Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.979

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de xullo de 1997 pola que se regula o procedemento de presentación centralizada de ingresos polas entidades colaboradoras.

A achega de información centralizada dos ingresos, tal como establece o artigo 181.1 do Regulamento xeral de recadación, na redacción dada a este polo Real decreto 448/1995, do 24 de marzo, polo que se modifican determinados artigos deste, supón unha maior axilidade na xestión e un seguimento puntual por parte dos órganos de recadación do cumprimento das obrigas dos obrigados ó pagamento.

Se ben este procedemento centralizado xa é de aplicación para as taxas e prezos da Comunidade Autónoma, non ocorre isto cos ingresos procedentes dos tributos cedidos e outros ingresos de dereito público.

Neste contexto preténdese dota-lo procedemento dos medios informáticos que posibiliten a centralización da información respecto de tódolos ingresos que se produzan nas entidades colaboradoras, o que supón un cambio substancial coa operativa actual.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Contas restrinxidas.

As entidades colaboradoras autorizadas, segundo o disposto na Resolución do 21 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, están obrigados a ter abertas na oficina principal de cada delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda, dúas contas restrinxidas de recadación, coa seguinte denominación:

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por declaracións-liquidacións. Autoliquidacións.

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por liquidacións notificadas.

Así mesmo, aquelas entidades colaboradoras especificamente autorizadas para a recadación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia son autorizadas para abriren na oficina principal da capi

tal da provincia unha conta restrinxida coa denominación:

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por taxas e prezos.

Tan pronto se produza a alta desta conta, as entidades financeiras darán conta disto á Dirección Xeral de Tributos e á correspondente delegación territorial, debendo facilita-lo código completo dela.

A codificación das contas autorizadas axustarase á establecida no sistema financeiro do Código Conta Cliente ( CCC), coa seguinte estructura:

* Catro díxitos para o código da entidade.

* Catro díxitos para o código da oficina.

* Dous díxitos de control.

* Dez díxitos para o número de conta.

Asignaráselle a cada unha das contas o NIF da Xunta de Galicia.

Os modelos de ingreso que se canalizarán a cada unha delas serán os que a continuación se especifican:

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por declaracións-liquidacións. Autoliquidacións.

* Modelo 044-Taxa fiscal sobre o xogo. Casinos.

* Modelo 045-Taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas recreativas.

* Modelo 610-Recibos negociados por entidades de crédito.

* Modelo 630-Imposto sobre actos xurídicos documentados. Exceso letras de cambio.

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por liquidacións notificadas:

* Modelo 555-Liquidacións notificadas pola Administración.

* Modelo 950-Liquidacións notificadas pola Administración.

* Modelo 951-Actas de inspección.

* Modelo 952-Multas e sancións.

* Modelo 953-Reintegro de axudas e subvencións.

* Modelo 990-Providencia de constrinximento.

* Modelo 991-Ingresos en zona de recadación.

* Modelo 992-Embargamento de efectivo en zonas de recadación.

* Modelo 993-Embargamento de contas abertas en entidades de depósito.

* Modelo 994-Embargamento de créditos, soldos, salarios e pensións.

* Modelo 995-Embargamento de inmobles, establecementos mercantís.

* Modelo 996-Outros embargamentos.

-Tesouro Facenda Pública galega, conta restrinxida da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de... por taxas e prezos.

* Modelo A-Autoliquidación de taxas.

* Modelo liquidacións prezos públicos e privados (anexo III, Orde do 29 de xullo de 1994, DOG 29-7-1994).

Nestas contas restrinxidas, sen retribución e sen devengo de ningunha comisión, só se poden efectuar anotacións en conceptos de aboamentos e unha única anotación por cargo cada quincena para proceder a ingresa-lo saldo desta na conta do Tesouro da Facenda Pública Galega da correspondente delegación territorial.

O ingreso na conta restrinxida materializarase na mesma data en que aquel se produciu e que deberá de coindicir coa data de validación dos documentos de ingresos.

Os ingresos canalizaranse á conta restrinxida da delegación territorial correspondente ó ámbito en que se efectúe o ingreso, agás dos ingresos motivados por taxas e prezos; neste caso deberán de aboarse á conta da delegación territorial que se corresponda co código de delegación que consta nos documentos de ingreso.

