Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das obras de clave N/PO/89.16.5.1, N/OU/87.1.3.

a) Obra.

1. Nova estrada da PO-400 á nova ponte internacional sobre o río Miño en Arbo.

Clave: N/PO/89.16.5.1

Orzamento: cento once millóns setecentas tres mil oitocentas sesenta e oito pesetas (111.703.868).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 2.234.077 ptas.

2. Alargamento e mellora do trazado OUR-204, O Carballiño-Cea. Treito III. Cea-Fondo de Cea: P.Q. 7+260 ó 9+700.

Clave: N/OU/87.1.3.

Orzamento: catrocentos noventa e cinco millóns catrocentas vintenove mil cincocentas oitenta e cinco pesetas (495.429.585).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 9.908.592 ptas.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e a dis

posición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6603