Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1997 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de mantemento e reparacións nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, casa do presidente da Xunta en Roxos e sedes comarcais de Ordes, Vilalba e Lalín.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.

Título: servicio de mantemento e reparación dos edificios e outras instalacións en Santiago de Compostela e varios (segundo prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: 76.749.256 pesetas, IVE incluído (2 anualidades).

Duración do contrato: 10 meses.

Lugar donde se poden adquiri-los pregos de cláusulas administrativas e condicións técnicas: Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro, 51, Santiago de Compostela 15703. Esta documentación tamén poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposiciones, sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.534.985, 2% do orzamento.

Fianza definitiva: 3.069.970, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupos 5 e 7, categoría C.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e data límite de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, en sobre pechado, antes das 14 horas do día 26 de setembro de 1997.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 29 de setembro de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela).

O importe dos anuncios será a cargo do adxudicatario, debendo de aboalo con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

6602