta deportiva.

Os ditos regulamentos incluirán, en todo caso:

a) A tipificación das infraccións, de conformidade coas peculiaridades da modalidade deportiva en cuestión, e tamén as sancións correspondentes a cada unha delas.

b) A determinación das circunstancias atenuantes e agravantes da responsabilidade e os requisitos polos que esta se extingue ou prescribe.

c) A cualificación das infraccións, sinalando as moi graves, as graves e as leves e establecendo os criterios de diferenciación e, en todo caso, os de proporcionalidade da sanción aplicable.

d) A prohibición da dobre sanción polos mesmos feitos.

e) A aplicación dos efectos retroactivos favorables.

f) A prohibición de sancionar por infraccións non tipificadas no momento da súa comisión.

g) A obriga de concederlle audiencia ó interesado.

h) Os distintos procedementos de tramitación e imposición, se fose o caso, de sancións.

i) O sistema de recursos contra as sancións impostas, no que terá que mencionarse expresamente o recurso ó Comité Galego de Xustiza Deportiva contra as resolucións dos órganos disciplinarios federativos.

Artigo 70

1. Os estatutos das asociacións deportivas clasificarán as infraccións en moi graves, graves e leves, e as sancións correspondentes aplicaranse en función delas. Regulamentariamente determinaranse as infraccións e sancións que con carácter mínimo deberán constar en cada un dos grupos mencionados.

2. En todo caso, consideraranse infraccións moi graves as seguintes:

a) As actuacións dirixidas a predeterminar, mediante prezo, intimidación ou simple acordo ou decisión, o resultado dunha proba ou competición.

b) Os comportamentos, as actitudes e os xestos agresivos e antideportivos dos xogadores, cando se dirixan ó árbitro, a outros xogadores ou ó público.

c) Os quebrantamentos de sancións impostas.

d) A manipulación ou alteración, xa sexa persoalmente ou a través de persoa interposta, do material ou equipamento deportivo en contra das regras técnicas de cada deporte cando poidan altera-la seguridade da proba ou competición ou poñan en perigo a integridade das persoas.

e) A utilización, a incitación ou o favorecemento do uso de substancias ou fármacos prohibidos e a negativa a someterse ós controis deles establecidos regulamentariamente.

f) A aliñación indebida e a incomparecencia ou retirada inxustificada das probas, dos encontros ou das competicións.

g) A participación en probas ou competicións non autorizadas pola Administración deportiva de Galicia.

h) A non execución das resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

i) O incumprimento de acordos da Asemblea Xeral e dos regulamentos federativos.

j) A non convocatoria dos órganos de goberno das federacións deportivas galegas nos prazos e nas condicións legais.

k) A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvencións, créditos, avais e demais axudas de carácter público.

1) A organización de actividades distintas ás competicións oficiais sen a preceptiva autorización da Administración deportiva de Galicia.

m) A denegación inxustificada da licencia.

n) O incumprimento dos convenios subscritos coa Administración deportiva de Galicia.

ñ) A reiteración de faltas graves.

Das infraccións ás que se refiren as alíneas g), h), i), j), k), 1), m) e n) poderá ser responsable o presidente da federación, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer outras persoas físicas integrantes dos órganos federativos.

3. Consideraranse infraccións graves as seguintes:

a) O incumprimento de ordes e instruccións emanadas dos órganos deportivos competentes.

b) Actuar de forma pública e notoria contra a dignidade e o decoro propios da actividade deportiva.

c) O incumprimento das regras de administración e xestión do orzamento e patrimonio.

d) A reiteración de faltas leves.

Das infraccións ás que se refiren as alíneas a) e c) poderá ser responsable o presidente da federación, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer outras persoas físicas integrantes dos órganos federativos.

4. Consideraranse infraccións leves as seguintes:

a) As conductas contrarias ás normas deportivas que non estean incursas na cualificación de moi graves ou graves.

b) A incorrección co público, os compañeiros e os subordinados.

c) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instruccións recibidas de xuíces, árbitros e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións.

Artigo 71

1. Pola comisión de faltas moi graves impoñeranse as seguintes sancións:

a) Multa en contía non superior a 100.000 pesetas. As multas soamente se lles poderán impoñer ás asociacións deportivas.

b) Perda de puntos ou postos de clasificación.

c) Perda de ascenso de categoría ou división.

d) Clausura do recinto deportivo por un período máximo dunha temporada.

e) Suspensión ou privación da licencia federativa ou da habilitación para ocupar cargos nunha organización deportiva por un prazo máximo de cinco anos.

f) Suspensión ou privación da licencia federativa ou da habilitación para ocupar cargos na organización deportiva a perpetuidade. Esta sanción só se poderá acordar, de modo excepcional, pola reincidencia en infraccións de extrema gravidade.

g) Inhabilitación por un período de dous a catro anos, cando as infraccións fosen cometidas por directivos.

h) Destitución do cargo, cando as infraccións fosen cometidas polos directivos.

