En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores Ostrícolas do Grove (Apogrove), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades relacionadas coa cría, cultivo, estabulación, extracción, explotación e comercialización
da ostra nas súas dúas especies Ostra edulis e Crassostreas gigas.
Asinan a acta de constitución: Manuel Otero Lamelas e sete persoas máis.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1997.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
97-6174