Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO de convocatoria coas bases específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego do ano 1996.

O Concello das Pontes de García Rogríguez, en sesión plenaria celebrada o día 1 de abril de 1996, aprobou a oferta de emprego público para 1996. Unha vez publicada esta oferta no BOP número 120, do 27 de maio de 1996, e no BOE número 160, do 3 de xullo de 1996, a Corporación, en sesión plenaria celebrada o día 31 de xullo de 1996 aprobou, xunto coas bases específicas de determinadas prazas, as bases xerais que debeán rexer en tódalas convocatorias derivadas da oferta de emprego público de 1996.

A mencionadas bases xerais foron publicadas no BOP número 209, do 10 de setembro de 1996 e mais no DOG número 193, do 2 de outubro de 1996.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 1997, aprobou as bases específicas das prazas de axudante e operario.

O desenvolvemento da oferta de emprego do ano 1996 esixe a sucesiva convocatoria para a provisión das prazas da oferta.

A teor do disposto nos artigos 41.4º a) do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e 5 do Real decreto 986/1991, acórdase convoca-las probas selectivas para a provisión en propiedade de ámbalas dúas prazas.

Convocatoria específica 4/1996

(Persoal funcionario)

Axudante.

É obxecto da convocatoria a selección dun axudante, consonte as presentes bases específicas (que conpletan as bases xerais)

1. Clasificación.

Escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de persoal de oficios. Categoría: axudante.

2. Dotación económica.

Os emolumentos correspondentes ó grupo E do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e demais acordos adoptados pola corporación ó respecto.

3. Sistema de selección.

Concurso-oposición libre.

4. Número de prazas que se convocan.

Unha (1).

5. Titulación esixida.

Certificado de escolaridade ou equivalente.

6. Dereitos de exame.

4.590 ptas.

7. Contido do proceso selectivo, modo de desenvolvemento e sistema de cualificación.

7.1. Fase de concurso.

a) Servicios prestados na Administración:

-Servicios prestados no Concello de As Pontes de García Rodríguez, como contratado laboral ou interino en postos iguais, similares ou superiores: 0.125 puntos/mes, ata un máximo de 10 puntos.

-Servicios prestados noutra Administración, como contratado laboral, interino ou funcionario de carreira en postos iguais, similares ou superiores: 0,075 puntos/mes, ata un máximo de 7,5 puntos.

O máximo de puntuación que se pode sumar no apartado a) é de 10 puntos.

b) Outros méritos libremente apreciados polo tribunal, e que teñan relevancia para o servicio, de entre os alegados e xustificados polos aspirantes no momento de presenta-la solicitude: ata 2 puntos.

A puntuación total da fase de concurso non poderá supera-los 12 puntos.

7.2. Fase de oposición.

A fase de oposición constará de tres exercicios, todos obrigatorios e os dous primeiros, ademais, eliminatorios.

a) Primeiro exercicio.

Será de carácter teórico e consistirá en probas de cálculo aritmético sinxelo (sumas, restas, mul

tiplicacións e divisións) e unha escritura ó dictado, no tempo que determine o tribunal.

b) Segundo exercicio.

Consistirá na realización da proba ou probas prácticas que o tribunal determine libremente de entre as que se reflicten no anexo I da presente convocatoria específica.

O tribunal fixará a duración da proba ou probas e porá á disposición dos aspirantes o material necesario.

c) Terceiro exercicio.

De realización obrigatoria, pero sen carácter eliminatorio, tendente ó coñecemento do idioma galego.

Consistirá, á elección do aspirante, en efectuar unha proba para verifica-lo coñecemento oral ou, alternativamente, escrito da lingua galega.

O tribunal determinará a duración.

7.3. Cualificación dos exercicios.

O primeiro exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

O segundo exercicio puntuarase de 0 a 15 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 7,5 puntos.

O terceiro exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

8. Tribunal.

A designación nominal dos compoñentes do tribunal e dos seus respectivos suplentes farase pública consonte o disposto nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A composición será a seguinte:

-Presidente: o alcalde ou concelleiro no que delegue.

-Secretario: o secretario do concello ou funcionario no que delegue.

-Vocais:

Un funcionario designado pola Xunta de Galicia.

