Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (25/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 25/1997, que se segue por danos e ameazas, cítase a Carlos Romero Raña para que o vindeiro día vinteseis de setembro, ás 17 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de o facer, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e poderá, se é parte, ser asistido por avogado, e deberá acudir ó xuízo coas probas

das que intente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Carlos Romero Raña, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

5272