Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.067

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 223/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1661/1994, do 22 de xullo, estableceu o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

Fíxase tamén o proxecto integrado. Este permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais do ciclo formativo. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades pro

ductivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, adquire coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo e co proxecto integrado, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e coa deliberación previa do Goberno,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículum que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas regulado polo Real decreto 1661 de 1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e a normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións, e criterios

de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título, son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículum do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

As materias de bacharelato que se deberon cursar para o acceso directo a este ciclo formativo son as que se expresan no apartado 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan no apartado 4.2.2. do anexo deste decreto.

Artigo 7º

Os requisitos mínimos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.3 deste decreto.

Artigo 8º

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado 4.4.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 9º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.5 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación.

1.1. Denominación: desenvolvemento de aplicacións informáticas.

1.2. Nivel: formación profesional de grao superior.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2000 horas (equivalente a 5 trimestres de formación en centro educativo como máximo, máis a formación en centro de traballo correspondente).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Desenvolver aplicacións informáticas, participando no deseño e realizando a programación, probas e documentación destas de conformidade cos requisitos funcionais, especificacións aprobadas e normativa vixente.

Este técnico actuará, se é o caso, baixo a supervisión xeral de enxeñeiros ou licenciados e/ou enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidades técnicas:

-Organizar e utilizar eficazmente os recursos dispoñibles no sistema informático.

-Defini-la estructura modular e de datos para levar a cabo aplicacións informáticas que cumpran coas especificacións funcionais e restriccións da linguaxe de programación.

-Realizar probas que verifiquen a validez funcional, a integridade dos datos e da interface de comunicación e o rendemento das aplicacións informáticas.

-Executar servicios de presentación que respondan ás necesidades e requirimentos dos usuarios, utilizando eficazmente o contorno de desenvolvemento de interface de usuario.

-Interpreta-las especificacións funcionais dadas por analistas e/ou usuarios encamiñadas ó desenvolvemento de aplicacións informáticas.

* Capacidades para afrontar continxencias:

-Actuar ante situacións de posible emerxencia, informando e solicitando axuda a quen proceda, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando con seguridade e eficacia os distintos sistemas, medios ou equipos para previlos e corrixilos.

-Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as actuacións propias ou doutros, identificando e seguindo as normas procedentes establecidas dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións organizativas, económicas ou de seguridade sexan importantes.

* Capacidades na dirección de tarefas:

-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo, coordinando a súa actividade con outras áreas da organización.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Adaptarse ás novas situacións do traballo debidas ós cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais que inciden na súa actividade profesional.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais que lle correspondan, con carácter xeral, as capacidades de autonomía:

-No deseño detallado de aplicacións informáticas a partir da especificación dos seus requisitos funcionais.

. Definición e descrición das estructuras de datos, a nivel lóxico e físico.

. Definición e descrición da arquitectura modular.

. Definición e descrición de procedementos e interface de usuario.

. Especificación de directrices para a realización de probas unitarias e de integración dos módulos ou programas.

-Na codificación, realización de probas e depuración de programas.

-Na elaboración e mantemento da documentación descritiva da xénese, producción e operatividade de aplicacións informáticas.

2.4. Unidades de competencia.

1. Utilizar sistemas informáticos illados ou interconectados en rede.

2. Realiza-la análise e o deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.

3. Elaborar, adaptar e probar programas en linguaxes de programación estructuradas e de cuarta xeración.

4. Deseñar e realizar servicios de presentación que faciliten a explotación de aplicacións.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: utilizar sistemas informáticos illados ou interconectados en rede.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Adapta-la configuración lóxica do sistema ó contorno de traballo requirido para a realización e proba de programas.-Os valores das variables do sistema que afectan a memoria, procesador e periféricos axústanse ós requiridos polo contorno de programación e/ou ó de proba.
-Engádense e elimínanse dispositivos, segundo o requira o traballo que hai que realizar, identificando ficheiros asociados para o control e xestión de cada un.
-Defínense e asígnanse valores a variables de usuario que permitan o acceso e uso de librerías e utilidades, tanto do sistema como do contorno de programación, requiridos na realización e proba de programas.
-Defínense e asígnanse valores a variables de usuario que permitan o acceso ós datos requiridos na realización e proba de programas.
-Establécense procedementos para almacenar e recupera-los contornos de traballo requiridos e para controla-la execución de probas de programas.

1.2. Organizar e mante-los programas e datos de proba en sistemas de arquivos empregando mandatos do sistema operativo.-Créanse volumes físicos e lóxicos co formato e tamaño requirido polas aplicacións.
-Créanse e mantéñense estructuras de directorios atendendo ás necesidades de aplicacións e usuarios en canto á agrupación, accesos e utilización da información.

RealizaciónsCriterios de realización

-Execútanse periodicamente operacións de eliminación de ficheiros e directorios para evita-la ocupación do espacio de almacenamento con informacións non útiles.

1.3. Recuperar, presentar e distribuí-la información almacenada polos dispositivos dispoñibles no sistema.-Recupéranse datos dos servidores de ficheiros, establecendo as secuencias de conexión apropiadas.
-Accédese, fíltrase e encamíñase a información ó dispositivo de saída requirido (sexa ou non compartido).
-Obtéñense informes con formato e calidade apropiados e en tempo útil dos programas e resultados de proba.
-Contrólanse procesos en execución simultánea mediante o uso de ventás e terminais virtuais.
-Intercámbianse datos e mensaxes con outras estacións de traballo en contornos de rede local e/ou con servicios centrais en contornos de rede de área extensa.
-Empréganse/aplícanse as interfaces de comunicación e acceso a bases de datos de acordo coas normas de uso especificadas nos manuais técnicos do producto.

1.4. Establecer procedementos que aseguren a integridade, dispoñibilidade e seguridade do sistema e da información durante a realización e verificación de programas.-Obtéñense copias de seguridade do software de base, das aplicacións, ficheiros e bases de datos en explotación coa periodicidade e nos casos establecidos.
-Instálase software para a prevención de fallos que afecten a integridade dos datos e á lóxica de procesos.
-Aplícanse procedementos para mante-la integridade dos datos almacenados en distintos soportes de almacenamento.
-Cúmprense as normas establecidas para acceder ó sistema, usa-los seus recursos e dispoñer da información almacenada.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): información sobre a configuración física e lóxica vixente no sistema informático. Manuais técnicos e de operación de equipos. Manuais de referencia e operación de sistemas operativos e aplicacións instaladas. Manuais de referencia e operación de redes locais. Normas de organización e codificación da información. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyright. Manuais de referencia e instalación dos contornos de programación.

* Medios de producción ou tratamento da información: equipos: ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento. Equipos de comunicacións: módems, hubs, concentradores, multiplexores, tarxetas de rede. Software: sistemas operativos monousuario, multiusuario, paquetes de propósito xeral -xestores de bases de datos, gráficos, follas de cálculo-, software de rede, programas de comunicacións, contornos de programación (linguaxes e ferramentas de programación).

* Procesos, métodos, procedementos: procedementos de organización da información e do seu almacenamento en soportes magnéticos, ópticos e magneto-ópticos. Procedementos que faciliten a explotación dos recursos do sistema. Procedementos de acceso a recursos compartidos. Operación e uso de sistemas de respaldo. Integración de datos de diferentes tipos e/ou formas.

* Principais resultados do traballo: dispoñibilidade no sistema informático dos contornos de traballo requiridos por usuarios e aplicacións. Utilización eficaz da interface de comunicación e acceso a datos dispoñibles no sistema. Procedementos de seguridade, integridade e dispoñibilidade do sistema e da información almacenada. Configuración de sistemas informáticos illados e interconectados en rede. Realización e verificación de probas e programas desenvolvidos. Instalación de productos software para o desenvolvemento de programas.

* Persoas e/ou organizacións destinatarios do servicio: analistas de sistemas. Programadores. Administradores de sistemas informáticos. Técnicos de sistemas. Consultores informáticos.

Unidade de competencia 2: realiza-la análise e o deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Participar na estructuración de requisitos e análise funcional de aplicacións informáticas, atendendo ás directrices marcadas polo analista.-Consúltase, revísase e acórdase co analista a información que hai que obter e o método para adquirila.
-Identifícanse as fontes e destinos da información e os procesos que se deben realizar sobre os datos.
-A metodoloxía de análise adoptada na empresa aplícase correctamente.
-Obtense a información requirida para a análise funcional a partir dos documentos, datos e procedementos realizados na empresa.

2.2. Participar na elaboración de alternativas de aplicacións informáticas de deseño que cumpran coas especificacións e os requirimentos funcionais dados.-Os modelos de datos, procesos e fluxos de datos deseñados en cada unha das alternativas cumpren coas especificacións funcionais establecidas.
-Especifícanse custos e recursos (hardware e software) para a implementación de cada unha das alternativas deseñadas.
-Créanse prototipos funcionais ou demostracións das alternativas deseñadas.
-Aplícase a metodoloxía de deseño adoptada para a descrición das entradas, saída e esquemas de diálogo lóxicos utilizados en cada alternativa.