Un funcionario técnico de Administración especial da corporación, designado polo alcalde-presidente.

Un funcionario da entidade local proposto polos delegados de persoal.

Convocatoria específica 5/1996

(Persoal funcionario)

Operario.

É obxecto da convocatoria a selección dun operario, consonte as presentes bases específicas (que completan as bases xerais).

1. Clasificación.

Escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de persoal de oficios. Categoría: operario.

2. Dotación económica.

Os emulumentos correspondentes ó grupo E do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e demais acordos adoptados pola corporación ó respecto.

3. Sistema de selección.

Concurso-oposición libre.

4. Número de prazas que se convocan.

Unha (1).

5. Titulación esixida.

Certificado de escolaridade ou equivalente.

6. Dereitos de exame.

4.590 ptas.

7. Contido do proceso selectivo, modo de desenvolvemento e sistema de cualificación.

7.1. Fase de concurso.

a) Servicios prestados na Administración:

-Servicios prestados no Concello das Pontes de García Rodríguez, como contratado laboral ou interino en postos iguais, similares ou superiores: 0,125 puntos/mes, ata un máximo de 10 puntos.

-Servicios prestados noutra Administración, como contratado laboral, interino ou funcionario de carreira en postos iguais, similares ou superiores: 0,075 puntos/mes, ata un máximo de 7,5 puntos.

O máximo de puntuación que se pode sumar no apartado a) é de 10 puntos.

b) Outros méritos libremente apreciados polo tribunal, e que teñan relevancia para o servicio, de entre os alegados e xustificados polos aspirantes no momento de presenta-la solicitude: ata 2 puntos.

A puntuación total da fase de concurso non poderá supera-los 12 puntos.

7.2. Fase de oposición.

A fase de oposición constará de tres exercicios, todos obrigatorios e os dous primeiros, ademais, eliminatorios.

a) Primeiro exercicio.

Será de carácter teórico e consistirá en probas de cálculo aritmético sinxelo (sumas, restas, multiplicacións e divisións) e unha escritura ó dictado, no tempo que determine o tribunal.

b) Segundo exercicio.

Consistirá na realización de dúas probas prácticas determinadas polo tribunal de entre as recollidas no anexo II, unha do grupo 1º e outra do grupo 2º.

O tribunal fixará a duración das probas e porá á disposición dos aspirantes o material necesarios.

c) Terceiro exercicio.

De realización obrigatoria, pero sen carácter eliminatorio, tendente ó coñecemento do idioma galego.

Consistirá, á elección do aspirante, en efectuar unha proba para verifica-lo coñecemento oral ou, alternativamente, escrito da lingua galega.

O tribunal determinará a duración.

7.3. Cualificación dos exercicios.

O primeiro exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

O segundo exercicio puntuarase de 0 a 15 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 7,5 puntos.

O terceiro exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

8. Tribunal.

A designación nominal dos compoñentes do tribunal e dos seus respectivos suplentes farase pública consonte o disposto nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A composición será a seguinte:

-Presidente: o alcalde ou concelleiro no que delegue.

-Secretario: o secretario do concello ou funcionario no que delegue.

-Vocais:

Un funcionario designado pola Xunta de Galicia.

Un funcionario técnico de Administración especial da corporación, designado polo alcalde-presidente.

Un funcionario da entidade local proposto polos delegados de persoal.

ANEXO I

Probas 2º exercicio da praza de axudante.

1. Levantamento de muro de ladrillo de calquera tipo.

2. Revestimento mediante retocado nivelado con regra en paredes, con argamasa.

3. Colocación ferraxe, pechadura en portas, etc.

4. Instalación de tela metálica en cerramentos.

5. Outras tarefas propias da categoría e posto.

ANEXO II

Probas 2º exercicio da praza de operario.

Grupo 1º) Labores sinxelos de:

-Albanalería e obras.

-Recoñecemento de ferramentas varias.

Grupo 2º) Traballos propios da categoría:

-Apertura de gabias.

-Labores sinxelos de xardinería.

-Recoñecemento de ferramentas.

-Etc.

As Pontes de García Rodríguez, 4 de xullo de 1997.

Vicente López Pena

Alcalde-presidente

6647