Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se modifica a data de peche da tempada de pesca nun tramo do río Umia.

Vista a proposta realizada polo Servicio de Medio Ambiente Natural de Pontevedra, por mor dun vertido de hipoclorito sódico ó río Umia, e á vista do artigo 9 da Lei de pesca fluvial de Galicia e da disposición adicional 1ª da Orde do 17 de febreiro de 1997, pola que se fixan os períodos hábiles de

pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 1997, esta dirección xeral resolve adianta-lo peche da tempada de pesca ó día seguinte da publicación da presente resolución, no tramo do río Umia comprendido desde a desembocadura do río Bermaña (Concello de Caldas de Reis) ata o lugar das Aceñas (Concello de Vilanova de Arousa), cunha lonxitude aproximada de 9 km.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1997.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

6459