Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial da modificación puntual do PERI de Bouzas (expediente 3878/411).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 28 de xullo de 1997, acor

dou aprobar inicialmente a modificación puntual do PERI de Bouzas, en terreos propiedade de IPF SAL, conforme a documentación refundida elaborada polo arquitecto José Pérez Ardá, visada polo GOAG o 11 de xullo de 1997.

Sométese á información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que no prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficia de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 25 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6317