Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (447/1995).

No procedemento contador/partidor dativo 447/1995, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de María del Carmen Barral Fuentes, contra María Fuentes Vidal, José Luis Barral Fuentes, Jesús Barral Fuentes, Gerardo Barral Fuentes, María Cruz Barral Fuentes, María Soledad Barral Fuentes, María Pilar Barral Fuentes, Antonio Barral Fuentes, Javier Barral Fuentes, Manuel Barral Fuentes, Rosa María Barral Fuentes e María Esther Barral Fuentes, sobre Cont/Par Dativo, dictouse o auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o quince de abril de mil novecentos noventa e seis.

Que debo declarar e declaro contencioso o expediente de xurisdicción voluntaria promovido polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Mª del Carmen Barral Fuentes, polo que procede o sobresemento daquel sen altera-la situación que no momento de ser incoado tiñan os interesados e o que é obxecto del.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela procede interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, a partir do seguinte á súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Gustavo Adolfo Martín Castañeda».

E co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados descoñecidos e incertos, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e sete.

El/La secretario/a

Rubricado

6074