Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o pasado día 15 de xullo de 1997, aprobou o expediente administrativo para a contratación, mediante concurso e procedemento aberto, dos traballos precisos para a realización da cartografía informatizada do termo municipal.

Mediante este anuncio, exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que, durante o prazo de oito día hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas contra del, de presentarse, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións, convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Oleiros (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización da cartografía informatizada do termo municipal.

b) Prazo de execución: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 24.432.750 ptas.

Anualidades: 1997, 12.000.000 de ptas.; 1998, 12.432.750 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: 488.655 ptas.

b) Definitiva: 977.310 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Oleiros, 15173.

d) Teléfono: (981) 61 00 00.

e) Fax: (981) 63 10 29.

f) Data límite para obter documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: durante o prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación a presentar: a establecida nos artigos 5.1.4 e 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Oleiros.

-Enderezo: praza de Galicia, 1.

-Localidade e código postal: Oleiros, 15173.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses (3), contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos de anuncios:

Os gastos deste anuncio, así como os do anuncio que se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Oleiros, 1 de agosto de 1997.

Mª Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

6518