Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión do 17 de xullo de 1997, o proxecto de modificación puntual das normas municipais do Concello de Vilamarín (recualificación de terreos para equipamento do núcleo rural de Vilamarín), redactado pola arquitecta Elvira Carregado Pazos, exponse ó público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP para efectos de formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

De conformidade co establecido no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais disposicións de aplicación, suspéndese o outorgamento de licencias para parcelación de terreos, edificación ou demolición nas áreas do territorio obxecto da citada modificación puntual. A dita suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase coa aprobación definitiva da citada modificación.

Vilamarín, 20 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

6230