Por dificultades no funcionamento dos sistemas informáticos ou por causas de forza maior, poderanse efectuar anotacións na conta restrinxida ata dous días hábiles despois do ingreso, sen prexuízo de que o ingreso na conta do Tesouro da Facenda Pública Galega na delegación territorial se realice en función da data que se consigne no xustificante de ingreso.

Cando, excepcionalmente, se producira erros de imputación en contas, abonamentos duplicados ou de validación de documentos por importe distinto

ó correcto e sempre que o dito erro se detecte e emende antes de realiza-lo ingreso correspondente na delegación territorial, actuarase da seguinte forma:

a) Cando se producira unha imputación errónea en conta restrinxida anularase o asento mediante cargo pola mesma cantidade. De igual forma actuarase no caso de anotacións duplicadas dun mesmo ingreso.

b) Cando o documento se validara por un importe distinto ó correcto, a entidade procederá a anula-la dita validación en tódolos exemplares do documento, e realizará a continuación a validación polo importe correcto, sendo da súa responsabilidade que o obrigado ó pagamento non teña exemplares do documento con validacións distintas ás correctas.

En calquera caso, tódalas incidencias deberán estar suficientemente xustificadas cando así o requiran os órganos de recadación da Consellería de Economía e Facenda.

O director xeral de Tributos ou o delegado territorial poderán solicitar das entidades colaboradoras extracto de cada unha das contas restrinxidas abertas na oficina principal, que deberán conte-los seguintes datos para os períodos solicitados:

A) Tipo de operación, que responderá a un dos seguintes códigos:

01. Aboamento normal realizado na data de ingreso do obrigado ó pagamento e coincidente coa validación do documento de ingreso.

02. Aboamento realizado ata dous días hábiles despois do ingreso do obrigado ó pagamento e da validación do documento, para as circunstancias excepcionais.

03. Cargo por anulación do apuntamento que se efectuará polo mesmo importe polo que se realizou o aboamento improcedente por erro de imputación, por duplicidade ou por validacións incorrectas.

04. Cargo de ingreso na conta do Tesouro da Facenda Pública galega da delegación territorial.

B) Data das operacións que será, en todo caso, a de ingreso efectivo en conta restrinxida. A dita data será, con carácter xeral, coincidente coa de validación dos documentos de ingreso, agás os casos de excepcionalidade previstos.

Artigo 2º.-Procedemento xeral de ingreso das entidades colaboradoras.

1. Prazo para efectua-lo ingreso.- As entidades colaboradoras ingresarán na conta do Tesouro da

Facenda Pública galega na delegación territorial o recadado cada quincena dentro dos sete días hábiles seguintes á fin de cada unha, considerándose inhábiles os sábados. En todo caso o ingreso na conta do Tesouro deberá producirse no mesmo mes en que remata a quincena correspondente.

Para os efectos do ingreso consideraranse días inhábiles as festividades locais correspondentes á delegación territorial en que se teña que realizar.

2. Ingreso na delegación territorial.- As entidades efectuarán o ingreso na delegación territorial, polas cantidades recadadas na quincena correspondente, mediante cheque nominativo. Os cheques, un por cada tipo de conta restrinxida, presentaranse na delegación territorial xunto cos mandamentos de ingreso; I01, I10, e TP01, anexo I, coa antelación suficiente para que poidan quedar aboados na conta do Tesouro da Facenda Pública galega nos prazos previstos no apartado anterior.

O importe total ingresado en cada unha das contas restrinxidas de recadación formalizarase cos mandamentos de ingreso que serán:

-Conta de declaracións-liquidacións ou autoliquidacións.

* Mandamento de ingreso: I01.

-Conta de liquidacións notificadas pola administración.

* Mandamento de ingreso: I10.

-Conta de taxas e prezos da comunidade.

* Mandamento de ingreso: TP01.

A achega dos cheques liberará á entidade colaboradora, polo importe satisfeito, cando se producira ó seu abono na conta do Tesouro. En tal caso, producirá efectos desde a data en que tivese entrada na delegación territorial.

En consecuencia, se chegada a data do ingreso, este non se efectuase, ou se fixese parcialmente, o importe non pago será esixido á entidade colaboradora pola delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda por medio dos procedementos legalmente establecidos.

Artigo 3º.-Achegamento da información polas entidades colaboradoras.

