Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do avance da revisión do plan xeral de ordenación municipal de Vigo.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo, en sesión do día 31 de xullo de 1997, acordou tomar coñecemento do documento de avance do proxecto de revisión do plan xeral de ordenación municipal, presentado pola entidade adxudicataria do concurso convocado, Omicrón Servicios, S.A., o día 12 de xuño de 1997, elaborado polo equipo técnico dirixido por Rodríguez Prieto e Saravia Madrigal, no que se contén a estratexia, directrices e obxectivos xerais da revisión do PXOU, e abrir un período de información pública polo prazo de 45 días, a fin de que as entidades e particulares presenten tanto alternativas e suxestións de planeamento como as propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento, conforme o establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que o expediente se atopa ó dispor do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello). Expediente 4478/411.

Vigo, 1 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

97-6124