Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 7 de agosto de 1997 pola que se nomea novo consello regulador provisional da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla.

Por Orde do 18 de marzo de 1992, desta consellería, recoñeceuse con carácter provisional a denominación de orixe Queixo Tetilla para determinados queixos elaborados en Galicia, e nomeouse o seu consello regulador provisional.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 decembro, do estatuto da viña, do viño e dos alcois, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, por petición propia, agradecéndolles os servicios prestados, dos membros do consello regulador provisional da denominación de orixe protexida Queixo Tetilla, nomeados por orde desta consellería, do 18 de marzo de 1992.

Artigo 2º

O nomeamento e constitución dun novo consello regulador provisional, que, por proposta dos sectores interesados, queda formado polos seguintes membros:

Presidente: José María Salgado López.

Vocais:

Polo sector productor:

Titular: S.A.T. Leixa (Ramón Moreno Vidal).

Suplente: Coop. Nosa Señora da Esperanza (Arturo Calvo Romero).

Titular: Coop. Arzuana, S.C.L. (Eugenio Montero Valiño).

Suplente: Grupo Gaper I, S.A. (Carlos Canedo Villar).

Titular: Chataca, S.C.L. (José Luis Rodríguez Vázquez).

Suplente: Cogasar, S.C.L. (Manuel López Armesto).

Titular: Asensio Sobrado Blanco.

Suplente: Luis Ouro Vázquez.

Titular: Germán González Rodríguez.

Suplente: Manuel Gamallo García.

Titular: José Martínez Guillermes.

Suplente: Ramón Zumalave Touceda.

Polo sector elaborador:

Titular: Quegalsa (Jorge Alfredo Fernández García).

Suplente: Lácteos Pérez Olveira, S.A. (Jesús Perfecto Pérez Pérez).

Titular: Celega, S.L. (Manuel González Vázquez).

Suplente: Escairón, S.L. (Mariano Sánchez Valdés).

Titular: Eira Nova, S.L. (Benigno Pereira Ramos).

Suplente: Queserías Varela, S.L. (José Varela Segade).

Titular: Queixerías de San Miguel, S.L. (Germán Ansótegui Sáinz).

Suplente: Quesería Barral (Juan Carlos Barral Camba).

Titular: Celga, S.L. (Francisco Rozados Iglesias).

Suplente: Queserías del Ulla, S.L. (José Vascuas Canicoba).

Titular: Cooperativa y C.P.A. Hoxe (José Andión Cachafeiro).

Suplente: Lácteos de Moeche, S.L. (Juan García Camiñas).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

6436