2.3. Realiza-lo deseño da aplicación segundo as instruccións marcadas polo analista.-O deseño da aplicación cumpre coas instruccións marcadas.
-A división da aplicación en subsistemas e módulos é consistente e completa.

RealizaciónsCriterios de realización

-Especifícanse as condicións de entrada, de saída, de erro e o seu tratamento, e os fluxos de control interno para cada un dos procesos incluídos no deseño.
-As interfaces de captura de datos e formatos de saída de información son determinadas e descritas.
-Actualízase o diccionario de datos de acordo co procedemento establecido.

2.4. Elaborar plans de probas co fin de verificar que se obteñen as prestacións demandadas.-O plan define a secuencia e condicións de realización das probas.
-Descríbense os resultados esperados das probas de módulos e da proba de integración.
-O plan de probas permite comprobar que o acceso, utilización e elaboración dos datos é conforme o deseño.
-As probas permiten comprobar que a presentación de información é conforme a establecida no deseño.
-Verifícase no plan de probas que as condicións de erro e o seu tratamento se axustan ó deseñado.

2.5. Elabora-la documentación do deseño detallado e plan de probas da aplicación informática segundo os procedementos establecidos.-Elabórase a documentación de forma completa e axustándose ós procedementos.
-Na documentación inclúese:

. Modelo e fichas de datos.

. Diagrama de fluxo de datos.

. Descrición de procesos.

. Diagramas de descomposición modular.

. Representación gráfica das entradas, saída e diálogos lóxicos da aplicación.

. Plan de probas.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): especificacións funcionais da aplicación que se vai desenvolver. Diagramas de fluxo de datos, procesos, esquemas de diálogos. Manuais sobre metodoloxías de análise e deseño de sistemas de información. Modelos de datos. Táboas de referencias cruzadas procesos-datos. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyright. Información sobre os recursos do sistema informático. Información acerca dos datos, documentos e procedementos incluídos nos procesos que se deben mecanizar. Diagramas de planificación do traballo.

* Medios de producción ou tratamento da información: equipos informáticos: ordenador, periféricos de E. e almacenamento. Software: ferramentas CASE e ferramentas para o desenvolvemento de prototipos. Útiles de oficina. Follas de diagramación e descrición de procesos, fluxo de datos e esquemas de diálogo.

* Procesos, métodos e procedementos: procedemento de análise e deseño de sistemas de información. Procedemento de modelización de datos. Procedemento de descrición e documentación de procesos, fluxos de datos, esquemas de diálogo. Procedementos de descomposición modular. Planificación e documentación das probas que se van efectuar. Utilización de fontes de referencia, manuais...

* Principais resultados do traballo: descomposición modular da aplicación. Descrición detallada dos módulos que se van desenvolver. Plan e especificacións para o desenvolvemento das probas. Descrición detallada das estructuras de datos, interface de comunicación co usuario, lóxica de control de cada módulo, tratamento de erros.

* Persoas e/ou organismos destinatarios do servicio: analista de sistemas. Consultor informático. Usuarios finais da aplicación que se vai desenvolver. Técnicos de sistemas. Administrador de datos. Programadores.

Unidade de competencia 3: elaborar, adaptar e probar programas en liguaxes de programación estructuradas e de cuarta xeración.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Elaborar programas que cumpran as especificacións establecidas no deseño, con baixo custo de mantemento.-A codificación cumpre coas regras sintácticas da linguaxe seleccionada.
-Os programas conteñen comentarios significativos e son lexibles.
-Aplícanse correctamente os métodos estructurados de programación.
-O programa presenta un código executable tras invoca-los programas traductores, librerías, depuradores,....etc, cos parámetros apropiados e corrixidos os erros producidos.

3.2. Integrar e enlazar programas e rutinas seguindo as especificacións establecidas no deseño.-Utilízanse librerías cos parámetros apropiados para integrar e enlazar de forma óptima programas e rutinas.
-Utilízase o enlazador coas opcións apropiadas para integrar e enlazar de forma óptima.
-Téñense en conta os recursos dispoñibles no sistema informático (memoria, periféricos, procesador), para que a integración e o enlace de programas sexa executable.
-As funcións dos programas integrados non se ven afectadas polo proceso de integración.

3.3. Realizar probas funcionais de programas, atendendo ás especificacións establecidas no deseño.-Os accesos a bases de datos e ficheiros son conformes as necesidades do proceso e cumpren as directrices marcadas polo administrador de datos.
-Os datos de saída obtéñense no formato e dispositivo especificado.
-Os recursos necesarios para a realización das probas son previamente preparados de forma apropiada.
-Verifícase que os procedementos de tratamento de erros responden ó deseño.
-Comunícaselle á persoa correspondente tódolos problemas ou fallos detectados na proba do programa.

3.4. Elaborar e manter documentación descritiva de programas e probas que permitan a consulta e actualización por terceiras persoas.-Actualízanse os cambios introducidos no programa.
-Detállanse en cada programa as estructuras de control e as estructuras de datos internas e externas utilizadas.

RealizaciónsCriterios de realización

-Detállanse os resultados das probas realizadas e dos descubrimentos e accións requiridas.
-Elabórase a matriz de referencias cruzadas entre requisitos funcionais, procesos e programas.
-Descríbense as características do programa que se ven afectadas por cambios na configuración do sistema.
-Elabórase unha guía de uso para cada programa.

3.5. Efectuar cambios en programas de acordo cos novos requirimentos establecidos.-Identifícanse as áreas do programa afectadas polo cambio.
-A incorporación e/ou eliminación de códigos non afecta a outros procesos ou funcións implementadas.
-A execución do programa satisfai os novos requirimentos establecidos.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): manuais de referencia de linguaxes de programación. Manuais de referencia de xeradores de código. Manuais de referencia de linguaxes de consulta. Información sobre as librerías existentes. Información sobre programas traductores, enlazadores... etc. Manual de uso de depuradores (Debbugger). Especificacións detalladas do módulo que hai que desenvolver (caderno de carga). Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyright. Información sobre accesos a bases de datos. Información sobre os recursos do sistema informático.

* Medios de producción ou tratamento da información: equipos informáticos: ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software: linguaxes de programación estructuradas e de 4ª xeración. Xeradores de aplicacións (código). Xeradores de pantallas e informes, librerías de programas. Editores.

* Procesos, métodos e procedementos: métodos estructurados de programación. Procedementos de uso de librerías do sistema e do usuario. Procedementos de uso de programas traductores e enlazadores. Procedementos de documentación de programas e proba. Elaboración de manual de uso do programa.

* Principais resultados do traballo: obtención de código executable polo ordenador. Probas do funcionamento do programa. Instruccións de uso do programa desenvolvido.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: analista de sistemas. Técnico de sistemas. Administrador de datos. Programadores. Usuarios. Clientes.

Unidade de competencia 4: deseñar e realizar servicios de presentación que facilitan explotación de aplicacións.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Deseñar servicios de presentación amigables en formato que faciliten a interacción home-máquina.-Utilízanse formatos de presentación que permiten unha asimilación rápida da información.
-As informacións que se deben mostrar e as accións que hai que realizar localízanse en pantalla de maneira coherente e utilizando eficientemente o espacio dispoñible.
-Téñense en conta aqueles aspectos que permitirán un diálogo home-máquina eficiente:

. Minimiza-lo número de pulsacións de teclas.

. Reduci-la cantidade de información que haia que memorizar entre accións.

. Permitir unha volta atrás na maioría das acciones.

. Mostrar só información relevante ó contexto actual.

. Manter consistencia entre a información visualizada e os datos de entrada.

-Ofrécense facilidades de axuda integrada (sensibles ó contexto).

4.2. Realizar servicios de presentación que cumpran as directrices do deseño.-A interface desenvolvida valida a entrada de datos e verifica as ordes destructivas dadas polo usuario.
-A interface desenvolvida controla a interacción cos dispositivos de entrada e saída.
-A creación e manexo de pantallas, ventás, menús despregables, iconas gráficas... etc., cumpren coas especificacións de deseño.
-Defínense mensaxes de erro que informan claramente do erro producido.
-Aplícanse oportuna e eficientemente as ferramentas para desenvolvemento de interfaces de usuario, dispoñibles na empresa.
-Aplícase correctamente o protocolo para manexo de recursos e excepcións que ofrece o sistema de desenvolvemento de interfaces de usuario.

4.3. Realizar probas de usuario que verifiquen a presentación, secuencias de diálogo e enlace con aplicacións da interface desenvolvida.-O retardo e variabilidade no tempo de resposta axústase ó ritmo de actuación do usuario.
-Verifícase que a axuda presentada é a esperada polo usuario.
-As aplicacións non se ven afectadas polas funcións de manexo da interface.
-Identifícanse novas causas de erro e melloras de presentación.

