Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación da poxa, polo procedemento aberto, das obras de clave RC/OU/97.5 e catro máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento e mellora da travesa de Bande, estrada N-540. T.M.: Bande.

Clave: RC/OU/97.5.

Orzamento: setenta e cinco millóns de pesetas (75.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.500.000 ptas.

2. Alargamento e mellora do C.V. de Cea a Oseira. Convenio CPTOPV-Deputación de Ourense 15-11-1996.

Clave: CD/OU/97.2

Orzamento: corenta e tres millóns de pesetas (43.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 860.000 ptas.

3. Limpeza de gabias, pavimentación, mellora de interseccións e sinalización. Treito: Perillo-Oleiros.

Clave: R /AC/97.8.

Orzamento: corenta e nove millóns novecentas noventa e oito mil cento cincuenta e cinco pesetas (49.998.155).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 999.963 ptas.

4. Construcción de plataformas e pavimentación en treitos AC-163/AC-172 Sada a Mera.

Clave: R /AC/97.9.

Orzamento: corenta e nove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e sete pesetas (49.999.997).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.000.000 de ptas.

5. Reordenación da rúa Alexandre Bóveda. Convenio CPTOPV-Concello de Pontevedra 4-6-1997.

Clave: CC/PO/97.5.

Orzamento: sesenta e dous millóns trescentas sesenta e unha mil pesetas (62.361.000).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría b; grupo B, subgrupo 4, categoría b.

Garantía provisional: 1.247.220 ptas.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6576