Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.616

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostelería de Galicia:

A.-Posto: adxunto a docencia (REF. DCIA-1497).

1) Funcións principais: colaborar co responsable da área na coordinación da actividade docente e a súa relación co sector.

2) Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Formación específica en administración de empresas ou márketing.

-Experiencia profesional mínima de 12 meses en administración de empresas, márketing, consultoría de empresas ou coordinación de actividades docentes (non se inclúe experiencia docente).

-Coñecementos de informática.

3) Valorarase:

-Currículo (especialmente o relacionado co sector hosteleiro/turismo).

-Inglés.

-Francés.

-Coñecementos de xestión empresarial.

-Coñecemento de metodoloxías didácticas.

-Microsoft Office.

-Capacidade para coordinar equipos de traballo e integrarse neles.

4) Probas que se van realizar:

-Exercicios prácticos sobre xestión empresarial e metodoloxías didácticas (eliminatorios).

-Oral e escrita de idiomas.

-Probas prácticas de Word e Excel.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista.

-Poderase realizar, durante o proceso, unha dinámica de grupo.

B.-Posto: auxiliar recepcionista (REF. AUX-1597).

1) Funcións principais: atención telefónica e tarefas administrativas.

2) Requisitos:

-Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto co público polo menos de 6 meses.

-Ofimática (Microsotf Office).

-Mecanografía: 200 ppm.

-Inglés.

3) Valorarase:

-Currículo.

-Francés.

-Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

4) Probas que se van realizar:

-Mecanografía (eliminatoria).

-Word, Excel e Access para Windows (eliminatoria).

-Idiomas oral e escrito (eliminatoria).

-Avaliación de aptitudes administrativas.

-Entrevista.

C.-Documentación que hai que presentar:

-Solicitude por posto de interese, indicando a referencia, dirixida ó director do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km. 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel (incluíndo certificación académica nos casos nos que se esixa titulación). Os títulos obtidos no extranxeiro deberán estar validados en España.

D.-Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 12 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

E.-Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1997.

Rubén V. Lois Calviño

Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

ÐõcsrÏ