4.4.Elaborar e manter documentación sobre o deseño, desenvolvemento, proba e utilización dos servicios de presentación que faciliten o uso e o mantemento deste.-Descríbense as funcións e os requirimentos de instalación con precisión e pulcritude.
-Descríbense os esquemas de diálogo e restriccións que o afectan.
-Identificáronse cambios do sistema que pode afecta-lo servicio de presentación desenvolvido.
-Elabórase unha guía de usuario que axude o usuario final na instalación e manexo da interface desenvolvida.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): manual de referencia do sistema de desenvolvemento de interface de usuarios. Información sobre os recursos do sistema informático. Prestacións demandadas polos usuarios. Información sobre comunicación e control de dispositivos de entrada. Información sobre normas de ergonomía do posto de traballo. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyright. Información sobre aplicacións instaladas.

* Medios de producción ou tratamento da información: sistema informático: equipos: ordenadores, pantallas gráficas, tabletas, dispositivos de captura e entrada de datos (scanners, ratos, lapis óptico), plotters. Software: linguaxes de programación para contornos interactivos. Ferramentas desenvolvemento. Interfaces de usuario.

* Procesos, métodos e procedementos: métodos de integración de informacións textuais e gráficas. Procedementos de presentación continua de información. Procedementos de uso e control dos recursos do sistema que ofrece o sistema de desenvolvemento de interfaces de usuario. Planificación e desenvolvemento de sistemas de axudas integradas e con hipertexto.

* Principais resultados do traballo: obter un sistema que permita establecer e mante-lo diálogo home-máquina de maneira eficiente.

Persoas e/ou organismos destinatarios do servicio: usuarios finais. Programadores. Analistas de sistemas. Técnicos de sistemas. Clientes.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Dentro do contexto macroeconómico, que definirá este sector a curto prazo, resalta unha tendencia alcista na actividade especializada en servicios informáticos, xustificada na política de reducción de custos fixos, asumida pola totalidade das empresas, que favorecerá a subcontratación de actividades a empresas especializadas.

O contorno empresarial vaise caracterizar por unha diversificación, tanto xeográfica como en servicios de consultoría, que incluirá no servicio de asesoría específica todo o soporte informático que requira a aplicación.

A progresiva introducción das novas tecnoloxías na empresa xera un cambio importante nas formas de xestión e organización empresarial. Disto derívase un incremento na demanda de servicios informáticos e de desenvolvemento de software cun alto nivel de especialización.

A alta competitividade entre as empresas de servicios informáticos require a necesidade de diferencia-los productos, ofrecer un servicio personalizado ás características e necesidades do cliente, abrindo un campo de desenvolvemento importante a empresas

de deseño e producción de software e servicio pos-venda.

Os cambios nos factores están marcados pola tendencia do mercado informático a traballar utilizando unha metodoloxía de programación orientada a obxectos, debido á posibilidade de describir perfectamente a realidade en abstraccións de datos, a posibilidade de reutilización de código e o baixo custo de mantemento.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A incorporación de software para a xeración de código derivará nunha maior participación e implicación nas actividades de análise de proxecto ou aplicacións informáticas.

2.6.3. Cambios na formación.

Segundo as tendencias do mercado informático, requirirase maior formación en:

-Metodoloxías e técnicas para o desenvolvemento de sistemas, baseadas na orientación a obxectos.

-Métodos e técnicas de sistemas baseados no coñecemento, (intelixencia artificial, sistemas expertos...).

-Sistemas de información distribuídos.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade en:

Empresas de servicios informáticos, no departamento de análise e programación.

Empresas grandes e medianas, de calquera sector económico, dentro do departamento de proceso de datos.

Administración pública.

Este profesional desenvolverá a súa actividade:

a) No contorno de traballo formado por un equipo de persoas, no que deberá saber interpreta-las especificacións definidas polo grupo de analistas do proxecto informático, realizar programas e proba-lo seu funcionamento, consultándolles ós usuarios se se satisfan os requirimentos establecidos. .

b) De forma autónoma, elaborando e desenvolvendo integramente aplicacións sinxelas.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Localízase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de I+D (análise, deseño, producción e verificación de productos software).

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos da área informática encóntranse ligadas a:

1. Técnicas de modelización de datos, procesos e fluxos de información.

2. Técnicas de programación estructurada.

3. Técnicas de deseño e realización de probas de programas.

2.7.3. Ocupacións e postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados logo de adquirida a competencia profesional definida no perfil do título.

As ocupacións ou postos de traballo tipo máis relevantes son:

-Analista-programador.

-Programador.

-Xestor de proxectos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Seleccionar e utilizar fontes e recursos de información da organización e información técnica, interpretando e relacionando o seu contido coas características particulares da organización e o sistema informático actual para o deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

* Configurar e utiliza-los recursos de sistemas informáticos illados ou interconectados en rede para a realización e verificación de probas e o desenvolvemento de programas.

* Documenta-las aplicacións dun proxecto informático, utilizando a linguaxe profesional con precisión.

* Avalia-lo funcionamento dunha aplicación mediante a realización exhaustiva de probas.

* Deseñar bases de datos a partir do modelo conceptual e desenvolver aplicacións, deseñando servicios de presentación, módulos de programación e interfaces inter-módulos, aplicando unha metodoloxía de desenvolvemento.

* Valora-la portabilidade, reutilización e facilidade de mantemento das aplicacións.

* Propoñer cambios na composición e configuración dos sistemas informáticos, así como nas aplicacións informáticas existentes no sistema para resolve-los problemas técnicos da implantación de novas aplicacións e responder ó rendemento e prestacións demandadas.

* Organiza-los recursos e o tempo dispoñible, establecendo prioridades nas súas actividades, actuando con orde e meticulosidade e valorando a transcendencia do seu traballo.

* Establecer un clima positivo de relación e colaboración co contorno, valorando a comunicación e o traballo en equipo como un dos aspectos máis esenciais na súa profesión.

* Utilizar con autonomía as estratexias e procedementos propios do seu sector, para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos, en función de datos e informacións coñecidas, valo

rando os resultados previsibles que da súa actuación se puidesen derivar.

* Aplicar procedementos de seguridade, protección, confidencialidade e conservación da documentación e información nos medios e equipos de oficina e informáticos para garanti-la integridade, uso, acceso e consulta destes.

* Valora-la incidencia das novas tecnoloxías de comunicación e transmisión de información nos procesos administrativos e de xestión de empresas.

* Desenvolve-la iniciativa, o sentido da responsabilidade, a identidade e a madureza profesional que permitan mellora-la calidade do traballo e motivar cara ó perfeccionamento profesional.

* Valora-la importancia da comunicación profesional así como as normas e procedementos de organización nas relacións laborais, tanto de carácter formal como informal e a súa repercusión na actividade e imaxe da empresa ou organismo.

* Interpreta-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade informática, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir e mellora-los procedementos establecidos e de actuar propoñendo solucións ás anomalías que se poden presentar neles.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: sistemas informáticos multiusuario e en rede.

Asociado á unidade de competencia 1: utilizar sistemas informáticos illados ou interconectados en rede.

Capacidades terminais elementais

-Identifica-los compoñentes hardware e software dun sistema monousuario e multiusuario.

-Manexa-la documentación de operación dos compoñentes hardware do sistema.

-Manexa-los procedementos de configuración dos compoñentes físicos do sistema.

-Manipula-los compoñentes físicos do sistema atendendo ás normas elementais de seguridade e integridade deste.

-Avalia-las opcións de instalación do sistema conforme os requirimentos e necesidades do usuario.

-Avaliar se as condicións da instalación responden ás condicións de funcionamento e explotación necesarias.

-Analiza-la xestión dos recursos na utilización e explotación do sistema.

-Avalia-la conveniencia de uso de distintos soportes de información conforme os requirimentos de uso.

-Manexa-las interfaces de usuario e operacións básicas que hai que realizar nun sistema.

-Identificar e interpreta-la configuración do sistema e do contorno de traballo nun sistema mono e multiusuario: directorios, dereitos, atributos, variables de contorno e ficheiros de procedementos.

-Recoñecer e manexar procedementos básicos de usuario en S.O. monousuario.

-Recoñecer e manexar procedementos básicos de usuario en UNIX ou similar (conexión, desconexión, uso de periféricos, etc.).

-Localizar e interpretar información na documentación dispoñible do sistema.

-Identificar e manexa-las utilidades para a codificación de programas.

-Citar, xustificar e observa-las condicións legais de uso do software e as medidas de seguridade física e de saúde no manexo de sistemas.

-Analiza-las características dun sistema operativo en rede.

-Identifica-los compoñentes hardware e software dun sistema en rede.

-Executar procedementos de usuario en rede.

-Interpretar e modifica-la configuración do contorno de traballo en rede. Xestión de arquivos, dereitos, atributos, variables de contorno, etc.

-Manexa-las interfaces de usuario e a xestión de periféricos con soltura.

-Manexa-la documentación de operación do sistema en rede e dos sistemas operativos dos equipos conectados a ela.

-Aplicar comandos de operación en rede, a súa función e sintaxe.

