Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997 pola que se lle dá publicidade á de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio sobre a priorización de estratexias e programas ligados á experiencia doutros países e rexións para a promoción das PEMES galegas no exterior.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Consumo.

Número de expediente: 12/97.

Obxecto do contrato: realización dun estudio sobre a priorización de estratexias e programas ligados á experiencia doutros países e rexións para a promoción das PEMES galegas no exterior.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 28-abril-1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000).

Adxudicación:

Data: 2-xullo-1997.

Contratista: Eurogestores S.P.R.L.

Nacionalidade: belga.

Importe de adxudicación: trece millóns catrocentas noventa e cinco mil pesetas (13.495.000).

Santiago de Compostela, 21 de xullo 1997.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

6096