Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (8/1994-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas número 8/1994-I, tramitado por lesións en accidente de tráfico, cítase a Manuel Liñeira Delgado, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, para o próximo día 3 de outubro de 1997 ás 10 horas, co fin de que compareza en calidade de prexudicado ante a sala de audiencia número catro deste xulgado, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, se non comparece, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito e de que deberá ir provisto do DNI e dos medios de proba de que se tente valer.

En Santiago de Compostela o trinta de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

5273