2. Pola comisión de faltas graves impoñeranse as seguintes sancións:

a) Amoestación pública.

b) Multa en contía non superior a 50.000 pesetas. A sanción de multa soamente se lles poderá impoñer ás asociacións deportivas.

c) Clausura do recinto deportivo ata un máximo de catro encontros ou tres meses.

d) Suspensión dos dereitos de asociado ata un máximo dun ano.

e) Suspensión ou privación da licencia federativa ou habilitación equivalente e inhabilitación para ocupar cargos dun mes a dous anos.

3. Pola comisión de faltas leves impoñeranse as seguintes sancións:

a) Apercibimento.

b) Inhabilitación para ocupar cargos ou suspensión de ata un mes, ou dun a tres encontros ou probas.

Os clubs deportivos e as restantes asociacións previstas nesta lei poderán establecer un sistema de infraccións e sancións que deberá suxeitarse ó disposto nela. En caso de ausencia de tal regulación seralles aplicable o establecido na federación á que estivesen adscritos.

Artigo 72

1. Para impoñer sancións por calquera tipo de infracción será preceptiva a instrucción dun expediente, de acordo co procedemento que se estableza por regulamento, no que necesariamente se lle dará audiencia ó interesado.

2. Os procedementos disciplinarios terán as seguintes condicións mínimas:

a) Notificación ó interesado da iniciación do expediente con expresión dos cargos que se lle imputan. Nos casos de infracción das regras do xogo, esta notificación poderase facer a través da acta do partido ou da competición.

b) Prazo para propoñer e practicar proba.

c) Audiencia ó interesado ó termo da instrucción, coa posibilidade de alegación por parte deste e de achega de documentos.

d) Notificación persoal ou pública ó interesado da resolución dictada.

e) Recursos que procedan, indicando se esgotan ou non a vía federativa e, neste último caso, indicación expresa de recurso e prazo perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

3. En todo caso as normas de procedemento deberán garanti-lo normal desenvolvemento do xogo ou da competición e deberanse interpretar e aplicar en tal sentido.

Artigo 73

1. Serán consideradas como circunstancias atenuantes a de arrepentimento espontáneo e a provocación suficiente inmediatamente anterior á comisión da infracción.

2. Serán consideradas como circunstancias agravantes da responsabilidade a reincidencia, o prezo e o prexuízo económico ocasionado.

3. Os órganos sancionadores poderán, no exercicio da súa función, aplica-la sanción no grao que consideren adecuado, tendo en conta a natureza dos feitos, a personalidade do responsable, as consecuencias da infracción e a concorrencia de circunstancias atenuantes ou agravantes.

Artigo 74

1. A responsabilidade disciplinaria extínguese:

a) Polo cumprimento da sanción.

b) Polo falecemento do inculpado.

c) Por disolución do club ou da federación deportiva sancionados.

d) Por prescrición das infraccións ou sancións.

2. As infraccións leves prescribirán ó mes, as graves ó ano e as moi graves ós tres anos.

3. O termo de prescrición comeza a contar o día no que se cometeron os feitos e interrómpese no momento no que se acorda inicia-lo procedemento sancionador, pero volve correr se o expediente permanecese paralizado durante un mes por causa non imputable ó infractor.

4. As sancións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das que correspondan a infraccións moi graves, graves ou leves, e o prazo de prescrición comeza a contar desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola cal se impuxo ou desde que se quebrantase o seu cumprimento, se este xa comezou.

Disposicións transitorias

Primeira.

En canto non se elabore o Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia, as entidades locais notificaranlle á Administración autonómica as súas previsións de investimento en instalacións e equipamentos.

Segunda.

As asociacións deportivas adaptarán os seus estatutos e regulamentos ó disposto nesta lei, en canto fose necesario, no prazo dun ano, a partir da súa entrada en vigor.

Terceira.

O Comité Galego de Xustiza Deportiva constituirase no prazo máximo de seis meses a partir da data de entrada en vigor desta lei.

Cuarta.

As entidades deportivas inscritas no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia, creado polo Decreto 82/1983, do 21 de abril, deberán adaptarse ás disposicións e nos prazos e nas formas que se determine regulamentariamente, para efectos da súa inclusión no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas previsto nesta lei.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto nesta lei.

Malia o anterior, mentres non se promulguen as disposicións regulamentarias ás que se refire a disposición derradeira primeira, continuarán en vigor

as disposicións regulamentarias que sexan compatibles co disposto nesta lei.

Disposicións derradeiras

Primeira.

Facúltase o Consello da Xunta de Galicia para dicta-las disposicións regulamentarias previstas nesta lei e as que sexan precisas para o seu desenvolvemento.

Segunda.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia para modifica-la contía económica das sancións ás que se refire o artigo 71 desta lei.

Terceira.

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

97-6814