Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 31 de xullo de 1997, adoptou acordo aprobatorio da proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, Vías e Obras, que contén os seguintes puntos:

Primeiro.-Correxi-lo erro sufrido no grafado do plano correspondente do plan xeral de ordenación urbana inicialmente aprobado, recollendo as concretas determinacións do estudio de detalle promovido por Sebastián Barral Iglesias coa finalidade de reaxustar aliñacións e reordenar volumes en soar sito na rúa Juan Manuel Pereira, aprobado polo Concello Pleno o 26 de novembro de 1996 e publicado no BOP nº 75, do 28 de febreiro de 1997.

Segundo.-Incluír esta actuación como actuación en marcha na lista de actuacións excluídas da suspensión xeral de licencias automaticamente producida pola aprobación inicial do PXOU.

Terceiro.-Proceder á publicación destes acordos nos mesmos medios nos que se publicaron os acordos de aprobación inicial do plan xeral e da correspondente suspensión automática de licencias.

Redondela, 8 de agosto de 1997.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde

6418