Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo trámite de urxencia, mediante sistema de concurso público e procedemento aberto, para elabora-lo programa funcional e colaborar na redacción do plan director/anteproxecto da remodelación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña.

Obxecto: elabora-lo programa funcional e colaborar na redacción do plan director/anteproxecto.

Obra: remodelación do complexo hospitalario Juan Canalejo da Coruña.

Orzamento da contrata: 12.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das

14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1997.

P.D. (23-7-1997)

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

6574