Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (02/4857/1996).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que nos autos dos que se fará mención se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«A Coruña, quince de xullo de mil novecentos noventa e sete. O presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 02/4857/1996, interposto por Paula Eyang Abeso Avomo, contra resolución do Goberno Civil da Coruña de xaneiro de 1996, rexistro de saída 2271, sobre acordo de expulsión do territorio nacional e prohibición de entrada por un período de tres anos; que a dita recorrente foi requirida para que no prazo de trinta

días presentase a solicitude de designación de avogado e procurador da quenda de oficio, con apercibimento de que, se así non o verifica dentro do dito termo, se procedería sen máis trámite ó arquivo das actuacións. A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 02/4857/1996, interposto por Paula Eyang Abeso Avomo, contra resolución do Goberno Civil da Coruña de xaneiro de 1996, rexistro de saída 2271, sobre acordo de expulsión do territorio nacional e prohibición de entrada por un período de tres anos. Para a notificación da recorrente e por ser descoñecido o seu domicilio, publíquese a presente resolución no DOG. Notifíquese que a presente resolución non é firme por ser susceptible do recurso de súplica no prazo de cinco días».

E para que conste e lle sirva de notificación á recorrente e a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula na Coruña o quince de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5178