Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 18 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual nº 22 do PXOU, nos ámbitos do sector da Maroma, PERI de Ravella, industria lantero, distancia a lindeiros en INDU e Finca Mensa.

O que fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que durante o prazo dun mes a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia estará exposto ó público nas oficinas municipais de Secretaría, onde poderán os interesados examinalo, podendo presentarse alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 23 de xullo de 1997.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde