Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación das siglas da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 9 de xuño de 1997 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Ramón Sestayo Lestón avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade e que se concreta na variación das siglas da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Cegasal.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6159