1. Presentación da información en soporte magnético.

Dentro dos sete días hábiles seguintes á fin da quincena correspondente, as entidades colaboradoras presentarán centralizadamente, perante o Ser

vicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda, a información que sobre os ingresos producidos nas contas antes citadas tivesen lugar. A información presentarase en soportes magnéticos, un por cada conta restrinxida. Os correspondentes ás contas de autoliquidacións e liquidacións notificadas axustaranse ás características do anexo II. En canto ó de taxas e prezos deberá de responder ás características establecidas pola Orde do 29 de xuño de 1994, segundo a redacción dada pola Orde do 2 de abril de 1997.

Para estes efectos considéranse días inhábiles os sábados e as festividades tanto do lugar onde estea a oficina central como onde ten a súa sede o Servicio Central de Recadación.

Xunto co/s soporte/s magnéticos, as entidades colaboradoras presentarán debidamente cuberto perante o Servicio Central de Recadación o modelo de relación de saldos de contas renstrinxidas de recadación, anexo III, ingresados por cada unha das delegacións territoriais. O Servicio Central de Recadación estampará data e sinatura no exemplar do devandito modelo destinado á entidade colaboradora e que servirá a esta como xustificante da achega do/s soporte/s.

Nembargantes, e sen prexuízo do disposto anteriormente, habilitarase proximamente, para aquelas entidades que o desexen, a transmisión da información por teleproceso.

2. Validación.

Co fin de que a información achegada polas entidades sexa incorporada correctamente ás bases de datos, o Centro do Proceso de Datos da Consellería de Economía e Facenda efectuará un proceso de validación dos datos subministrados.

O devandito proceso realizarase da forma seguinte:

a) Verificarase que as características do soporte se axusten ás especificacións establecidas.

b) Procederase a efectua-lo axuste do importe dos ingresos incluídos no soporte magnético cos que figuran nos mandamentos de ingreso e na relación de saldos das contas restrinxidas.

Concluído o proceso de validación do soporte magnético e dependendo do seu resultado, procederase a:

a) A aceptación total do soporte, cando no proceso de validación non se aprecien erros graves nin o número de leves supere a porcentaxe establecida.

b) Rexeitamento da información procederá o rexeitamento do soporte cando no proceso de validación existan erros graves ou cando o número de leves supere os límites establecidos.

Neste suposto, o Servicio Central de Recadación requirirá a entidade colaboradora para que no prazo de dous días hábiles emende os erros detectados.

Artigo 4º.-Axuste co importe ingresado.

No caso de que existan diferencias entre o importe ingresado pola entidade nas delegacións territoriais e o que figura na información achegada, o Servicio Central de Recadación requirirá á entidade colaboradora para que no prazo de dous días hábiles emende a incidencia observada; a entidade deberá actuar do xeito seguinte:

a) Cando o erro sexa imputable ó soporte magnético ou ás súas características, procederá a remitir un novo.

b) Cando a entidade ingresase na delegación territorial un importe superior ó correcto, neste caso a entidade poderá presenta-la oportuna solicitude de devolución.

c) Cando a entidade ingresase un importe inferior ó correcto, neste suposto a entidade, dentro do prazo de dous días hábiles, deberá proceder a ingresa-la diferencia na delegación territorial mediante cheque nominativo e acompañado dos mandamentos de ingreso preceptivos.

Cando o ingreso complementario se realice fóra do prazo regulamentario, procederase a liquidar xuros de demora á entidade na forma a que se refire o artigo 178 do Regulamento xeral de recadación.

Artigo 5º.-Reembolso de ingresos excesivos ou duplicados.

As entidades colaboradoras na xestión recadatoria poderán solicitar perante as delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda o reembolso de ingresos nos seguintes casos:

a) Cando o importe ingresado pola entidade na delegación territorial sexa superior ó que figura no total da información achegada.

b) Cando a entidade ingresara na delegación territorial importes superiores ós que figuran na validación dos documentos de ingreso por ela recadados.

c) Cando se produza o aboamento duplicado en conta restrinxida dun mesmo documento, tendo ingresado a entidade na delegación territorial o importe duplicado.

A estes reembolsos non lles será aplicable a normativa reguladora das devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

As entidades colaboradoras solicitarán o reembolso mediante escrito dirixido á delegación territorial. A solicitude deberá conter, en todo caso, os seguintes datos:

-Razón social, número de indentificación fiscal e enderezo da entidade solicitante.

-Feitos e razóns en que se concrete a petición.

-Declaración do medio elixido polo que deba realizarse o reembolso. En caso de optar pola transferencia bancaria, a entidade fará consta-la identificación da conta (Código Conta Cliente).

