Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, para a contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dunha asistencia para a formación de formadores en valoración funcional e sistemas de información (C-392/97).

Obxecto e orzamento: asistencia para a formación de formadores en valoración funcional e sistemas de información, por un importe máximo de 4.864.000 ptas. IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables, desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso

de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1997.

P.D. (23-7-1997)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral

6580