Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (148/1996).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que nos autos de xuízo verbal civil número 148/1996 se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Cristina María Paz Eiroa, xuíza de primeira instancia deste partido, os autos de xuízo verbal civil seguidos neste xulgado co número 148 de 1996 por instancia da entidade Autopistas del Atlántico Concesionaria Española, S.A., representada polo procurador Manuel Castro del Río e defendida pola avogada Isabel Portela Rodríguez, contra Óscar Blanco Sío e as entidades Provimar, S.A. e Zurich, todos eles en rebeldía e representados polos estrados deste xulgado, sobre reclamación de cantidade por culpa extracontractual. Decido, estimando parcialmente a demanda formulada pola entidade Autopistas del Atlántico Concesionaria Española, S.A., contra Óscar Blanco Sío, a empresa Promivar, S.A. e a entidade aseguradora Zurich, condenar solidariamente os demandados a pagárenlle á parte demandante a cantidade de oitenta

e nove mil setecentas cincuenta e seis pesetas (89.756 pesetas) máis o xuro do 20% anual desde o día 7 de xuño de 1995 ata o día 9 de novembro de 1995, e o legal do diñeiro vixente no momento en que se devengue incrementado no 50% desde o día 10 de novembro, a cargo da aseguradora; sen facer especial pronunciamento sobre as custas do procedemento. Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que poderán interpor recurso de apelación contra ela ante a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes á notificación».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Óscar Blanco Sío, expido e asino o presente edicto en Ordes o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5245