Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xuño de 1997 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 1997/1998 nos centros de niveis non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co obxecto de fixa-lo calendario escolar para o curso 1997/98 nos centros docentes de niveis non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, de Persoal e de Ordenación Educativa e Formación Profesional,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo calendario escolar para o curso 1997/98 nas condicións que se sinalan:

1. Comezo do curso.

1.1. O curso abranguerá en educación infantil, educación primaria e primeiro ciclo da educación

secundaria obrigatoria desde o día 1 de setembro de 1997 ata o 31 de agosto de 1998.

1.2. O curso abranguerá no bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial desde o día 15 de setembro de 1997 ata o 12 de setembro de 1998. Neste curso adaptaranse a estas datas os cursos do segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria implantados anticipadamente.

Nos primeiros días do mes de setembro, e ata o día 13, celebraranse as probas de setembro e as sesións de avaliación para os alumnos de bacharelato e formación profesional, e de ensinanzas de réxime especial.

A matrícula dos alumnos que non puidesen matricularse no prazo ordinario formalizarase no prazo extraordinario que abrangue desde o día 1 ata o 14 de setembro.

2. Comezo das clases.

2.1. As clases comezarán o día 15 de setembro en educación infantil, educación primaria e primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria.

2.2. Os primeiros días do mes de setembro e ata o día 13, o profesorado dos centros que impartan estas ensinanzas dedicaranse a elabora-la programación xeral anual que vaian realizar, traballo sobre o proxecto educativo e curricular do centro e a organiza-lo curso e , se é o caso, aplica-las probas de avaliación para os alumnos de 8º de EXB.

2.3. As actividades lectivas rematarán o día 23 de xuño de 1998. Desde esta data ata o 30 de xuño, os centros de educación infantil e educación primaria programarán as actividades de avaliación final dos alumnos e demais actividades recollidas na normativa reguladora do final do curso académico.

2.4. Nos centros de bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de titularidade pública as clases comezarán o día 29 de setembro. Os cursos do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria implantados anticipadamente adaptaranse a estas datas.

Os cursos do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria impartidos nestes centros comezarán as clases o día 15 de setembro de 1997.

2.5. Nestes primeiros días do curso e mentres non dean comezo as clases, os departamentos didácticos dos centros de educación secundaria, baixo a coordinación e dirección do xefe de departamento, dedicaranos a elabora-la programación didáctica das ensinanzas correspondentes ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento, e a organiza-lo curso.

2.6. As actividades lectivas rematarán o día 23 de xuño de 1998. Desde esta data ata o 30 de xuño, os centros de ensinanza secundaria programarán as actividades de avaliación final, dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e dos alumnos de bacharelato LOXSE, as probas de suficiencia e as avaliacións correspondentes dos alumnos de BUP e as probas de recuperación e avaliacións correspondentes para os alumnos de formación profesional.

3. Xornada escolar.

Durante os meses de setembro e de xuño establecerase a xornada lectiva continuada en educación infantil, educación primaria e primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria.

4. Períodos vacacionais.

4.1. As vacacións de Nadal abranguerán desde o día 22 de decembro de 1997 ata o día 7 de xaneiro de 1998 (ámbolos dous incluídos).

4.2. As vacacións de Semana Santa abranguerán desde o día 3 ata o 13 de abril de 1998, ámbolos dous inclusive.

4.3. Considéranse períodos non lectivos os días correspondentes ó entroido, luns e martes de Entroi

do, e o mércores de cinza (día 23,24 e 25 de febreiro de 1998).

5. Días festivos.

5.1. Son días festivos os así declarados pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en exercicio das competencias que lle atribúe o Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7) artigo 1.3.

5.2. Consideránse non lectivos para efectos académicos, ademais das festas laborais de carácter local publicadas por Resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, as festividades correspondentes ós patróns de cada nivel de ensino:

-24 de outubro 1997, San Antonio Mª Claret (escolas de Arte).

-22 de novembro 1997, Santa Cecilia (conservatorios de Música).

-27 de novembro 1997, San Xosé de Calasanz (centros de educación primaria).

-28 de xaneiro de 1998, San Tomás de Aquino (centros de educación secundaria e bacharelato).

-31 de xaneiro de 1998, San Xoán Bosco (centros de formación profesional).

-A festividade de Santa Cecilia trasládase ó día 21 de novembro de 1997 (venres).

-A festividade de San Xosé de Calasanz trasládase ó día 28 de novembro (venres).

-As festividades de San Tomás de Aquino e de San Xoán Bosco trasládanse ó día 30 de xaneiro (venres).

-Os centros que imparten máis dun nivel de ensino poderán unificar nunha única xornada as festividades correspondentes ós distintos patróns.

6. Celebración de conmemoracións.

Ó longo do curso escolar celebraranse, alomenos, as seguintes conmemoracións:

-Segunda quincena de novembro. Conmemoración Ano de Loita contra o Racismo.

-Do 14 ó 20 de decembro. Conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

-10 de decembro. Día da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

-30 de xaneiro. Día da Paz.

-14 de marzo. Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

-14 ó 18 de abril. Semana da Prensa, da que o 18 se declara «con periódicos e sen libros».

-Entre o 2 e 23 de abril. Día do libro.

-7 de abril. Día Mundial da Saúde.

-9 de maio. Día de Europa.

-12 de 17 de maio. Semana das Letras Galegas.

-5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.

Estas datas son lectivas para tódolos efectos.

Sen prexuízo do anterior, os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salienta-la importancia das referidas conmemoracións. No caso de que algunha coincida en festivo, trasladarase ó día lectivo inmediatamente anterior.

7. Os consellos escolares dos centros, así como os responsables das escolas unitarias, poderán solicitar argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica, ata dous días non lectivos. A dita petición deberá facerse ata o día 31 de outubro, ante a delegación provincial de Educación, que logo de informe da Inspección Educativa, resolverá o que proceda.

É dexesable que os centros da mesma localidade elixan os mesmos días lectivos.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6416