Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xullo de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Nebrija, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Examinado o expediente incoado por Manuel Rivera Formoso, titular do centro privado Nebrija das Pontes García Rodríguez (A Coruña), en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Colexio da Coruña Luis C. Landeiro Aller, Manuel Rivera Formoso cede

a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Centros Nebrija-Pardo Bazan, Sociedad Limitada.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se lle uniron os documentos esixidos e que a petición recibiu informe da Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Nebrija das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) a favor de Centros Nebrija-Pardo Bazan, con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Manuel Rivera Formoso, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

97-6194