Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

O Consello da Xunta de Galicia por Decreto 214/1997, do 24 de xullo (DOG nº 152, do 8 de agosto) declarou a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Outes, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación ambiental da ribeira de Pontenafonso.

Convócase os titulares dos predios afectados para que comparezan na Casa do Concello de Outes o 8 de setembro de 1997 ás 10 horas, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos necesarios.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome. Deberán achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo do imposto de bens inmobles. Poderanse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, de peritos e notario.

Relación de propietarios afectados:

Manuel Suárez Hombre.

Peregrina Rey Freire.

Manuel Agrafojo Mayo.

Mª Manuela Agrafojo Mayo.

Antonio Agrafojo Mayo.

José Agrafojo Mayo.

Mª Carmen Agrafojo Villaverde.

Autos Dosil, S.A.

Domingo Suárez Hombre.

Manuel Agrafojo Villaverde.

Cesáreo R. Lestón Alcaina.

Emiliano Lestón Alcaina.

Ramón Vázquez Parcero.

Outes, 19 de agosto de 1997.

Carlos E. López Crespo

Alcalde

6480