Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno deste Concello, na súa sesión celebrada o 24-7-1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, do que se recolle a parte dispositiva.

Primeiro.-Modifica-lo apartado terceiro do acordo do Pleno do 8-11-1996, referido á suspensión neste municipio do outorgamento de licencias urbanísticas con motivo da recepción dos traballos en que consiste o avance da revisión e adaptación das NN.SS. do planeamento urbanístico municipal, engadindo o seguinte subapartado:

3.5. Excepcións: deixará de aplicarse o réxime de suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas definido anteriormente, por razóns de utilidade pública ou interese social, en particular cando se trate de promover obras para a construcción de vivendas sociais para a construcción ou ampliación de edificios adscritos á prestación de servicios sanitarios ou de desenvolvemento de actividades educativas, culturais ou calquera outra obra de idénticas ou similares características.

Os restantes subapartados do apartado terceiro da parte dispositiva do acordo plenario do 8-11-1996 permanecen invariables.

Segundo.-Da modificación acordada no réxime de suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas neste municipio darase publicidade nos termos que establece o artigo 34.1º, último inciso, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sendo de aplicación a partir do día seguinte ó da data en que apareza publicado o edicto correspondente no Diario Oficial de Galicia e permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresamente acordadas polo Pleno.

O que se publica para xeral coñecemento e en cumprimento da normativa citada.

Verín, 28 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado