Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 02 de setembro de 1997 Páx. 8.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (4240/1995).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo 4240/1995, seguido por instancia de Efraín Chávez Rivera contra acordo do Goberno Civil da Coruña do 26-12-1994, sobre denegación de exención de visado de residencia, se dictou sentencia con data do 26 de xuño de 1997, cunha parte dispositiva que di así:

«Que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Efraín Chávez Rivera, contra resolución do Goberno Civil da Coruña do 26 de decembro de 1994, denegatoria da exención de visado de residencia, sen facer especial condena en custas. Esta sentencia é susceptible de recurso de casación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que deberá prepararse ante esta, que a dictou no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da notificación (artigos 93 e 96 da LXCA)».

E para que conste e lle sirva de notificación a Efraín Chávez Rivera, expido e asino a presente cédula na Coruña o once de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5893