-Detectar características dunha instalación en rede, configurando os parámetros necesarios para o seu funcionamento.

-Manipular compoñentes físicos da rede, medios de transmisión, tarxetas de comunicacións.

-Manexar utilidades apropiadas para o intercambio de información entre distintos sistemas operativos nunha rede.

-Xustificar normas de seguridade, integridade e confidencialidade da información.

-Avalia-la necesidade de sistemas de seguridade que se deben aplicar no acceso á información.

-Analizar sistemas de seguridade física que protexan o sistema contra axentes externos ó sistema.

-Planifica-lo traballo que se debe realizar para a configuración do contorno en rede de maneira adecuada para a instalación e execución dunha aplicación determinada.

-Clasificar distintos soportes e procesos de copias de seguridade en función da velocidade e seguridade que ofrecen.

-Propoñer solucións adecuadas para a optimización da xestión de recursos.

-Comunicarse de maneira eficiente cos usuarios e administrador do sistema.

-Planificar e elabora-las peticións que lle hai que realizar ó administrador para adecua-lo sistema.

Contidos básicos (duración 240 horas) .

Procedementais.

* Sistemas informáticos.

.Recoñecemento dos compoñentes hardware.

.Organización de información e estudio de sistemas de codificación.

.Utilización de diversos soportes.

.Análise das funcións que debe cumprir un sistema operativo.

* Sistemas operativos monousuario.

.Utilización da documentación do sistema.

.Manexo de dispositivos.

.Manipulación de directorios e ficheiros.

.Utilización de soporte e periféricos.

.Práctica con Windows.

.Instalación e desinstalación do sistema.

* Sistemas operativos multiusuario.

.Elaboración dun esquema das funcións dun sistema operativo.

* Sistemas en rede.

.Elaboración dun esquema de sistema en rede local en xeral, así como do seu funcionamento.

* Aplicación de medidas de seguridade física e da información no manexo do sistema.

.Elaboración de estudio que xustifique a importancia da seguridade e confidencialidade da información.

.Utilización de métodos para logra-la confidencialidade da información.

.Manexo de utilidades destinadas á obtención de copias de seguridade da información.

* Manexo dun sistema operativo concreto: UNIX ou similar.

.Interpretación da documentación de usuario.

.Execución de procedementos de conexión/desconexión.

.Manexo de dispositivos.

.Manipulación de directorios e ficheiros.

.Utilización de soportes e periféricos.

.Práctica en comunicación con outros usuarios.

* Manexo dun sistema en rede concreto: NETWARE ou Windows NT.

.Manexo e interpretación da información contida na documentación do sistema operativo en rede.

.Descrición e execución de procedementos xerais de usuario nun sistema en rede.

* Utilización de redes de área extensa.

Conceptuais.

* Sistemas informáticos.

-Compoñentes físicos (hardware).

.Procesador, memoria, periféricos.

.Dispositivos hardware para a seguridade da información.

.Seguridade física, saúde e ergonomía.

-Compoñentes lóxicos (datos e software).

.Datos. Tipos.

.Sistemas de codificación.

.Medidas de información.

.Software. Compoñentes e funcións.

-Almacenamento externo.

.Soportes. Tipos e características.

.Organización da información nos soportes.

.Métodos de acceso.

-Sistemas operativos.

.Recursos. Función do sistema operativo.

.Evolución histórica.

.Estructura e compoñentes.

.Modos de explotación do sistema.

.Seguridade do sistema e da información. Tipos e niveis de protección.

.Sistemas operativos máis importantes do mercado e as súas características.

-Normativa legal no sector informático.

* Sistemas operativos monousuario.

-Introducción ó sistema monousuario:

.Documentación de usuario do S.O.

.Dispositivos de entrada/saída.

-Directorios e ficheiros:

.Ordes.

.Discos e disquetes.

.Impresión.

-Interface gráfica Windows:

* Sistemas operativos multiusuario.

.Contornos multiusuarios.

.Procesos.

.Xestión de memoria.

.Xestión de periféricos.

.Xestión de datos.

.Xestión de usuarios.

* Sistemas en rede.

.Estructura física.

.Hardware dun sistema en rede.

.Software dun sistema en rede.

.Sistema operativo en rede.

.Xestión dos recursos da rede.

* Aplicación de medidas de seguridade física e da información no manexo do sistema.

-Política e mecanismos para a seguridade, integridade e confidencialidade da información:

.Control de acceso.

.Bloqueos.

.Técnicas de encriptación.

.Copias de seguridade.

* Manexo dun sistema operativo concreto: UNIX ou similar.

-Introducción ó sistema multiusuario:

.A documentación de usuario.

.Procedemento de conexión/desconexión.

.Características básicas da Shell.

.Directorios e ficheiros.

.Xestión de seguridade.

.Ordes para comunicación con outros usuarios.

.Xestión de procesos.

.Xestión de disquetes.

.Xestión de discos.

.Impresión.

.Editores.

.Utilidades, compilación, etc.

* Manexo dun sistema en rede concreto: NETWARE ou Windows NT.

.Sistema de rede.

.Manexo conexión-desconexión ó servidor.

.Interface de usuario.

.Organización do disco.

.Seguridade da rede.

.Comunicación con outros usuarios da rede.

.Impresión e colas de impresión.

* Utilización de redes de área extensa.

.Compoñentes e utilidades.

.Servicios.

.Conceptos básicos de TCP/IP.

Actitudinais.

* Sistemas informáticos.

.Cumprimento da normativa vixente sobre o uso do software.

* Sistemas operativos monousuario.

.Constancia na comprobación do correcto funcionamento do sistema.

.Eficacia na utilización de recursos.

* Aplicación de medidas de seguridade física e da información no manexo do sistema.

.Secuenciación e ordenación das accións para realizar procesos de traballo en sistema.

.Preocupación pola importancia da aplicación de medidas de seguridade da información.

* Manexo dun sistema operativo multiusuario e en rede.

.Atención á seguridade da información, á utilización do sistema e da súa documentación.

.Constancia na proba exhaustiva dos cambios de configuración.

.Cumprimento das normas establecidas para acceder ó sistema, usa-los recursos e dispoñer da información almacenada.

.Interese pola comunicación co resto de usuarios do sistema e de maneira especial co seu administrador.

.Constancia e esforzo por aprender e actualizarse na utilización do sistema.

Módulo profesional 2: análise e deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.

Asociado á unidade de competencia: realiza-la análise e o deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.

Capacidades terminais elementais

-Determina-las fases ou etapas de desenvolvemento da aplicación.

-Determina-lo contorno software no que se vai desenvolve-la aplicación (S.O e B.D).

-Determina-la plataforma hardware necesaria para o funcionamento e desenvolvemento da aplicación.

-Aplicar criterios de medida para realiza-lo control de calidade do software.

-Seleccionar e aplicar técnicas de diagramación para representar información relativa á empresa.

-Transforma-los esquemas entidade- relación en modelos lóxicos de datos relacionais.

-Aplicar procesos de normalización sobre as bases de datos.

-Obte-lo deseño físico das bases de datos.

-Calcular volumes, taxas de actividade e necesidades de espacio de almacenamento para as estructuras de datos definidas.

-Implementa-la base de datos mediante un S.X.B.D.

-Interpretar correctamente a documentación obtida na análise realizada.

-Obte-lo modelo lóxico da aplicación, describindo os procesos de captura, utilización e saída de datos.

-Distingui-los procesos manuais ou interactivos dos procesos automáticos ou por lotes existentes na aplicación.

-Deseña-los procedementos de usuario asociados ós procesos manuais ou interactivos da aplicación.

-Deseñar esquemas de diálogos, entradas e saídas, utilizando diagramas de transición de estados e de sucesos.

-Obte-la descomposición modular dunha aplicación a partir das especificacións funcionais.

-Utiliza-los diagramas de estructuras para minimiza-lo acoplamento entre os módulos así como maximiza-la súa cohesión.

-Elabora-lo deseño detallado de cada módulo, describindo a nivel de abstracción os procesos lóxicos.

-Avaliar distintas alternativas para a implementación de cada un dos módulos da aplicación, tendo en conta as necesidades de recursos de cada unha delas.

-Deseñar probas unitarias que permitan a verificación e validación de cada un dos módulos.

-Deseñar probas de integración para comprobar que os módulos se acoplan correctamente, así como que o producto final se adapta ó deseño establecido.

-Elabora-la documentación da definición dos requisitos resultantes da análise funcional da aplicación.

-Redacta-la documentación descritiva da arquitectura modular da aplicación.

-Rexistra-la documentación relativa ás estructuras de datos.

-Documenta-los procedementos e planos de proba deseñados.

-Elabora-lo manual de usuario, así como unha guía de tratamento de erros máis frecuentes.

-Redactar un modelo de informe cos resultados obtidos das probas de aceptación.

-Obter diagramas de modelización de datos e de procesos cunha ferramenta CASE.

-Obte-lo deseño das B.D. a partir do repositorio dunha ferramenta CASE.

