Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA LIMIA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997 relativa a convocatoria para prover un posto de funcionario.

No BOP de Ourense nº 168, do 23 de xullo de 1997, publícanse integramente as bases e programa da convocatoria de oposición para prove-lo seguinte posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario desta mancomunidade, correspondente á oferta de emprego público para 1996.

Persoal funcionario:

Un posto da escala da Administración xeral, subescala de administrativos, integrado no grupo C.

As solicitudes poderán ser presentadas durante o prazo de vinte días naturais desde o seguinte a aquel en que a convocatoria apareza publicada no Boletín Oficial del Estado.

Xinzo de Limia, 12 de agosto de 1997.

O presidente

Rubricado