-Xustificación do ingreso duplicado ou excesivo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da ó súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para aqueles ingresos que se produzan nas contas restrinxidas na quincena que comeza o 22 de setembro de 1997.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO II

Tipo de rexistros

1.-Entidade presentadora

2.-Entidade colaboradora

3.-Detalle

4.-Subtotal entidade colaboradora e tipo de detalle

5.-Subtotal entidade colaboradora

6.-Total entidade presentadora

Orde de gravación dos rexistros

1.-Entidade presentadora

2.-Entidade colaboradora tipo A ou L (dependendo do soporte)

3.-Detalle (comeza a secuenciación)

4.-Subtotal ent. colab. e tipo de detalle

5.-Subtotal entidade colaboradora (remata a secuenciación)

2.-Entidade colaboradora tipo A ou L (dependendo do soporte)

3.-Detalle (comeza a secuenciación)

4.-Subtotal ent. colab. e tipo de detalle

....

5.-Subtotal entidade coloboradora (remata a secuenciación)

.....

6.-Total entidade presentadora

A secuenciación comezará para cada ent. colaboradora co primeiro rexistro de detalle (tipo 3) ata o correspondente de subtotal (tipo 5).

Dado que existen dúas novas contas restrinxidas de recadación, unha das liquidacións notificadas e outra de declaración-liquidación. Autoliquidación, enviaranse soportes diferentes para cada unha delas.

DESEÑO DO REXISTRO DE ENTIDADE PRESENTADORA (TIPO-1)

POSICTIPODESCRICIÓN

1-1NUMTIPO DE REXISTRO=1 (CABECEIRA E.P.)
2-5NUMCÓDIGO DE ENTIDADE PRESENTADORA
6-6ALFTIPO DE PRESENTACIÓN = I (INGRESOS)
7-7ALFTIPO DE INGRESOS

A= AUTOLIQUIDACIÓN

L= LIQUIDACIÓNS

POSICTIPODESCRICIÓN

8-15NUMNÚMERO DE QUINCENA (AAAAMMQQ)

AAAAMM01 PARA AS QUINCENAS QUE REMATEN O 5 DO MES

AAAAMM02 PARA AS QUINCENAS QUE REMATEN O 20

16-17NUMDELEGACIÓN ECONOMÍA E FACENDA (PRESENTACIÓN EN SERVICIOS CENTRAIS=57)
18-90ALFFILLER (A BRANCOS)

DESEÑO DO REXISTRO DE CABECEIRA DE ENTIDADES COLABORADORAS (TIPO-2)

POSICTIPODESCRICIÓN

1-1NUMTIPO DE REXISTRO=2 (CABECEIRA E.C)

2-5NUMCÓDIGO DE ENTIDADE COLABORADORA

6-6ALFTIPO DE PRESENTACIÓN=1 (INGRESOS)

7-7ALFTIPO DE INGRESOS:

A = AUTOLIQUIDACIÓNS

L = LIQUIDACIÓNS

8-15NUMNÚMERO DE QUINCENA (AAAAMMQQ)

AAAAMM01 PARA AS QUINCENAS QUE REMATEN O 5 DO MES.

AAAAMM02 PARA AS QUINCENAS QUE REMATEN O 20.

16-17NUMDELEGACIÓN ECONOMÍA E FACENDA (SERVICIOS CENTRAIS=57)

18-19NUMNÚMERO DE ORDEN DA PRESENTACIÓN

Será o número que identifique as presentacións dunha E.C. nunha quincena.

A primeira presentación da quincena sempre tendrá número=01. Se houbese presentacións complementarias nunha mesma quincena, deberán ir incrementando este número.

As presentacións correspondentes a soportes previamente rexeitados por erro non incrementan este contador. Sempre levarán o número da presentación orixinal na que se detectaron os erros.

20-27NUMDATA DE INGRESO (AAAAMMDD). Esta data só será necesario consignala nos rexistros con TIPO INGRESO=A (Autoliquidacións)

28-90ALFFILLER (A BRANCOS)

DESEÑO DO REXISTRO DE DETALLE DE DOCUMENTOS NOTIFICADOS (TIPO-3)

POSICTIPODESCRICIÓN

1-1NUMTIPO DE REXISTRO=3 (DETALLE)

2-8NUMNÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO DE DETALLE NA E.C.

O PRIMEIRO REXISTRO DE DETALLE TERÁ O VALOR 0000001.

POSICTIPODESCRICIÓN

9-11NUMCÓDIGO DO MODELO:

-Modelo A950 -Liquidacións notificadas pola Administración (1).