-Obte-la documentación relativa á análise e deseño da aplicación a partir de información almacenada no repositorio.

Contidos básicos (duración 270 horas).

Procedementais.

* Sistemas de información.

.Análise da viabilidade dos proxectos que se van desenvolver.

.Manexo de diagramas de temporalización (PERT E GANT) para unha correcta planificación e control de tarefas e tempos.

* Análise estructurado de sistemas.

.Realización da análise de requisitos dunha aplicación.

.Obtención da modelización de datos mediante a análise entidade-relación.

.Realización da modelización de sistemas de información (procesos e fluxos de datos).

.Establecemento de formatos que permitan unha documentación estructurada e fácil de usar.

.Elaboración e mantemento da documentación da análise.

.Análise das referencias cruzadas entre as entradas do diccionario para evitar erros inesperados na realización dos cambios.

* Deseño estructurado de sistemas.

.Obtención da arquitectura modular dunha aplicación, a partir das especificacións funcionais.

.Obtención de diagramas de estructuras para a representación do esquema modular da aplicación, a partir dos diagramas de fluxo de datos.

.Obtención de modelos lóxicos de datos a partir dos esquemas entidade-relación.

.Normalización das estructuras lóxicas de datos.

.Selección das estructuras físicas de datos necesarias para almacena-las estructuras lóxicas definidas.

.Realización do deseño de datos mediante un S.X.B.D.

.Obtención das miniespecificacións de programa.

.Representación do sistema de información mediante o uso das distintas técnicas de diagramación. (Fluxo de datos, entidade-relación, xerárquicos de funcións, transición de estados..).

* Seguridade e calidade dos sistemas.

.Utilización de métricas que avalíen a calidade e complexidade do software.

.Deseño de seguridade, auditación e recuperación da aplicación.

* Construcción e implantación.

.Deseño de probas unitarias e de integración do producto total.

.Realización de probas alfa e beta para asegura-lo correcto funcionamento da aplicación así como o axuste dos formatos de presentación ós requirimentos do usuario.

.Obtención da documentación completa de tódalas fases de proba realizadas.

.Elaboración de proxectos de posta en marcha ou implantación da aplicación.

* Sistemas xestores de bases de datos.

.Obtención de estructuras lóxicas de datos en forma normalizada.

.Realización dunha base de datos mediante un S.X.B.D.

.Descrición da interacción do S.X.B.D. coa aplicación.

* Análise e deseño asistido por ordenador: ferramentas CASE.

.Identificación da metodoloxía de desenvolvemento da aplicación soportada pola ferramenta CASE.

.Utilización de productos CASE na análise e deseño de sistemas.

.Obtención do deseño da base de datos a partir do repositorio dunha ferramenta CASE.

Conceptuais.

* Sistemas de información.

.O desenvolvemento de sistemas.

.Etapas do ciclo de vida dunha aplicación.

.A xestión de proxectos informáticos: planificación, seguimento e control.

.Metodoloxías de desenvolvemento.

* Análise estructurado de sistemas.

.A análise de requisitos: obxectivos, entradas, saídas e fases.

.A recollida da información.

.A modelización do sistema:

. Modelización do fluxo de datos.

. Modelización de procesos.

.A modelización de datos. Modelo conceptual. Análise entidade-relación.

.A documentación:

. Proxecto.

. Sistema. Diccionario de datos.

* Deseño estructurado de sistemas.

.O deseño modular: mapas de estructuras.

.O deseño de datos: modelo lóxico e físico.

.O deseño procedemental: procedementos e interfaces de usuario.

.Metodoloxías de deseño:

. Orientadas ó fluxo de datos.

. Funcional descendente: HIPO.

. Orientadas a datos.

. Orientadas a obxectos.

* Seguridade e calidade dos sistemas.

.Calidade do software.

.Factores que inflúen na calidade do software.

.Métricas e custos de calidade.

.Ferramentas para o control da calidade do software.

* Construcción e implantación.

.Contornos de programación.

.Tipos e procedementos de probas.

.Ferramentas automáticas de probas.

.Transición e posta en marcha.

* Sistemas xestores de bases de datos.

.Concepto e funcións.

.Arquitectura ANSI/X3.SPARC.

* Análise e deseño asistido por ordenador: ferramentas CASE.

.Características e tipos.

.Repositorio, estructura e actualización.

Actitudinais.

* Sistemas de información.

.Valoración da necesidade do uso de metodoloxías de desenvolvemento estructurado na análise e deseño de aplicacións.

.Valoración da importancia dunha boa planificación de tarefas e asignación de tempos e recursos.

.Hábito de seguimento do proxecto en tódalas súas fases.

* Análise estructurado de sistemas.

.Hábito de actualiza-la documentación.

.Valoración da necesidade dunha comunicación frecuente cos usuarios co fin de especifica-los requisitos de forma precisa.

* Deseño estructurado de sistemas.

.Valoración do uso do deseño modular e do deseño orientado a obxectos.

* Seguridade e calidade dos sistemas.

.Valoración da portabilidade, reutilización e facilidade de mantemento das aplicacións.

* Construcción e implantación.

.Valoración da utilidade da elaboración dun modelo de informe que lle facilite ó usuario rexistra-las incidencias xurdidas durante a realización das probas beta.

* Sistemas xestores de bases de datos.

.Valoración da utilización dos SXBD fronte ó sistema tradicional de ficheiros.

* Análise e deseño asistido por ordenador: ferramentas CASE.

.Valoración da utilidade dos productos CASE nas distintas fases do desenvolvemento do software.

.Curiosidade pola identificación de distintas ferramentas CASE existentes no mercado.

Módulo profesional 3: programación en linguaxes estructuradas.

Asociado á unidade de competencia 3: elaborar, adaptar e probar programas en linguaxes de programación estructuradas e de cuarta xeración.

Capacidades terminais elementais

-Defini-los requirimentos do problema mediante unha especificación exacta do que o programa debe facer.

-Analiza-las dispoñibilidades dos recursos software e hardware do sistema.

-Descompoñe-lo problema obxecto do programa en tarefas ou unidades lóxicas a través dun deseño modular descendente.

-Elixir e defini-las estructuras de datos adecuadas para a resolución do problema.

-Desenvolve-los algoritmos de resolución do problema utilizando ferramentas de programación estructurada.

-Avalia-la eficiencia dos algoritmos deseñados en termos de custo de tempo, de espacio e de operatividade.

-Empregar rutinas existentes nas librerías do contorno da linguaxe de programación.

-Elaborar e incorporar rutinas de usuario ás librerías da linguaxe.

-Empregar con soltura os manuais das linguaxes de programación.

-Poñer en práctica as solucións mediante unha escritura ben documentada nunha linguaxe de programación estructurada dos algoritmos deseñados.

-Integra-los módulos probados e depurados segundo o deseño establecido.

-Manexar utilidades de desenvolvemento de programas e diagnóstico de erros.

-Determina-los conxuntos de entradas de proba que demostrarán a corrección do módulo ou unidade que se vai probar, así como os comportamentos esperados.

-Contrasta-lo comportamento real do programa ante a entrada dada co comportamento esperado para a dita entrada.

-Depura-los módulos que sexan necesarios cun cubrimento de datos e cun cubrimento do código.

-Realizar probas de aceptación dos productos totais integrados.

-Realizar unha documentación interna dos programas na fase de realización do deseño, mediante comentarios no código fonte e un código autodocumentado que faga programas lexibles ou facilmente comprensibles.

-Rexistra-las especificacións ou requirimentos do programa e subprogramas, documentando as estructuras de datos empregadas.

-Rexistra-los documentos dos plans de proba deseñados para os diferentes módulos, cos seus obxectivos de proba, entradas de proba, saídas esperadas, criterios de valoración e resultados obtidos.

-Elaborar e redacta-los manuais de explotación e guías de usuario para facilita-la utilización da aplicación.

-Identifica-las unidades ou módulos afectados polos novos requirimentos ou polos problemas xurdidos na utilización da aplicación.

-Elaborar e integra-los novos módulos para engadir máis capacidades á aplicación, segundo os requirimentos establecidos.

-Realizar probas de regresión, despois das correccións e ampliacións.

-Rexistrar e documenta-los cambios e ampliacións realizadas.

Contidos básicos (duración 295 horas).

Procedementais.

* Metodoloxía da programación.

.Representación gráfica e mediante pseudocódigo de algoritmos.

.Descomposición de problemas en accións simples ou primitivas.

* Estructuras de datos.

.Selección das estructuras de datos adecuadas segundo a súa homoxeneidade, volume de información que se vai tratar e procesos que se deban realizar.

.Selección do modo de acceso que pretende utilizar cos ficheiros de datos empregados na resolución de distintas formulacións.

* Programación en linguaxes estructuradas de terceira xeración.

.Desenvolvemento de programas.

.Integración de módulos.

.Medición e avaliación da eficacia e eficiencia das realizacións.

* Introducción á programación orientada a obxectos.

* Utilidades para desenvolvemento e proba de programas non incluídos no contorno de programación.

