Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1997 pola que se autoriza a implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria en determinados centros.

O Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, que modifica o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no punto 10 do artigo único que as administracións educativas poderán dispoñe-la implantación da educación secundaria obrigatoria nun número determinado de centros, con anterioridade ós prazos previstos no mencionado real decreto.

Esta consellería, de conformidade co punto 10 do artigo único do Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, co Decreto 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e coa Orde do 25 de abril de 1994 (DOG do 18 de maio) sobre avaliación na devandita etapa, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, a partir do curso académico 1997/1998, nos seguintes centros:

-Provincia: A Coruña.

1. IES de Carballo. (Código: 15002591).

2. Colexio O Mosteirón de Sada. (Código: 15014854).

-Provincia: Ourense.

3. IES de Bande. (Código: 32016340).

4. IES Mixto do Carballiño. (Código: 32003001).

-Provincia: Pontevedra.

5. IES Francisco Sánchez de Tui. (Código: 36014544)

6. IES de Moaña. (Código: 36004745)

7. IES Mixto de Moaña. (Código: 36018999)

8. IES A Xunqueira de Pontevedra. (Código: 36014489).

Segundo.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

97-6195