Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de maio de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido or Arteprom, S.L., para adaptación ou reaxuste de aliñación do vial de acceso ó patio de cuarteirón (área libre V.A.) referido á área do solo urbano afectada, situada no núcleo urbano de Arteixo e definida polos lindes seguintes: norte, r/ Reconquista; leste, Estr. C-552; oeste, Estr. LC-410; e sur, r/ sen nome, proxectada no planeamento (expediente 07/96 PED).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 17 de xuño de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

5979