.Realización de funcións de edición e corrección de código.

.Emprego de comandos ou utilidades que permiten seguir paso a paso a execución dun programa (debug).

* Documentación de programas.

.Descrición de estructuras de datos utilizadas.

.Descrición de algoritmos.

.Documentación no código fonte.

.Descrición dos manuais de usuario, de explotación e de mantemento do programa.

Conceptuais.

* Metodoloxía da programación.

.Datos: tipoloxía.

.Constantes, variables e expresións.

.Algoritmos:

. Representación gráfica.

. Pseudocódigo.

.Programación estructurada.

. Características.

. Estructuras básicas.

.Programación modular.

.Recursividade.

* Estructuras de datos.

.Estructuras internas de datos.

. Estáticas.

.Conxuntos.

.Arrays.

.Rexistros.

.Dinámicas: punteiros, listas e árbores.

.Estructuras externas de datos: ficheiros.

. Organización de arquivos.

. Acceso ós arquivos.

. Utilización de arquivos.

.Algoritmos de tratamentos especiais coas estructuras.

* Programación en linguaxes estructuradas de terceira xeración.

.Estructuras de control.

. Selección.

. Iteración.

.Estructura modular.

. Definición de módulos.

. Realización de módulos.

.Funcións.

. Funcións predefinidas ou estándar.

. Funcións e procedementos definidos polo usuario.

. Problemas de uso.

. Librerías de funcións.

* Introducción á programación orientada a obxectos.

.Elementos fundamentais da POO: obxectos, clases, herdanzas.

.Propiedades: encapsulamento, polimorfismo.

.Vantaxes da POO.

.Análise e deseño orientado a obxectos.

.Linguaxes de POO.

* Utilidades para desenvolvemento e proba de programas non incluídos no contorno de programación.

.Editores.

.Traductores.

.Utilidades propias do sistema.

* Documentación de programas.

.Documentación de programas:

.Criterios dunha adecuada documentación.

.Estructura dos manuais.

Actitudinais.

* Metodoloxía da programación.

. Preocupación polo deseño de algoritmos breves e estandarizados.

* Estructuras de datos.

.Preocupación pola adopción de criterios de economía de almacenamento, refugando solucións correctas pero non óptimas.

.Interese polo uso das medidas de utilización de ficheiros para realizar unha correcta elección do modo de acceso a eles.

* Programación en linguaxes estructuradas de terceira xeración.

.Interese polo uso de bibliotecas de funcións comercializadas, de utilidade en aplicacións diversas, que posibilitan a reutilización do código.

.Valoración dos aspectos de estilo tanto na documentación e escritura dun programa como na presentación de resultados.

.Preocupación por acompaña-las descricións de algoritmos e a súa codificación de comentarios sucintos e pertinentes.

* Introducción á programación orientada a obxectos.

.Adquisición dun esquema conceptual baseado en nomes e non en verbos con obxecto de mellora-los deseños das grandes aplicacións do futuro.

.Interese polas linguaxes de programación que incorporan a orientación a obxectos.

* Utilidades para desenvolvemento e proba de programas non incluídos no contorno de programación.

* Documentación de programas.

.Valoración da importancia da documentación técnica de cara ó futuro mantemento das aplicacións.

.Valoración da importancia dos manuais que documentan unha aplicación de cara ós futuros usuarios desta.

Módulo profesional 4: desenvolvemento de aplicacións en contornos de cuarta xeración e con ferramentas CASE.

Asociado á unidade de competencia 3: elaborar, adaptar e probar programas en linguaxes de programación estructuradas e de cuarta xeración.

Capacidades terminais elementais

-Utilizar adecuadamente as ferramentas de cuarta xeración para crear formatos de pantallas e menús, segundo as especificacións do deseño.

-Utilizar adecuadamente os xeradores de informes de cuarta xeración para a creación de formatos de impresión, segundo as especificacións do deseño.

-Elabora-los distintos módulos dunha aplicación, utilizando xeradores de aplicacións de cuarta xeración, segundo o deseño establecido.

-Compilar, executar e depura-los distintos módulos dunha aplicación.

-Establecer unha batería de datos de proba para comproba-lo correcto funcionamento dos distintos módulos.

-Integra-los módulos dunha aplicación, probados e depurados, segundo o deseño establecido.

-Proba-lo producto total integrado para asegura-la súa eficiencia e eficacia, mediante a realización de probas.

-Codificar programas nunha linguaxe de cuarta xeración.

-Elaborar e executar programas codificados nunha linguaxe de programación anfitriona, incorporando sentencias da linguaxe SQL embebida, para permiti-lo acceso ós datos contidos nas bases de datos.

-Manexar adecuadamente os manuais do SQL e do xestor da base de datos.

-Obter unha base de datos a partir do repositorio dunha ferramenta CASE.

-Xera-lo código da aplicación, segundo o deseño establecido, utilizando unha ferramenta CASE.

-Establece-las interfaces entre as distintas ferramentas que poidan concorrer na realización dunha aplicación, garantindo a integración entre elas.

-Rexistrar amplamente a estructura das bases de datos utilizadas nas aplicacións.

-Rexistrar documentalmente os plans de proba deseñados para os distintos módulos.

-Elabora-lo manual de usuario da aplicación.

-Obte-la documentación das aplicacións e das bases de datos utilizadas, a partir do repositorio dunha ferramenta CASE.

-Redactar unha guía de problemas de uso máis frecuentes coas conseguintes actuacións que hai que realizar en cada caso.

-Consultar e actualiza-las bases de datos de forma interactiva, mediante as utilidades do S.X.B.D.

-Aplicar correctamente os mandatos e procedementos da linguaxe SQL en modo interactivo, para a consulta e actualización das bases de datos.

-Crear vistas para facilitar consultas individualizadas, así como as consultas máis frecuentes.

-Obter formatos personalizados que faciliten a introducción e modificación de datos.

-Identifica-los módulos da aplicación e os obxectos da base de datos, afectados polos novos requirimentos.

-Realizar e integra-los módulos necesarios para satisface-los novos requirimentos do deseño.

-Realizar probas de aceptación, logo de efectuar correccións e ampliacións, que aseguren que os novos módulos non resten eficiencia e eficacia ó producto total.

-Modifica-los formatos de pantallas, menús e informes, adaptándoos ás novas especificacións do deseño.

-Incorporar na documentación os cambios efectuados sobre a aplicación e sobre as estructuras de datos.

Contidos básicos (duración 220 horas).

Procedementais.

* Modelo relacional.

.Creación de esquemas de relación a partir do modelo entidade - relación.

.Obtención das claves para as distintas táboas da base de datos.

.Aplicación de procesos de normalización para obter deseños óptimos das bases de datos.

.Manexo das utilidades do S.X.B.D. que permitan a creación e actualización das bases de datos.

.Utilización do manual de referencia do xestor da base.

* Programación con sistemas xestores de bases de datos relacionais.

.Codificación de programas nunha linguaxe de programación incorporando sentencias de SQL embebido.

.Elaboración de programas utilizando unha linguaxe de cuarta xeración, en contornos cliente-servidor, en rede ou de teleproceso.

.Manexo adecuado dos manuais da linguaxe SQL.

.Documentación das aplicacións elaboradas.

.Consulta e actualización das informacións contidas na base de datos, mediante o uso de sentencias da linguaxe de manipulación de datos SQL.

.Creación e modificación da estructura da base de datos, mediante a utilización da linguaxe de definición de datos SQL.

* Ferramentas de desenvolvemento de cuarta xeración.

.Obtención do código dos formatos de pantallas, informes e menús, establecidos no deseño, a través dos distintos xeradores.

.Manexo das ferramentas que permiten crear procedementos de consulta.

.Obtención do código dos distintos módulos da aplicación, mediante o uso de xeradores de aplicacións.

.Personalización das aplicacións a partir do código obtido polo xerador.

.Manexo adecuado dos manuais correspondentes ás distintas ferramentas.

.Incorporación, dentro do programa, dos productos obtidos a través das distintas ferramentas de cuarta xeración.

* Xeración e desenvolvemento de aplicacións con ferramentas CASE.

.Manexo adecuado das pantallas de traballo dunha ferramenta CASE, para a introducción das especificacións.

.Utilización eficiente dos editores gráficos das ferramentas CASE, para realizar diagramas que representen os fluxos de datos e os fluxos de programas da aplicación.

.Xeración do código da aplicación mediante a utilización dunha ferramenta CASE.

.Obtención da documentación da aplicación a partir do repositorio dunha ferramenta CASE.

.Utilización adecuada dos manuais da ferramenta CASE.

Conceptuais.

* Modelo relacional.

.Modelo entidade - relación.

.Bases de datos relacionais:

. Características: integridade, seguridade, confidencialidade, independencia.

.Conceptos básicos: táboas, atributos, dominios, claves,..

. Normalización.

.Bases de datos distribuídas.

.Sistemas xestores de bases de datos relacionais.

