Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do 8 de agosto, os estudios de detalle, nas zonas comprendidas entre:

a) Estudio de detalle-SCS.01-C/V.P. Vidal, 39 é r/ Nova, 21.

b) Estudio de detalle-SCS.02-C/J.F. Sestelo é r/ R.T. Adrio (viviendas oficiales) promovido polo Concello de Salceda de Caselas, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra e un dos diarios de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na Secretaría do Concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

En Salceda de Caselas, 11 de agosto de 1997.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde

97-6427