Visto o expediente para outorgametno de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Enderezo social: calle Ciudad de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T. entre subestación Ceao e subestación Mercedes.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 7.264 metros, con conductor designación UNE D.H.Z.1 12/20 kV de 1x240 mm Al, entre subestación Ceao e subestación Mercedes en Lugo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devantidas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 15 de xullo de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6239