* Programación con sistemas xestores de bases de datos relacionais.

.Linguaxes de cuarta xeración.

.Linguaxe SQL en modo interactivo.

.Linguaxe SQL en modo programación.

* Ferramentas de desenvolvemento de cuarta xeración.

.Xeradores de pantallas e/ou informes.

.Xeradores de menús.

.Xeradores de consultas.

.Xeradores de aplicacións.

* Xeración e desenvolvemento de aplicacións con ferramentas CASE.

.Ferramentas CASE.

. Características.

. Repositorio: estructura, actualización.

Actitudinais.

* Modelo relacional.

.Valoración da importancia da normalización das bases de datos.

* Programación con sistemas xestores de bases de datos relacionais.

.Valoración da importancia da documentación técnica de cara ó futuro mantemento das aplicacións.

.Curiosidade por coñecer distintos dialectos da linguaxe SQL.

.Valoración da importancia da estandarización do SQL, que permitirá o intercambio de aplicacións para acceder ós datos de distintas bases baseadas en SQL.

.Respecto na programación polos requirimentos do deseño establecido.

* Ferramentas de desenvolvemento de cuarta xeración.

.Valoración da utilidade que proporcionan os distintos xeradores de código no desenvolvemento de aplicacións.

.Costume de utilizar xeradores para evitar codificacións rutineiras.

.Hábito de obter código reutilizable, incorporándoo nas librerías.

* Xeración e desenvolvemento de aplicacións con ferramentas CASE.

.Valoración da calidade e fiabilidade do producto obtido coas ferramentas CASE.

.Curiosidade polas distintas ferramentas CASE existentes no mercado e pola súa compatibilidade.

Módulo profesional 5: deseño e realización de servicios de presentación en contornos gráficos.

Asociado á unidade de competencia 4: deseñar e realizar servicios de presentación que faciliten a explotación de aplicacións.

Capacidades terminais elementais

-Utilizar, a nivel de usuario, os contornos gráficos de uso común na organización.

-Avaliar modelos de interface de usuario e selecciona-la máis adecuada en función das necesidades, requirimentos e recursos dispoñibles.

-Analizar interfaces de usuario existentes, asimilando diferentes solucións técnicas, sen prexuízo do respecto pola propiedade intelectual.

-Identifica-las necesidades e destrezas dos usuarios, as tarefas que desenvolven e as súas pautas de proceso de información, co fin de adecuárlle-lo deseño da interface.

-Deseñar formatos e esquemas de diálogo xerais para construír interfaces de usuario homoxéneas e consistentes.

-Construír prototipos de interface de usuario e utilizar ferramentas automatizadas de prototipado.

-Recoñecer e aplica-los estándares establecidos na industria informática, e as normas xerais de deseño propias da organización.

-Recoñecer e aplicar principios convencionais de estética e ergonomía.

-Seleccionar ferramentas e librerías para desenvolver un determinado deseño.

-Aplicar linguaxes orientadas a eventos.

-Explotar, a nivel de programación, os servicios e utilidades que proporciona o contorno gráfico.

-Identificar elementos limitadores da portabilidade a diferentes contornos gráficos.

-Realizar servicios de presentación en arquitecturas cliente/servidor.

-Utilizar métodos e recursos de enlace con aplicacións.

-Usar librerías e ferramentas automatizadas de desenvolvemento de aplicacións.

-Definir e interpretar criterios de validación dos servicios de presentación.

-Redactar plans de probas e seleccionar procedementos e técnicas de proba.

-Elaborar e aplicar casos de proba que aseguren a validez funcional da interface de acordo cos requirimentos de deseño.

-Elaborar e aplicar casos de proba que verifiquen a robustez, compatibilidade e eficiencia da interface de usuario.

-Utilizar ferramentas de depuración e monitorización.

-Detectar e rexistrar erros e problemas de uso da interface, e identificar posibles melloras para introducir.

-Redactar manuais técnicos dos servicios de presentación, orientados a facilita-la integración e interacción con aplicacións.

-Redactar manuais de usuario dirixidos a facilita-la comprensión e uso da interface e a guia-la realización de tarefas determinadas.

-Subministrar documentación de axuda e referencia en liña, accesible desde a propia interface de usuario.

-Elaborar, recompilar e mante-la documentación técnica de desenvolvemento dos servicios de presentación.

-Utilizar ferramentas automatizadas de elaboración e mantemento de documentación.

Contidos básicos (duración 220 horas).

Procedementais.

* Contornos gráficos e interfaces gráficas de usuario.

.Manexo, a nivel de usuario, dalgún contorno gráfico de ampla difusión.

* Deseño de interfaces.

.Deseño de formatos xerais.

.Construcción de prototipos.

.Utilización de ferramentas automatizadas de desenvolvemento de prototipos.

.Documentación do deseño da interface de cara á súa implementación.

* Elaboración e implementación de servicios de presentación.

.Programación en linguaxes orientadas a eventos.

.Emprego de ferramentas de desenvolvemento rápido de aplicacións.

.Utilización de estándares de enlace entre aplicacións.

.Construcción de servicios de presentación con arquitectura cliente-servidor.

.Elaboración de sistemas de axuda ó usuario.

.Redacción de documentación técnica e de usuario.

* Avaliación de interfaces de usuario.

.Selección de criterios de avaliación.

.Redacción de plans de proba e preparación de casos de proba.

.Avaliación de prototipos cos usuarios.

.Comparación de alternativas de deseño.

.Recompilación de datos de rendemento dos servicios de presentación realizados.

.Interpretación de datos de avaliación.

.Documentación da avaliación.

* Programación de páxinas WEB.

Conceptuais.

* Interacción home-máquina.

. Principios psicolóxicos e fisiolóxicos da interacción home-máquina.

. Modelo humano de procesamento de información.

. Factores da percepción, atención e aprendizaxe.

.Dispositivos e soportes de comunicación home-máquina.

. Dispositivos físicos de entrada-saída.

. Soportes de comunicación: texto, gráficos, son, vídeo.

.Esquemas de diálogo:

. Definición.

. Cumprimentación de formularios, menús, linguaxes de comandos, interacción gráfica, linguaxe natural.

. Representación de esquemas de diálogo.

.Contornos multimedia:

. Definición de multimedia.

. Compoñentes dun sistema multimedia.

. Aplicacións dos sistemas multimedia.

* Contornos gráficos e interfaces gráficas de usuario.

.Contorno gráfico e interface gráfica de usuario: definición. Orixes, características e evolución.

.Compoñentes gráficos.

.Estructura básica.

.Recursos das interfaces gráficas de usuario:

. Controis e obxectos básicos.

. Funcións.

. Librerías.

. Conexión entre aplicacións e linguaxes de enlace.

. Utilidades e servicios.

* Deseño de interfaces.

.Criterios de deseño de interfaces.

.Estándares de deseño de interfaces.

.Paradigmas de deseño de interfaces.

. O deseño tradicional en cascada.

. O prototipado e o deseño iterativo.

* Elaboración e realización de servicios de presentación.

.Estructura dun programa baixo unha interface gráfica de usuario.

.A programación orientada a eventos.

.Niveis e sistemas de guía e axuda ó usuario.

.Contido e estructura da documentación técnica e de usuario.

* Avaliación de interfaces de usuario.

.Concepto de avaliación.

.Criterios de avaliación. Medidas.

.A planificación e realización de probas.

* Programación de páxinas WEB.

.Linguaxes e utilidades.

Actitudinais.

* Interacción home-máquina.

.Consideración das limitacións psicolóxicas, fisiolóxicas e culturais dos usuarios.

* Contornos gráficos e interfaces gráficas de usuario.

.Interese pola observación de diversas interfaces de usuario e por asimila-las solucións técnicas empregadas por elas.

* Deseño de interfaces.

.Interese en aprender das tarefas que realizan os usuarios.

.Cooperación cos usuarios no deseño da interface.

.Curiosidade por observar e imitar interfaces probadas e de éxito recoñecido.

.Respecto pola propiedade intelectual.

.Rigor na aplicación de criterios de deseño que garantan a consistencia da interface.

.Atención a que o deseño poida ser utilizado por diferentes tipos de usuarios.

* Elaboración e implementación de servicios de presentación.

.Interese en empregar termos e elementos gráficos familiares ó usuario e sen ambigüidade.

.Preocupación por construír unha interface fácil de usar, esteticamente agradable e ergonómica.

.Hábito de integrar na interface elementos de guía e orientación ó usuario, e de subministrar unha adecuada retroalimentación.

.Interese por que o usuario poida axusta-la interface ós seus gustos e/ou necesidades persoais.

.Responsabilidade no uso eficiente dos recursos do sistema informático.

.Respecto polos estándares que faciliten a compatibilidade e/ou portabilidade.

.Valoración da necesidade de portabilidade e de evitar elementos que a limiten.

.Constancia en implementa-los servicios de presentación segundo os principios de modularidade, reusabilidade e extensibilidade.