-Modelo 950 -Liquidacións notificadas pola Administración.

-Modelo 555 -Liquidacións notificadas pola Administración (2).

-Modelo 951 -Actas de inspección.

-Modelo 952 -Multas e sancións.

-Modelo 953 -Reintegro de axudas e subvencións.

-Modelo 990 -Providencia de constrinximento.

-Modelo 991 -Ingresos en zona de recadación.

-Modelo 992 -Embargo de efectivo en zonas de recadación.

-Modelo 993 -Embargo de contas abertas en entidades de depósito.

-Modelo 994 -Embargo de créditos, soldos, salarios e pensións.

-Modelo 995 -Embargo de inmobles, establecementos mercantís.

-Modelo 996 -Outros embargos.

12-13NUMDELEGACIÓN DE FACENDA DA XUNTA
14-27NUMNÚMERO DO DOCUMENTO
28-29NUMDÍXITO DE CONTROL
30-37NUMDATA DE INGRESO (AAAAMMDD)
38-50NUMIMPORTE DO INGRESO
51-54NUMSUCURSAL DO INGRESO
55ALFEN BRANCO
56-64ALFNIF. DO DEBEDOR
65-90ALFFILLER

(1) Nestes documentos aparecerá gravado na parte superior de «Total para ingresar»: «950», a continuación o nº de documento, un espacio e o díxito de control.

(2) Nestes documentos gravarase o nº de documento que aparece no campo inferior da dirección e que corresponde ó dato impreso despois do segundo «/», o NIF e o importe para ingresar. Para este modelo non se poderá valida-lo díxito de control xa que se descoñece, debido a que están actualmente xa emitidos.

DESEÑO DO REXISTRO DE SUBTOTAIS AUTOLIQUIDACIÓNS (TIPO-4)

POSICTIPODESCRICIÓN

1-1NUMTIPO DE REXISTRO=4 (SUBTOTAIS)

2-8NUMNÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO

9-11NUMMODELO Ó QUE CORRESPONDE O SUBTOTAL

12-18NUMCONTADOR TOTAL DE REXISTROS (TIPO-3) DO MODELO

19-32NUMSUMA DOS IMPORTES DOS REXISTROS DE DETALLE DO MODELO.

33-90ALFFILLER

DESEÑO DO REXISTRO DE TOTAIS (TIPO-5)

POSICTIPODESCRICIÓN
1-1NUMTIPO DE REXISTRO=5 (TOTAIS)
2-8NUMNÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO NA PRESENTACIÓN.
9-11NUNCONTADOR DE REXISTROS DO TIPO 4
12-18NUMCONTADOR TOTAL DE REXISTROS (2,3,4)
19-32NUMSUMA TOTAL DOS IMPORTES DOS REXISTROS DE DETALLE DE TÓDOLOS MODELOS
33-36NUMCÓDIGO ENTIDADE COLABORADORA
37-90ALFFILLER

DESEÑO DO REXISTRO FINAL DO SOPORTE (TIPO-6)

POSICTIPODESCRICIÓN

1-1NUMTIPO DE REXISTRO=6 (FINAL)

2-5NUMCÓDIGO DA ENTIDADE PRESENTADORA

6-7NUMNÚMERO DE ENTIDADES COLABORADORAS INCLUÍDAS NA CINTA

8-14ALFNÚMERO TOTAL DE REXISTROS TRANSMITIDOS (TIPO 1, 2, 3, 4, 5)

15-90ALFFILLER

Cálculo díxito de control

En documentos notificados

Sumaranse:

09-11: código do modelo

12-13: delegación de Facenda da Xunta.

14-27: número do documento.

38-50: campo importe do ingreso.

Ó resultado das devanditas sumas calcularáselle o díxito de control do mesmo xeito que para a letra do NIF.

No modelo 993 o importe sempre é 0.

En autoliquidacións

-Módulo 7 e o número do novo documento da autoliquidación (23-34)

-O resto da división complemento a 7.

EX:

Número de Autoliq./Dividido por 7: 60000000007/7 = 85714285715

Resto = 2

Complemento a 7 (2): 7-2=5

O díxito de control é 5.

