Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (43/1997).

Eu, José Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fago saber que no xuízo executivo número 00043/1997, promovido por Gallega de Consulting, S.A. (Galcosa), representado polo procurador Ricardo García Píccoli-Atanes, contra Mª del Carmen Moreiras Lema e José Manuel Pardal Villamarín, en reclamación de 5.514.000 pesetas, acordei por providencia desta data citar de remate á dita parte demandada, Mª del Carmen Moreiras Lema e José Manuel Pardal Villamarín con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días comparezan nos autos representados por procurador e asistidos de letrado, e se opoñan se lles conviñese, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer recaerán sobre eles os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

Dado en Padrón o vinte de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

5266