Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de xullo de 1997 de notificación da resolución relativa ó expediente de desafiuzamento administrativo da vivenda do expediente C-2-CD/68, conta 545, seguido contra Carmen Vidal Galbán.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Carmen Vidal Galbán, beneficiaria de vivenda en réxime de acceso diferido á propiedade, sita na rúa Alcalde Quintanilla Martínez, bloque 2, portal 7, 5º B do polígono de Caranza, Ferrol, correspondente ó expediente C-2-CD/68, conta 545, que, con data do 8 de xullo de 1997, dictei resolución na que acordei a resolución de pleno dereito do contrato por falta de pagamento das cotas pendentes e o lanzamento da devandita vivenda.

Requirida para o pagamento dos recibos pendentes na data do 18 de febreiro de 1997, que ascendían a un importe de 309.294 ptas., publicado no DOG do 13-5-1997 e o taboleiro de edictos do concello, e transcorrido o prazo outorgado sen que o dito requirimento fora atendido, este feito constitúe causa legal suficiente para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda, ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

O lanzamento levarao a cabo o representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de vivendas de protección oficial, poderá evita-lo lanzamento se aboa o total da débeda coa recarga do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

6421