Validacións e posibles erros

Tipo de rexistro 1 (entidade presentadora)

Tipo de rexistro distinto de 1Grave

Código da entidade presentadora non é un

código validoGrave

Tipo de presentación distinto de IGrave

Tipo de ingresos distinto de A, LGrave

Número de quincena non se axusta ó formato

AAAAMM01 ó AAAAMM02. Sendo AAAA

o ejercicio e MM o mesGrave

Código delegación de presentación

distinto de 57Grave

Tipo de rexistro 2 (entidade colaboradora)

Tipo de rexistro distinto de 2Grave

Código de entidade colaboradora non é un

código válidoGrave

Non coincide o código de entidade

co da orden de transferencia Grave

Tipo de presentación distinto de IGrave

Tipo de ingresos distinto de A, LGrave

Número de quincena non se axusta ó formato

AAAAMM01 ó AAAAMM02: sendo AAAA

o exercicio e MM o mesGrave

Número de quincena non coincide

co da entidade presentadora Grave

Código delegación de presentación distinto

de 57Grave

Número de orde da presentación

sen que conste unha presentación

co número anterior Grave

Tipo de rexistro 3 (rexistro de detalle)

(Autoliquidacións)

Tipo de rexistro distinto de 3Grave

Número de secuencia con saltos

na numeraciónGrave

Exercicio non válidoLeve

Período distinto a 1T, 2T, 3T, 4TLeve

Modelo distinto ós autorizadosLeve

Non se corresponde co grupo-subtotal

en que se presentaGrave

Díxito de control non se cumpre rutina

c/control en autoliquidaciónsLeve

Configuración do NIF non existente

o con díxito de control erróneoLeve

Código de sucursal do ingreso descoñecidaGrave

Importe do ingreso = 0Grave

Data do ingreso ilóxicaGrave

Tipo de rexistro 3 (rexistro de detalle)

(Notificados)

Tipo de rexistro distinto de 3Grave

Número de secuencia con saltos

na numeraciónGrave

Modelo distinto ós autorizadosLeve

Non se corresponde co grupo-subtotal

en que se presenta Grave

Díxito de control non se cumpre rutina

c/control en notificadasGrave

Configuración do NIF non existente

ou con díxito de control erróneoLeve

Código de sucursal do ingreso descoñecidaGrave

Importe do ingreso = 0 e modelo non é 993Grave

Data de ingreso ilóxicaGrave

Tipo de rexistro 4 (subtotais autoliquidacións)

Tipo de rexistro distinto de 4Grave

Número de secuencia con saltos

na numeraciónGrave

Código do modelo de autoliquidación distinto

ós autorizadosGrave

Contador de rexistros por modelo non cadraGrave

Suma de importes por modelos non cadraGrave

Tipo de rexistro 5 (totais autoliquidacións)

Tipo de rexistro distinto de 5Grave

Número de rexistros con saltos na numeraciónGrave

Contador de rexistros tipo 4 non cadraGrave

Contador total de rexistros non cadra

(internamente cos rexistros de subtotais

ou externamente co da orde de transferencia) Grave

Suma de importes non cadraGrave

Código de entidade colaboradora é distinta

á do rexistro 02Grave

Tipo de rexistro 5 (totais liquidacións)

Tipo de rexistro distinto de 5Grave

Número de rexistros con saltos na numeraciónGrave

Contador total de rexistros non cadra

(internamente cos rexistros de subtotais

ou externamente co da orde de transferencia)Grave

Suma de importes non cadraGrave

Código de entidade colaboradora é distinto

ó do rexistro tipo 02Grave

Tipo de rexistro 6 (totais)

Tipo de rexistro distinto de 6Grave

Código de entidade presentadora é distinto

á do rexistro tipo 01Grave

Contador total do número de entidades

colaboradoras non cadra Grave

Número total de rexistros non coincide

cos recibidos na transmisiónGrave

Características fisicas do soporte en cinta

Cinta: densidade 1600 / 6.250 de 9 pistas

Cartucho: tipo IBM-3480.

Código: EBCDIC en maiúsculas

Etiquetas: sen etiquetas

Lonxitude do rexistro: 90 caracteres

Factor de bloqueo: 10 rexistros

ANEXO III

Exemplar para o Servicio Central de Recadación

/... para a entidade colaboradora

Relación saldos contas restrinxidas de recadación

Entidade colaboradora Clave

Período: desde / / ata / /

Saldos de contas restrinxidas

Mandamentos

de ingresos

Delegaciones

Código

101

Código

I10

Código

TP01

TOTAL

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Vigo
TOTAL SALDOS

En , de de 199

Sinaturas autorizadas entidade colaboradora

6405