Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Dirección-Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a contratación do servicio para a recollida e traslado de roupa suxa e posteriormente hixienizada, entre o Hospital Montecelo de Pontevedra, e a lavandería do Hospital Meixoeiro en Vigo, polo procedemento aberto e trámite de urxencia (número de expediente 8/97).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 6 de xuño de 1996), convoca o concurso público nº 8/97 polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio para a recollida e traslado de roupa suxa e posteriormente hixienizada, entre o Hospital Montecelo de Pontevedra, e a lavandería do Hospital Meixoeiro en Vigo, por un orzamento anual de cinco millóns cincocentas sesenta e oito mil (5.568.000) pesetas. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente,

s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: garantía provisional equivalente o dous por cento da licitación, constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da LCAP.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 10)

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: admitiranse aquelas propostas que supoñan unha mellora para a prestación do servicio, mantendo en todo caso, as condicións básicas establecidas nos pregos.

Anuncios: os gastos derivados dos anuncios oficiais, ou en medios de comunicación, do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 8 de agosto de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijoo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

6410