Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública do documento de modificación do plan parcial das Fontiñas no ámbito do polígono 3 e terreos limítrofes.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 28 de xullo de 1997, aprobou inicialmente o documento de modificación da ordenación do plan parcial das Fontiñas no ámbito do polígono 3 e terreos limítrofes, regulados polo plan especial de reforma interior (PERI) de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro.

O expediente exponse ó público na Sección de Planeamento e Xestión durante o prazo dun mes contado desde a data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A suspensión, polo prazo máximo dun ano, das licencias para usos e obras incompatibles coa nova ordenación derivada deste acordo abrangue o ámbito do polígono 3, que é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: rúa Monte dos Postes (tramo limítrofe co polígono 2 das Fontiñas).

Sur: casas que dan fronte ás rúas Fonte dos Concheiros e As Fontiñas, incluído os terreos sen edificar situados entre os números 37 e 43 da rúa Fontiñas.

Leste: terreos e casas con fronte á rúa Monte dos Postes.

Oeste: Avda. Rodríguez de Viguri.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1997.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde en funcións

6446