Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., en Airexe e Veiga.
Situación: Sarria.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea núa a C.T. Igrexa a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 310 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 mm Al, para mellora do servicio eléctrico na zona de Airexe e Veiga, concello de Sarria.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 17 de xullo de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6237