Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.094

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre prestación do servicio de autorización de traslado de cadáveres.

A maior demanda da prestación do servicio de autorización de traslado de cadáveres que se produce como consecuencia da mobilidade da poboación en determinados períodos, entre eles o vacacional, fai necesaria a adopción de medidas encamiñadas a garanti-la prestación do devandito servicio durante os días non laborais (festivos e fins de semana). Con esta finalidade organízanse nas delegacións provinciais desta consellería quendas de gardas localizadas non persoais e póñense á disposición dos interesados en cada unha das provincias teléfonos de contacto co persoal encargado das devanditas gardas.

Esta secretaría xeral pon en coñecemento dos particulares, empresas e institucións interesadas os teléfonos de contacto das gardas localizadas do servicio de autorización de traslado de cadáveres.

-Provincia da Coruña:

(981) 18 58 00

(981) 18 58 51

(908) 18 30 07

-Provincia de Lugo:

(989) 74 39 73

-Provincia de Ourense:

(989) 54 72 79

(908) 28 43 69

-Provincia de Pontevedra:

(908) 08 81 13

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

97-5242