Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (111/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 111/1997, por instancia de Rosa María Tarrío Doce, contra Emile F. Gandil e Emile Celine Dusart, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e sete. En nome de El Rei, Francisco Javier Míguez Poxa, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 111/1997, no que foron partes, como denunciante, Rosa María Tarrío Doce e como denunciadas Emile F. Gandil e Emile Celine Dusart.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Emile F. Gandil e Emile Celine Dusart da falta pola que foron denunciadas neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libre de sentencias deste xulgado, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación a Emile F. Gandil e Emile Celine Dusart, expido e asino en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5879