Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto (trámite de urxencia), para a contratación das obras de reforma da residencia da terceira idade de Ferrol.

Obra: reforma da residencia da terceira idade de Ferrol.

Orzamento de contrata: 122.767.230 ptas.

(Ano 1997: 48.342.079 ptas.; ano 1998: 74.425.151 ptas.).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

Fianza provisional: dispensada (artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

Exposición de proxectos: o proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares estarán á dis

posición dos interesados na fotocopistería Copinyno (rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono (981) 58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Documentación que deben presentar os licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación económica: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6160