.Preferencia por implementa-los servicios de presentación segundo os principios de independencia de aplicacións, independencia de dispositivos físicos, e independencia do tipo de usuario.

* Avaliación de interfaces de usuario.

.Actitude favorable á promoción da participación dos usuarios na avaliación da interface.

3.3. Módulo profesional transversal.

Módulo profesional 6 (transversal): relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

-Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

-Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

-Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

-Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

-Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

-Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

-Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderato tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

-Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

-Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

-Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

-Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Comunicación na empresa.

.Producción de documentos.

.Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

.Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

* Conflictos.

.Identificación da existencia dun conflicto.

.Análise das causas do conflicto.

.Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

.Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

* Negociación.

.Identificación dos principais aspectos da negociación.

.Aplicación das técnicas concretas de negociación.

.Peche da negociación.

* Toma de decisións.

.Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

.Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

.Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

* Liderato.

.Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderato, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

.Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

.Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

.Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

.Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

.Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

.Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

* Motivación no contorno laboral.

.Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

.Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

.Análise da actitude humana ante o traballo.

.Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

.Aplicación de incentivos e efectos deles.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Etapas dun proceso de comunicación.

.Canles e redes de comunicación.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

.Recursos para manipula-los datos da percepción.

.Comunicación na empresa.

.Control da información.

* Conflictos.

.Clases.

.Causas.

.Formas de exteriorización.

.Solución de conflictos.

* Negociación.

.Condicións.

.Estilos de negociación.

.Fases nunha negociación.

* Toma de decisións.

.Factores que inflúen na toma de decisións.

.Fases do proceso decisorio.

.Tipos de decisións.

* Liderato.

.Características.

.Teorías do liderato.

.Estilos de dirección.

.Supervisión do traballo.

.Delegación eficaz.

.Políticas de empresa.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Características dos grupos.

.Funcionamento dos grupos.

.Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

.Tipos de reunións.

.Preparación de reunións.

.Desenvolvemento.

.Problemas que presentan as reunións.

* Motivación no contorno laboral.

.Concepto.

.Principais teorías de motivación.

.Factores motivacionais.

.Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

.Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

.Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

* Conflictos.

.Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

.Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

.Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

.Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

* Negociación.

.Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

* Toma de decisións.

.Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

.Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

* Liderado.

.Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

.Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

.Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

.Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderato nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

* Conducción/Dirección de equipos de traballo.

.Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

.Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

.Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Motivación no contorno laboral.

.Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

.Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

Módulo profesional 7 (Transversal): proxecto integrado.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Aplicar metodoloxías de análise, deseño, programación, explotación e documentación sobre unha aplicación informática.A partir de un sistema de información dunha empresa:
* Analiza-la situación actual de dito sistema de información.

* Deseña-la mellor solución para dito sistema, utilizando técnicas de análise.

* Elaborar un informe de viabilidade para o sistema informático proposto.

* Elaborar toda a documentación sobre a aplicación (confección do caderno de carga).

* Desenvolver, coa máxima autonomía, procesos e funcións das fases dunha aplicación, co uso de linguaxes e ferramentas necesa-rias de programación. A partir de un sistema de información dunha empresa:
* Resolver exercicios analizando a corrección no deseño dos algoritmos, a programación e a explotación dos mesmos.

* Analizar novos productos software que poidan mellora-la aplicación.

* Avaliar distintas alternativas para a implementación e integración dos módulos dunha aplicación.A partir de un sistema de información dunha empresa:

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Xustifica-la viabilidade das distintas alternativas para a implementación e integración dos módulos dunha aplicación.

* Valora-la calidade dos resultados finais.

Duración 175 horas.

3.4. Módulo profesional de formación en centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

Utilizar sistemas operativos multiusuarios e/ou en rede.* Utilización das ferramentas de desenvolvemento do sistema para a confección de programas.

* Realiza-la análise e deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.* Análise da documentación dunha aplicación implementada na empresa.
* Aplicación de técnicas de diagramación para representa-los datos e procesos implícitos na aplicación.
* Deseño dun módulo novo, probalo e incorporalo á aplicación.
* Completa-la documentación da aplicación co módulo incorporado e posibles melloras no seu deseño ou aplicación.
* Avaliación das prestacións dunha aplicación e o consumo de recursos, propoñendo posibles melloras.
* Deseño de módulos para un contorno multiuso.

* Elabora-las aplicacións utilizando linguaxes de programación estructuradas.* Análise dunha linguaxe de programación estructurada existente nun centro de traballo.
* Desenvolvemento do algoritmo de resolución dun problema avaliando a súa eficiencia.
* Levar á práctica a solución do algoritmo mediante unha escritura ben documentada, na linguaxe de programación analizada.
* Elaboración e incorporación dalgunha rutina de usuario ás librerías da linguaxe.
* Manexo das utilidades de desenvolvemento de programas e diagnóstico de erros.
* Análise da posible integración do programa como un módulo máis dunha aplicación existente na empresa.

* Elaborar aplicacións utilizando diferentes ferramentas de desenvolvemento.* Utilización de contornos gráficos de usuario.
* Programación con sistemas xestores de bases de datos.

* Establecer e manter unha comunicación adecuada co seu contorno profesional: usuarios, servicios técnicos do sistema, dirección do departamento e da empresa.* Análise e descrición da xerarquía do centro e as normas de comunicación establecidas.
* Preparación e realización de entrevistas cos usuarios.
* Elaboración de enquisas para os usuarios, se procede.
* Planificación e participación nunha reunión cos usuarios, se procede.

* Elaboración de informes á dirección do departamento ou da empresa.

Duración 360 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

.Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

.Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

.Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

.Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

.Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

.Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

.Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

.Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

.Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

.Describi-lo sistema de protección social.

.Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

.Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

.Analiza-la situación comercial de Galicia con outras comunidades autónomas, nun período concreto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais:

* Saúde laboral.

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

* Principios de economía.

.Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

.Manexo e interpretación de táboas económicas.

.Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

* Economía e organización da empresa.

.Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

.Comparación e clasificación das diferentes empresas situadas no contorno.

.Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

Conceptuais:

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

* Principios de economía.

.Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

.Relacións socioeconómicas internacionais.

* Economía e organización da empresa.

.A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

.Funcionamento económico da empresa:

. Patrimonio da empresa.

. Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

. Interpretación de estados de contas anuais.

. Custos fixos e variables.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

Valoración da necesidade de cumpri-la normativa laboral.

.Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional

* Principios de economía.

.Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo, a auga.

.Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Economía e organización da empresa.

.Valoración da actuación do traballo en equipo.

.Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Materias do bacharelato que se deberon cursar para acceder ó ciclo formativo correspondente a este título.

4.1.1. Materias de modalidade.

.Matemáticas II (correspondente a calquera modalidade de bacharelato).

4.1.2. Outros contidos básicos de formación profesional de base.

.A sociedade da información e as novas tecnoloxías.

.Recoñecemento dos principais compoñentes físicos do ordenador e os seus periféricos.

.Funcións dos distintos compoñentes dos equipos informáticos.

.Principais funcións do sistema operativo e dos contornos gráficos ou de utilidades.

.Estructura física e lóxica do almacenamento de información.

.Aplicacións informáticas de propósito xeral.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Sistemas informáticos multiusuario e en rede.* Sistemas e aplicacións informáticas.* Profesor técnico de F.P.

2. Análise e deseño detallado de aplicacións informáticas de xestión.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

3. Programación en linguaxes estructuradas.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

4. Desenvolvemento de aplicacións en contornos de cuarta xeración e con ferramentas CASE.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

5. Deseño e realización de servicios de presentación en contornos gráficos.* Sistemas e aplicacións informáticas.* Profesor técnico de F.P.

6. Relacións no contorno de traballo.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

7. Formación e orientación laboral.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

4.2.2. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Informática.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en informática.

-Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 1661/1994, do 22 de xullo, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas, require, para a impartición das ensinanzas definidas no presente decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

.Aula de informática de xestión60 m 50%

.Aula polivalente60 m50%

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, polo tanto, ten sentido orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Sistemas informáticos multiusuario e en rede.

* Programación en linguaxes estructuradas.

* Desenvolvemento de aplicacións en contornos de cuarta xeración e con ferramentas CASE.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Sistemas informáticos multiusuario e en rede.

* Programación en linguaxes estructuradas.

* Desenvolvemento de aplicacións en contornos de cuarta xeración e con ferramentas CASE.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centro de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios.

* Diplomado en biblioteconomía e documentación.

* Diplomado en ciencias empresariais.

* Diplomado en xestión e administración pública.

* Diplomado en estatística.

* Diplomado en informática.

* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

4.5. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:

HorasCS desenvolvemento e aplicacións informáticas

2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

240Sistemas informáticos multiusuarios e en rede
270Análise e deseño detallado de aplicacións informáticas
295Programación en linguaxes estructuradas
65Formación e orientación laboral
90Horas á disposición do centro

4º, 5º e 6º trimestre

220Desenvolvemento de aplicacións en contornos de

cuarta xeración e con ferramentas CASE

220Deseño e realización de servicios de presentación

en contornos gráficos

65Relacións no contorno do traballo
175Proxecto integrado
360Formación en centro de traballo

6363