Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Sestelo y Cía.
Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. Celeiros-Soutelo.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.130 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,
sobre apoios de formigón, desde o C.T. exitente en Celeiros rematando no C.T. existente en Soutelo, concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de xullo de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6238