Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1997 referente á convocatoria de oposición libre para prover un posto de garda da policía local.

O Pleno deste Concello en sesión ordinaria do 24-7-1997, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo do seguinte posto de traballo vacante (oferta de emprego para 1997):

Persoal funcionario:

Posto: un da escala de administración especial, subescala de servicios especiais. Clase: garda da policía local.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 174, do día 31 de xullo de 1997 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 6 de agosto de 1997.

Castor Gago Álvarez

Alcalde en funcións

6346